Wikipedia:Propostas décimo aniversario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina servirá para organizar os eventos que tentaremos levar a cabo polo décimo aniversario da creación da Galipedia que será o 8 de marzo de 2013. Todos os usuarios interesados no tema poden editar libremente esta páxina para achegar as súas propostas e ideas, e para comentar e mellorar as que vaian saindo. As propostas iniciais aquí recollidas foron comentadas nesta conversa da taberna pero todo o que quera pode aumentalas ou detallalas no que vexa conveniente.

Para facer novas propostas segue este esquema:

=== Nome da proposta ===
====Proposta====
Explicación da proposta con todos os detalles que consideres necesarios.

====Necesidades====
* Lista das cousas que serían necesarias para poder realizar a proposta. 
  Tamén podes indicar onde ou como se poderían conseguir.

====Comentarios====
Sección para que os usuarios vaian comentando as propostas.

Non fai falta que firmes as propostas, nesta páxina o que importa son as ideas non as persoas que presentan as ideas.

Votación[editar a fonte]

Dende o mércores 21 a presentación de propostas quedará pechada e comezará a fase de votación ata o martes 27.

Cada usuario pode votar a todas as propostas que lle parezan interesantes e logo, escolleremos as dúas propostas con máis votos a favor. Non se permiten votos en contra, pon {{concordo}} e a túa firma en todas as propostas que queras apoiar.

Propostas[editar a fonte]

Conferencias[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Na fin de semana seguinte ó da celebración, o 9 e 10 de marzo, poderíase organizar un par de charlas e conferencias sobre temas da Galipedia e afíns. Habería que conseguir un lugar para a celebración, contactar cos poñentes e darlle difusión ó tema pero se conesguimos algúns conferenciantes relevantes isto sería bastante sinxelo.

Posibles conferenciantes:

  • David Bravo, avogado
  • Alguén da RAG que puidese estar interesado en tratar dalgún tema do galego e/ou relacionado coa Galipedia.
  • Xente das universidades galegas podería ter algún traballo relacionado coa Galipedia que lle interesara presentar.
  • Tamén se podería chamar a xente de Wikimedia España que ten feito conferencias moi interesantes sobre diferentes temas relacionados co coñecemento libre. A isto tamén se poderían apuntar colectivos da cultura libre de Galicia como grupos de Linux, o colectivo Alg-a e outros.
  • Outro colectivo que nos podería interesar sería a asociación Creative Commons España que podería explicar de forma clara o funcionamento das licenzas CC e cousas relacionadas.
  • Tamén se podería contactar coa AELG por se algún dos seus membros estivera interesado en colaborar nesta actividade.
  • Algún galipedista que se anime a expoñer algunhas ideas sobre o proxecto, estudo sobre o mesmo, etc.

Necesidades[editar a fonte]

  • Lugar de reunión, podería ser a Cidade da Cultura se non tiveran actividades nesa fin de semana, noutro caso podería ser noutro edificio dispoñible en Santiago, o concello normalmente está aberto á realización deste tipo de cousas.
  • Conferenciantes
  • Xente para organizar as conferencias
  • Un pequeno presuposto para becas para algún conferenciante. Wikimedia España dispón dun pequeno presuposto e podería ocuparse desta parte.

Comentarios Conferencias[editar a fonte]

Votos Conferencias[editar a fonte]

  1. Concordo --Elisardojm (conversa) 00:18, 21 de novembro de 2012 (UTC)
  2. Concordo, mais cómpre concretar un pouco ónde serían e quen iría. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:41 (UTC)[responder]
  3. Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 21:06 (UTC)[responder]
  4. Concordo --XoioÉche o que hai 25 de novembro de 2012 ás 16:19 (UTC)[responder]
  5. Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:18 (UTC)[responder]
  6. Concordo, pero polo momento atopo que lle fai falla precisar.--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:07 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:43 (UTC)[responder]

Difusión nos medios de comunicación[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Contactar cos medios de comunicación para pedir que fagan entrevistas e reportaxes sobre a Galipedia para publicar nas datas do aniversario. Poderíase contactar cos periódicos, diferentes radios e a TVG.

Necesidades[editar a fonte]

  • Textos con información para enviar ós medios
  • Galipedistas dispostos a ser entrevistados

Comentarios Difusión nos medios de comunicación[editar a fonte]

Votos Difusión nos medios de comunicación[editar a fonte]

  1. Concordo. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:41 (UTC)[responder]
  2. Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 21:05 (UTC)[responder]
  3. Concordo--XoioÉche o que hai 25 de novembro de 2012 ás 16:20 (UTC)[responder]
  4. Concordo. --Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 10:20 (UTC)[responder]
  5. Concordo. --Xas (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 12:15 (UTC)[responder]
  6. Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:19 (UTC)[responder]
  7. Concordo--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:08 (UTC)[responder]
# Concordo--JaviP96conversa 27 de novembro de 2012 ás 22:43 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:43 (UTC)[responder]

Realización de actos de difusión en Ourense[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Podiades vir a Ourense centro e falar da Galipedia cun xantar tipico galego e falar co concello para que nos asigne un sitio.

