Cordilleira do Xura

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Montmelon. Primavera en Xura.
Foto satélite do Xura

O Xura é unha cordilleira cuxo punto máis alto alcanza os 1718 msnm, está situada ao norte dos Alpes, esténdese por Francia, Suíza e Alemaña.

En Francia, cobre esencialmente a rexión do Franco Condado e esténdese á rexión Ródano-Alpes, ao leste do departamento do Ain e ao noroeste do Departamento de Saboia (chaîne de l'Epine et dent du Chat).

En Suíza, esténdese sobre a fronteira oeste con Francia, polos cantóns de Basilea, Soleura, Xura, Berna, Neuchâtel e Vaud.

En Alemaña o Xura continua co[Xura Suabo, o Xura Francón e o Xura Bávaro.

[editar] Particularidades

O Xura deu o seu nome a unha era soada do noso planeta, o Xurásico. Neste período formáronse as súas montañas.

As montañas do Xura, constituídas por rocas calcáreas xeralmente porosas, non poden reter a auga no seu seo. De tal forma, no Xura de Vaud, a excepción do Val de Joux, é difícil de atopar o máis insignificante manancial ou cavar un pozo para abastecerse de auga. Por conseguinte, a rexión do Xura está escasamente habitada e as súas terras utilízanse polos gandeiros do chairo como terras de pastoreo no verán. Algúns refuxios de pastores, na parte Suíza, foron reconvertidos en restaurantes típicos.

[editar] Os picos máis importantes desta cordilleira

  • 1718 m : Crêt de la Neige (Ain, Francia)
  • 1717 m : Le Reculet (Ain, Francia)
  • 1688 m : Colomby de Gex (Ain, Francia)
  • 1679 m : Mont Tendre (Vaud, Suiza)
  • 1677 m : La Dôle (Vaud, Suiza)
  • 1621 m : Le Grand Crêt d'Eau (Ain, Francia)
  • 1607 m : Le Chasseron (Vaud, Suiza)
  • 1607 m : Le Chasseral (Berna, Suiza)
Ferramentas persoais