Necesidades[editar a fonte]

  • Galipedistas dispostos a ir ata alí
  • Contacto co concello de Ourense
  • Definir as posibles actividades a realizar

Comentarios Realización de actos de difusión en Ourense[editar a fonte]

  • Comentario. Si que estaría ben facer algo pola provincia de Ourense para tentar conseguir editores da provincia. Piquito (conversa) 08:44, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  • Comentario Si, polo que levo atopado en distintos traballos (mapa de galipedistas, concellos sen imaxes, galería de concellos sen imaxe) a provincia de Ourense parece que é a que menos actividade ten na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:41, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  • Comentario Isto é como un brinde ó sol. A idea é moi boa pero non lle vexo posibilidades de levala adiante. A boa vontade non é suficiente. Claro que cousas máis difíciles xa se viron. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:22 (UTC)[responder]

Votos Realización de actos de difusión en Ourense[editar a fonte]

  1. Concordo --Elisardojm (conversa) 00:20, 21 de novembro de 2012 (UTC)
  2. Concordo, écheme difícil participar nesta actividade mais penso que é moi importante darlle pulo ao proxecto nesta provincia. --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 21:04 (UTC)[responder]
  3. Concordo Coido que é doado dicir si sen ter claro como aportar máis que o voto ... en principio, se poidera participar ... a ver como queda todo. --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:13 (UTC)[responder]

Actividades para institutos[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Facer algún tipo de concurso de edición de artigos nalgúns institutos para máis visibilidade do proxecto nos centros e tentar que os profesores e alumnos no só usen a enciclopedia senón tamén que participen nela e a fagan medrar.

Necesidades[editar a fonte]

  • Definición das normas do concurso
  • Opcional: Conseguir algún tipo de premio
  • Galipedistas dispostos a contactar cos institutos e a dar charlas ou obradoiros de edición

Comentarios Actividades para institutos[editar a fonte]

  1. A edición nos institutos pódese levar a cabo a través das Bibliotecas Escolares dentro dos seus programas de animación á lectura. Os estudantes sentiríanse protagonistas do proceso desde unha banda descoñecida para eles, axudándolles a valorar o proceso da escrita. Isto faríaos mellores lectores. Vouno comentar no meu centro cos responsables da biblioteca a ver que lles parece a historia. Pola miña banda, e dentro do que me permita o tempo de que dispoño, comprométome a axudar na organización de eventos relacionados con este punto. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:22, 30 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Eu estou de prácticas nun centro (un CPI preto de Lugo), comentei o tema e gustaríalles que désemos unha pequena charla. Sei que non é unha actividade a nivel global, pero pode ser interesante facer esto tipo de charlas nos centros que se presten (e que nos poidamos claro).--Adorian (fálame) 15:58, 12 de novembro de 2012 (UTC)
¿Hai alguén de Lugo ou preto que se poida achegar? Ao voluntario/a axudaráselle a preparar un pequeno planeamento e como organizar o proxecto, se o ve necesario. Se non se achega ninguén avisa e achégome eu. Saúdos --Nemigo 00:42, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Comentario Vaia, eu tamén estou de prácticas nun centro (como mestre nun ceip en Pontevedra). Quero facer un proxecto didáctico que teña como eixo fundamental a Galipedia para incentivar a comprensión lectora, creación de textos, manexo das novas tecnoloxías, espírito crítico, tratamento da información e (como non) o desenvolvemento da compentencia lingüística en galego. Hai alguén que teña feito este tipo de experiencias e me poda aconsellar??—o anterior comentario sen asinar foi feito por Chairego apc (conversacontribucións) 21 de novembro de 2012 ás 18:43
Penso que eso supera os obxectivos da wikipedia. Non é posible ensinar a comprensión lectora, a capacidade de resumo e moito menos a formación lingüística nun curso sobre wikipedia e máis tendo en conta que é diferente o xeito de redactar para wikipedia que para calquera outro sitio. Queda como exercicio redactar un CV estilo wikipedia. A wikipedia é unha ferramenta non un medio. Non é aceptable un artigo correcto ao 60%, eso chega para aprobar pero non vale para o uso diario. De tódolos xeitos todo proxecto ten algo de bo. Wikipedia pode ser un complemento de formación interesante. Saúdos --Nemigo 22 de novembro de 2012 ás 00:06 (UTC)[responder]
Coido que non me expresei ben. Non sería un curso, conferencia, xornada ou charla sobre a Galipedia; sería un proxecto de intervención didáctica que teña á Galipedia como unha ferramenta complementaria no traballo de contidos do currículo de primaria (ó igual que pode ser a creación dun blog de aula). Non son obxectivos da Galipedia, son obxectivos propios do proxecto, deseñados para os propios alumnos. Sería algo máis semellante ó que propón enriba Xosé Antonio, e estaría pensado a longo prazo para traballar durante as horas lectivas. Por outra banda, non entendo o dos artigos correctos ó 60%. Eu penso que a grande maioría dos artigos desta wiki son moi mellorables, e iso é o bo que ten o traballo colaborativo e libre. Todo o mundo pode aportar algo por pouco que sexa, e os rapaces de Ed Primaria tamén. Por suposto, sería un traballo titorizado e guiado por min (encargaríame eu das correccións estilísticas e demais problemiñas menores, xa que non interesa tolear ós cativos con tales requirimentos). Ocorréuseme esta idea porque ás veces téñome atopado artigos feitos por usuarios identificados como alumnos dun IES, pero non sei quen é o usuario que os titoriza ou organiza. Sábeo alguén?? gustaríame poñerme en contacto con el. Desta vez non me esquezo de asinar =) --Chairego_apc (si?) 17:49, 22 de novembro de 2012 (UTC)
Eu penso que o que hai que facer nos institutos é achegar a Galipedia e amosar ao alumnado que é unha fonte fiable e completa que poden empregar na súa formación. Coido que as actividades nos institutos teñen que ir por ahí en lugar de directamente involucrar ao alumnado no proceso de creación. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:50 (UTC)[responder]
Non creo que un alumno de instituto teña a capacidade de facer un artigo da wikipedia aceptable, mesmo se está titorizado polo profesor (nese caso que o artigo o faga o profesor, que lle sairá mellor, xa que iso é o que interesa na Galipedia). Os artigos das wikipedias pode que non sempre sexan de gran nivel, xeralmente porque algúns son moi escuetos, e algún son moi mellorables, pero coa contribución de todos os que saben facer correccións e engádegas pola súa preparación (os alumnos de instituto aínda están a adquirila) vanse pouco a pouco mellorando. Nos institutos o bo é que se dea a coñecer a Galipedia, que se utilice como ferramenta nas clases para consultar información, e que se inculque a importancia de non facer vandalismo nas páxinas das wikipedias (nese sentido case é mellor que non se lles ensine a editalas). Eu, que son profesor de instituto, uso blogs e wikis de aula nas miñas clases, pero iso é outra cousa. A wikipedia non é un libro de texto senón unha enciclopedia, e como todas as enciclopedias está pensada para consultar información. Consultando información tamén se aprende moito, por suposto, pero a linguaxe e estilo utilizado non son os dun libro de texto. O "nivel" ou profundidade con que se tratan os contidos nas wikipedias non é tampouco o de primaria ou secundaria. Quero dicir, se comparamos o artigo "célula" co que se dá no currículo de 1º de ESO veremos que o nivel da wikipedia é moi superior (pero si é útil que os alumnos consulten determinadas cousas e fagan determinados exercicios, pero non que "estuden" pola wikipedia). Eu uso a Galipedia como ferramenta para as miñas clases continuamente, pero non como libro de texto. Por último, na wikipedia máis desenvolvida, en inglés, xa fan dúas versións, a normal e a simple English (acollida con menos entusiasmo polos wikipedistas), debido a que na normal as explicacións teñen un certo nivel ao que non todo mundo chega. Tamén depende do contido do artigo, claro, xa que hai temas máis complicados e outros menos. Eu fago sempre artigos científicos, polo que quizais a miña visión teña un certo nesgo.--Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 10:16 (UTC)[responder]
Pois eu penso que os alumnos de instituto si teñen capacidade abondo para facer artigos decentes na Galipedia, non digo destacados pero decentes si, pero que conste que só falo dende as miñas lembranzas coma estudante en BUP. Poño uns exemplos, en primeiro de BUP mandáronnos facer na asignatura de Historia un traballo individual sobre un acontemento histórico relevante para expoñer logo en clase. Houbo que documentarse, facer buscas na biblioteca, redactar os contidos, facer esquemas e así fixemos traballos sobre a Revolución Rusa de 1917, a Batalla de Trafalgar, etc. En segundo de BUP fixemos varios traballos típicos de análise de libros, desta vez en equipo. Se eses traballos en vez de en word se fan na Galipedia nós gañamos e eles tamén. E isto pode trasladarse a tódalas asignaturas facendo biografías, traducións nas clases de idiomas e de galego, etc. Iso si, isto precisa dun traballo previo para ensinarlles o funcionamento da Galipedia e que podan traballar nela comezando de forma "suave". Agora ben, coa ESO xa non sei a que nivel se corresponden os contidos que traballamos nós neses anos de BUP, habería que miralo un pouco para adaptar os traballos a cada curso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 23:57 (UTC)[responder]
  1. Despois de tres anos sen atreverme a dar o paso, nesta avaliación vou traballar con 6 grupos do IES da Pobra do Caramiñal a creación de entradas para a Wikipedia. Trátase de alumnos de 2º de ESO e de 1º de Bacharelato. Viríame ben alguén que lles explicase un pouco o proxecto e sobre todo alguén que nos impartise un pequeno titorial de elaboración de entradas. Se houbese calquera outra iniciativa á que nos puidésemos sumar para o aniversario podería interesarnos.--Aprofa (Dime algo aquí) 8 de xaneiro de 2013 ás 23:59 (UTC)[responder]

Votos Actividades para institutos[editar a fonte]

  1. Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 21:02 (UTC)[responder]
  2. Concordo e poido participar pola zona de Ribadeo; mesmo no IES de Ribadeo eses días motaremos algo do estilo. --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:16 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:44 (UTC)[responder]

Actividades na Galipedia[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Lanzar un reto para facer dentro da comunidade da Galipedia: reto de edicións, reto de artigos novos, reto de limpeza ortográfica, etc. Posibles retos:

  • Eliminar as ligazóns en vermello dos artigos de calidade e reducir a lista de artigos solicitados por completo ou canto menos á metade.

Necesidades[editar a fonte]

  • Difusión externa á Galipedia para conseguir atraer algo de atención
  • Galipedistas que estean dispostos a crealos.

Comentarios Actividades na Galipedia[editar a fonte]

  1. Comentario. Algunhas das propostas deste apartado se poden levar a cabo dentro doutros apartados. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:59 (UTC)[responder]

Votos Actividades na Galipedia[editar a fonte]

  1. Concordo Estes retos sempre foron moi divertidos e creo que nos motivan a facer un traballo extra nun prazo determinado. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:26 (UTC)[responder]

Mellorar dous artigos para levar á portada[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Escoller dous artigos para levar á portada sendo artigos de calidade, un sobre Galiza e o outro sobre algún tema de interese universal (propuxen tamén que fora da lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter e mesmo un que agora non sexa moi extenso para poder ascender postos na lista de Wikipedias). Véxase comentario.

Necesidades[editar a fonte]

  • Galipedistas dispostos a traballar nos artigos que se escollan

Comentarios Mellorar dous artigos para levar á portada[editar a fonte]

Comentario. No caso de que saíra a proposta eu optaría (como digo no comentario de abaixo) por Rosalía de Castro ou lingua galega para levar á portada como artigos de calidade na sección sobre Galiza (manteño a miña preferencia por Rosalía), no caso do artigo destacado tanto me ten, eu podo colaborar no eido da música con algún dos compositores dos que figuran na lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter ou mellorando o artigo ópera, no caso doutra temática axudarei na medida das miñas posibilidades. Saúdos, Piquito (conversa) 22:08, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Penso que sería unha excelente oportunidade para levar a Rosalía de Castro á categoría de artigo de calidade. O outro artigo, de temática universal, habería que ir buscándoo na wiki entre artigos que xa teñan unha certa entidade e que, por suposto, sexan de contrastado interese. Supoño que se poderían ir propoñendo aquí. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 24 de novembro de 2012 ás 22:13 (UTC)[responder]
Lenin? Vaca? --Paradanta (Cóntame) 24 de novembro de 2012 ás 22:17 (UTC)[responder]

Votos Mellorar dous artigos para levar á portada[editar a fonte]

  1. Concordo --Paradanta (Cóntame) 21 de novembro de 2012 ás 22:07 (UTC)[responder]
  2. Concordo, mais habería que concretar os artigos a mellorar. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:51 (UTC)[responder]
  3. Concordo, o igual que Piquito creo que habería que concretar os artigos a mellorar--Alfonso mande 24 de novembro de 2012 ás 21:06 (UTC)[responder]
# Discordo, a non ser que pensemos -con moito tempo- en algo así como dous artigos para que sexan destacados ese mes de marzo de 2013. Se damos por suposto que durante ese mes vaise acceder á Galipedia con máis frecuencia e desde moi diversos ollos, os artigos destacados nese mes teñen que ser moi completos (e a poder ser, interesantes para o gran público). Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:30 (UTC)[responder]
# Discordo, coido que sería mellor que cada quen se tomara un artigo 'a peito' para levalo a esa posición, o anunciara e quen poidera, lle botara unha man para melloralo. --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:19 (UTC)[responder]
  1. Comentario Non quero incordiar mais nas normas de votación non se permite votar en contra de ningunha proposta. --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de novembro de 2012 ás 22:46 (UTC)[responder]
Comentario Risco votos non acordes coa votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 09:37 (UTC)[responder]

Wikinews[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Poñer en marcha unha sección de novas na portada como ocorre con outras wikis (inglés, castelán, catalán, vasco...). Esta sección pode incentivar a creación de novos artigos e a amipliación doutros, así como para manter sempre actualizada a wiki.

Necesidades[editar a fonte]

  • Un grupo o máis numeroso posible para que sempre haxa novas a pesar das ausencias temporais.
  • Decidir a frecuencia coa que se actualice a sección (diario, semanal, quincenal ou mensual)

Comentarios Wikinews[editar a fonte]

Comentario Non entendo a proposta, nin o obxectivo nin a quen vai dirixido. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:33 (UTC)[responder]

Comentario, aínda que parece moi lucido,coido que o núcleo actual de colaboradores seria sobrecargado con algo de relativamente pouco rendemento. --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:20 (UTC)[responder]

Votos Wikinews[editar a fonte]

  1. Concordo --Paradanta (Cóntame) 21 de novembro de 2012 ás 22:06 (UTC)[responder]
  2. Concordo. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:51 (UTC)[responder]
  3. Concordo, --Alfonso mande 24 de novembro de 2012 ás 21:07 (UTC)[responder]

Chegar ós 100.000[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Podemos tentar chegar ese día, ou durante eses días ou o mes do aniversario, aos 100.000 artigos (vendo o ritmo de creación, ou ocorre un milagre ou non acadaremos a marca). Podemos difundir en prensa que a Galipedia está próxima á marca (se realmente o está e non faltan 2.000 artigos ou cifras inasumibles), deste xeito pode que haxa xente que se anime a colaborar. Para chegar podemos facer algún encontro, maratóns e/ou xornadas en distintos puntos de Galiza por parte de quen poda e teña lugar onde realizalo.

Necesidades[editar a fonte]

  • Xente que se preste.

Comentarios Chegar ós 100.000[editar a fonte]

  1. O reto de chegarmos aos 100.000 está complicado... mais é posíbel. Acabo de facer a conta e teríamos que facer unha media de 66 artigos diarios a partir de xa. Como isto non vai suceder, a miña proposta é facer maratóns periódicos dunha fin de semana de duración. Habería que estudar cantos facer (un ao mes parece razoábel). Para facer páxinas novas temos un bo filón nos Lugares de Galicia, mesmo podemos combinar dous retos: chegarmos aos 100.000 e que todos os lugares de Galicia teñan páxina (agás quizais aqueles dos que non hai datos no IGE). --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:34, 30 de outubro de 2012 (UTC)
Paréceme ben a idea de Xosé Antonio no que respecta aos Lugares de Galiza, tamén podemos azulear tódalas ligazóns en vermello dos artigos de calidade (como aparece noutra proposta). Eu pouco podo facer co tema dos lugares, mais tentarei contribuir azuleando algunha ligazón dos artigos de óperas ou teatros de ópera, o certo é que quería ampliar os artigos ópera e Pau Casals, se cadra podería ir azuleando as ligazóns que vaian aparecendo e algunha de Lista das óperas máis importantes (pero se hai tempo para que sexan artigos "decentes" e non como os primeiros que fixen e nos que hai moito que ampliar). Piquito (conversa) 08:57, 31 de outubro de 2012 (UTC)
Outro punto de vista que acadei falando con outros usuarios sobre este tema fai uns meses. A idea de facer unha carreira para conseguir os 100.000 artigos pode ser "vistosa" pero debemos plantexarnos ata que punto pode ser boa para o proxecto. Explícome: se inzamos a Galipedia de artigos de cinco liñas acadaremos de forma máis ou menos doada o obxectivo, pero o que estaremos a facer ó mesmo tempo é baixar a calidade do conxunto do proxecto: a media de tamaño dos artigos baixará, a probabilidade de que un lector atope un artigo moi pequeno aumentará dando unha imaxe máis pobre do proxecto, etc. Por iso aínda que ó principio estaba dacordo con esta idea fun deixándoa de lado porque penso que é moito mellor que a Galipedia medre de forma "natural". Outra cousa sería que se conseguira implicar a un gran número de novos editores que fixeran artigos de calidade media (cousa que relacionaría esta proposta coas de "Participación activa" e de "Actividades para institutos"), pero para isto faría falta moverse moito, darlle publicidade, falar con moita xente, etc. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 31 de outubro de 2012 (UTC)
Elisardojm, eu o vexo doutro xeito: a marca é vistosa, algo moi importante de cara a que o proxecto saia en prensa. Sobre o da calidade, non creo que teña que verse mermada necesariamente, explícome: creando as páxinas de tódolos lugares de Galiza a calidade non baixa, xa que tódolos artigos de lugares son moi pequenos (tampouco creo que se poda dicir máis da meirande parte deles), polo que respecta aos artigos que pretendo crear eu, xa o digo... que sexan decentes, e ese é o meu obxectivo. Óbviamente a lista de óperas non se vai completar para a data, sobre todo tendo en conta que eu son, salvo contadas excepcións, o único que crea artigos sobre ópera, polo que irei facendo, mais sen pretensión algunha. Podo completar as ligazóns en vermello das óperas I Capuleti e i Montecchi e La sonnambula, non máis desas dúas ou cecais unha ou dúas máis. Sinceiramente, o proxecto dos lugares paréceme moi asequible e penso que podemos tirar por ahí para tentar chegar á marca e, de paso, finalizar unha tarefa considerable e importante desta wiki e que penso que debe ser case prioritaria. Un saúdo, Piquito (conversa) 10:36, 31 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo con todo o que di Piquito, os Lugares de Galicia é unha tarefa que hai que rematar ao igual que no seu día se remataron as páxinas das parroquias. Unha vez feitas, pódense mellorar co tempo engadindo imaxes ou datos relevantes do lugar. Pola miña banda, rematada (máis ou menos) a comarca do Eume, vou continuar cos lugares das comarcas de Ferrol e do Ortegal. --Xosé Antonio (fálame sempre) 15:43, 31 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario: como gustar, claro que me gustaría, pero para o uso diario da Galipedia penso que unha volta superados o número de artigos doutras enciclopeidas, hai que priorizar os artigos de calidade para atraer máis usuarios en confrontación coa versión castelá.--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:28 (UTC)[responder]

Votos Chegar ós 100.000[editar a fonte]

  1. Concordo, mais penso que algunhas das cousas expostas nas "Actividades na Galipedia" pódense relacionar con esto, como azulear os artigos de calidade e a lista de artigos solicitados. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:53 (UTC)[responder]
  2. Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 20:58 (UTC)[responder]
  3. Concordo, ainda que en xeral concordo con todas solo voto por tres --Alfonso mande 24 de novembro de 2012 ás 21:11 (UTC)[responder]
  4. Concordo --Xas (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 12:14 (UTC)[responder]
  5. Concordo Creo que ter un obxectivo concreto favorece o traballo, pero sempre sabendo que se non damos chegado a esa cantidade tan redonda en data tan sinalada, tampouco pasaría nada: fica o traballo realizado.--Servando2 (Dime) 27 de novembro de 2012 ás 00:46 (UTC)[responder]
  6. Concordo E vou poñerme a iso hoxe mesmo. Alguén fixo hai tempo un cálculo teórico de cantos artigos deberiamos crear cada mes para alcanzar eses 100.000 ¿onde vai esa conta? Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:36 (UTC)[responder]
# Concordo --JaviP96 (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 23:50 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:46 (UTC)[responder]
  1. Comentario As contas ás que se refire Pedro fixéronse hai case un ano e están na Taberna, na sección de "Propostas", pero xa están desfasadas pois imos moi retrasados con respecto a elas. As novas contas son que hai que facer case 70 artigos novos cada día, un número considerábel mais non imposíbel. --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de novembro de 2012 ás 22:39 (UTC)[responder]

Participación activa[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Antes da data do aniversario podería buscarse a un grupo de colaboradores actuais que acheguen a wikipedia a cidades e pobos. Ofrecerse a dar conferencias ou pequenos cursos sobre edición con wikipedia. Contactar con asociacións e organizacións e que alguén se achege aos seus locales para ofrecer in siti unha pequena formación inicial.

Necesidades[editar a fonte]

Cunha ducia de persoas en dous ou tres meses (un curso por semana) podería achegarse a case 100 concellos unha formación básica.

Comentarios Participación activa[editar a fonte]

  1. Esta proposta paréceme moi beneficiosa para a Galipedia. Levo pouco máis dun ano aquí e vexo que o traballo é inxente en tódolos aspectos. Necesítanse moitos máis galipedistas para que isto avance ao ritmo que todos nos desexamos, é por isto que me apunto a colaborar neste apartado. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:42, 30 de outubro de 2012 (UTC)

Apúntome para a bisbarra de Ribadeo. --Agremon(contacto) 16:13, 12 de novembro de 2012 (UTC)

  • É realmente a proposta máis interesante. Eu teño un tempo limitadísimo, pero se se organiza algo deste estilo en Vigo tentaría acudir. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 09:39, 13 de novembro de 2012 (UTC)
  • Penso que hai xente que non colabora porque ve o proxecto como algo lonxano e tampouco entenden como poderían facer achegas. En unha ou dúas horas nunha pequna charla/clase práctica podería facerse moito para "dinamizar" a wikipedia que lamentablmente pode perder pulo pola burocratización. --Nemigo 01:21, 16 de novembro de 2012 (UTC)

Votos Participación activa[editar a fonte]

  1. Concordo --Elisardojm (conversa) 00:18, 21 de novembro de 2012 (UTC)
  2. Concordo --Paradanta (Cóntame) 21 de novembro de 2012 ás 22:05 (UTC)[responder]
  3. Concordo, aínda que non me vexo capacitado para ensinarlle ninguén. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:57 (UTC)[responder]
  4. Concordo, apúntome para a comarca do Eume. --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 20:57 (UTC)[responder]
  5. Concordo, aínda que non dispoño de moito tempo, podería facelo na Comarca do Deza ou nalgunhas próximas. --Xas (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 12:13 (UTC)[responder]
  6. Concordo aínda que semella que esta proposta se solapa coas primeiras. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:38 (UTC)[responder]
  7. Concordo, aínda que opino que solapa con outras propostas.--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:29 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:46 (UTC)[responder]

Comentarios xerais[editar a fonte]

Comentario Propoño ter aberta esta páxina durante toda esta semana para expoñer nela as propostas que se poderían levar a cabo, e logo, que a semana que ven se faga unha votación de tódalas propostas para ver cal ou cales son as que máis nos interesan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:19, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario a) Propoño deixar aberta a páxina máis tempo que a semana. b) dividir/independizar nos IES os obradoiros dos concursos (aínda que s epodan facer en combinación).--Agremon(contacto) 20:44, 24 de outubro de 2012 (UTC)

  • Comentario: eu propuxen escoller dous artigos para levar á portada sendo artigos de calidade, un sobre Galiza e o outro sobre algún tema de interese universal (propuxen tamén que fora da lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter e mesmo un que agora non sexa moi extenso para poder ascender postos na lista de Wikipedias). Non sei se esta proposta ten algún tipo de interese para a comunidade, mais se queremos saír na televisión temos que ter en conta que haberá máis xente do normal entrando na Galipedia e que o feito de que vexan dous grandes artigos na portada é un arma publicitaria moi importante (por eso o propoño). Sobre os artigos que poderiamos mellorar, eu optaría por lingua galega e pola maior figura da literatura galega e a máis universal, totalmente esquecida para a portada (inexplicablemente), e que conta cun artigo desconcertantemente curto, falo como non de Rosalía de Castro, coido que ten méritos históricos para a nosa lingua máis que suficientes como para outorgarlle un artigo digno á súa persoa; aínda que penso que non habería mellor homenaxe a unha enciclopedia en galego que salientar o artigo sobre a lingua, eu me decantaría máis pola figura de Rosalía, de todos xeitos, non creo que falten nesta wiki editores con coñecementos sobrados para mellorar os dous artigos ata a calidade. Sobre os artigos de interese universal, eu podo colaborar no eido da música con artigos como ópera ou algún dos compositores da lista (calquera dos que están en negra teñen actualmente artigos ben pobres na nosa wiki), e mesmo con algún instrumento da lista, tamén me podería prestar a ampliar algún artigo sobre xeografía; para calquera dos artigos precisaría de axuda. Quero facer outra proposta tamén de cara ao 10º aniversario: retirar tódalas ligazóns internas en vermello dos artigos de calidade e reducir a lista de artigos solicitados se non é totalmente, canto menos ata a metade. Un saúdo, Piquito (conversa) 12:50, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Piquito, non engadín a proposta de mellorar o artigo porque non pillaba o que querías conseguir con iso, por favor, engade esas propostas na parte de enriba seguindo máis ou menos o formato das anteriores. O interese de cada proposta sairá da votación que faremos a seguinte semana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:22, 22 de outubro de 2012 (UTC)
  • Comentario Por suposto que temos que facer algo no noso décimo aniversario, pero eu non sabería dicir que facer (non teño capacidade organizativa, non se me ocorren ideas). Si que vos podo asegurar que Galipedia segue a ser unha gran descoñecida entre a xente. Nós, usuarios, cremos que isto é o embigo do mundo, pero se preguntas por aí -eu xa o fixen- non atopas a ninguén que consulte a Galipedia para nada (eu xa non coñezo estudantes polo que estes quedaron fóra do ámbito da miña enquisa). Así, o reto é darnos a coñecer, converternos en referencia. Creo que o que fagamos debe ir máis dirixido ó exterior que a nós mesmos: aínda que aqueles retos de número de artigos ou d edicións foron divertidísimos e, seguramente, bos para a Galipedia, só quedaron en casa e ninguén, fóra de nós, se enterou. Sería bo, tamén, que se fixera algo descentralizado: mellor varios actos pequenos e dispersos que un gran acto central, e entre os sitios que seguramente aceptarían este tipo de actos están as Casas de Cultura (por certo, a Cidade da Cultura é demasiado alleo, demasiado lonxe, mellor o Concello ou algún outro centro en Santiago, máis próximo á xente, física e sentimentalmente). Eu apuntaríame a facer entrevistas na prensa ou radios, pero non a dar conferencias. ¿Cabe a posibilidade de montar unha exposición que fose itinerante: paneis, gráficos, fotografías, citas...? ¿Hai diñeiro? Mesmo, se fose sinxela, sen grandes ambicións, poderiamos ter varias expostas á vez. Pedro --Lameiro (conversa) 17:54, 22 de outubro de 2012 (UTC)
  • Comentario: De feito unha idea sería facer un traballo de campo: enquisas para saber como se ve a Galipedia entre a xente usuaria pero non editora, e entre a xente non usuaria. Falo non só de estudantado e profesorado, senón tamén de personalidades da cultura (xente da RAG, Consello da Cultura Galega, CRPIH, AELG...). Sería interesante redactar un cuestionario e envialo por correo electrónico para encontrar eivas, para saber o que a xente bota de menos na nosa wiki. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:06, 22 de outubro de 2012 (UTC)
    • Esa enquisa -boa idea- teriamos que facela entre xente de toda condición, usuarios habituais de internet. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Comentario Por favor, engadide as vosas propostas na parte de enriba (ou modificade as que xa están, se queredes completar algo nelas) e, se vos parece ben, votade na páxina principal para que se mostre unha mensaxe de aviso no cabezallo da Galipedia para que toda a xente posible se entere de que estamos a traballar nisto, e poda facer as súas achegas e comentarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:59, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario Creo que Agremon ten razón no que di de ampliar o plazo para presentar propostas, cando puxen ese plazo aínda non saíra a proposta de anunciar isto no cabezallo e penso que con iso pode animarse máis xente a participar. Os plazos fixámolos nós, entre todos e como vexamos mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:20, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Concordo. Por certo, eu non vexo por ningures na Galipedia algunha referencia a esta páxina. Non sei se se pode facer algo para que apareza en tódalas páxinas (do mesmo xeito que os anuncios para colaborar económicamente co proxecto), ou canto menos na portada. Saúdos, Piquito (conversa) 19:34, 25 de outubro de 2012 (UTC)
É que o de poñer o aviso nas páxinas está a votarse na páxina da Taberna e só votamos 5 polo momento. Vou chamar a algunhas portas a ver se se acepta iso e imos para adiante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:49, 25 de outubro de 2012 (UTC)
Cómpre mover esta páxina do espazo de nomes Usuario ao espazo de nomes Wikipedia. --. HombreDHojalata.conversa 12:15, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!, saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:01, 26 de outubro de 2012 (UTC)

PROTESTO a wikipedia en castelán non pinta nada nunha xuntanza sobre a wikipedia en galego. Será absurda a situación creada (e que se vai a dar) cando se fale da toponimia. Non ten senxo quedar en: A Coruña con alguen da wikipedia en español. Vai ser ridículo falar de sangenjo, rianjo, arteijo, chandreja de queija, ginzo de limia, valledeloro etc. E isto que non se equivoque ninguén: vai pasar. Será un ridículo espantoso. (asinado) —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 15:36, 26 de outubro de 2012‎

Estás confundido. Ninguén falou da wikipedia en castelán. Falouse de Wikimedia España, o capítulo local da Fundación Wikimedia, que é unha cousa moi diferente. --. HombreDHojalata.conversa 15:53, 26 de outubro de 2012 (UTC)
¿Cal é a diferencia (e similitude) entre a wikipedia España e wikipedia en castelán? A desfeita da toponimia galega na wikipedia en castelán... ¿ten algo que ver con wikipedia España? (asinado)
Non. Como dixen, Wikimedia España é o capítulo local da Fundación Wikimedia en España, tes máis información do que é un capitulo local en meta:Local chapter FAQ.--. HombreDHojalata.conversa 16:19, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Entón a Xunta está a chamar á porta equivocada -> La Xunta recordará a la Wikipedia la ley de toponimia (asinado)
Correcto. --. HombreDHojalata.conversa 17:51, 26 de outubro de 2012 (UTC)

ComentarioFai uns días Lameiro preguntaba se había cartos, e o caso é que Wikimedia España pode pedir subvencións á Fundación presentando un presuposto, e se llo aceptan daríanllo para facer as actividades que se programen. Tamén teñen un pequeno presuposto propio co que poderían subvencionar algo. Tamén podemos tentar contactar con algunha administración a ver se hai sorte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:14, 30 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario. Temos xa oito propostas e hai días que ninguén propón nada, non sería boa idea votar as propostas para ver cáles levamos a cabo? No caso de levar dous artigos de calidade á portada, por exemplo, habería que traballar moito tempo, polo que estaría ben ir definindo algunha das propostas para evitar apuros de última hora e preparalo con xeito. Un saúdo, Piquito (conversa) 22:11, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Xusto hoxe ía dicir eu o mesmo. Por min cando querades poñémonomos a votar, iso si, habería que anuncialo, dar un prazo e definir a forma de votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:58, 5 de novembro de 2012 (UTC)
Pois propoño que esta semana, ata o domingo 11, deixemos seguir coas propostas (haberá que cambiar o aviso?) e logo a seguinte semana, ata o domingo 18, se faga a votación. Como hai varias propostas que son compatibles podemos deixar que cada usuario vote a todas as propostas que lle parezan interesantes e logo, se vos parece ben, collemos as dúas propostas con máis votos a favor. Non se permiten votos en contra porque penso que non ten moito senso, non? Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:21, 6 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo. Piquito (conversa) 10:19, 7 de novembro de 2012 (UTC)

A ver, creo que hai propostas abondo para comezar a traballar, facemos a votación ou? O tempo non sobra, decembro e xaneiro son meses moi malos para organizar cousas porque a xente está máis liada polo que hai que arrancar o antes posible. Os que aínda non o fixeron poden aceptar a proposta de votación que fixen na taberna? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:24, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Xa se pode comezar a votar as propostas nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:55, 21 de novembro de 2012 (UTC)