Conversa usuario:Beninho
Arquivo de conversas:
[editar] ¿Por que me borraches o meu artigo?
Hola, quería saber porque borraches o meu artigo de ``Grupos de combate de la union europea´´. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.185.20 (conversa • contribucións)
[editar] Estatística
Beni, faime un favor, crea estas subpáxinas que a min me axuden a vos ter controlados no tocante á estatística. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.[1] Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 11:22, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)
[editar] Rock and roll
Beni, galeguízalo? --Atobar (conversa comigo) 11:22, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
[editar] Gráficas raras
Moi boas as pesquisas, atinaches de pleno!, e moitas grazas por desvelarme o segredo :). Tiña que ser algo diso pero a verdade é que nin se me ocorrera mirar os artigos nesa data a ver o que lles pasara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:17, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)
[editar] Tes unha ligazon vermella na túa páxina
Dando voltas por ahí batin coa túa páxina de usuario e vin que tes unha ligazón vermella a Estrela (Astronomía). O caso é que o artigo si existe como Estrela (astronomía) pero supoño que xa o sabes porque o editaches varias veces. Supoño que é un problemiña na túa páxina e coméntocho por si non te decataches :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:09, 1 de febreiro de 2011 (UTC)
[editar] Imaxes
Ola, Beninho. Ti que es da zona, sabes se hai aquí imaxes disto? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:46, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Entra aquí e no campo municipio pon Marín. A primeira da lista é a Iglesia de Santa María del Puerto, que é á que eu me refería. Coñécela? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:04, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Moitas gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:08, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
[editar] Lufthansa
Ola, Beninho. Se o artigo Lufthansa tivese máis referencias eu opino que debería ser artigo destacado. Veste capaz de meterllas? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:13, 14 de marzo de 2011 (UTC)
Os libros son referencias válidas, non sei se o sabías. Ti segue co artigo, que sempre hai tempo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:24, 14 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Grupos musicais
Ola, Beninho. O que eu boto en falta é unha certa uniformidade na denominación das categorías. Dentro de Grupos Musicais hai Grupos Musicais por procedencia, por época e por xénero. Na categoría de grupos por procedencia fálase sempre de grupos musicais (de Alemaña. de España etc), dentro da de grupos por xénero tamén (grupos musicais do século XX etc). Isto é normal, porque dicir grupos de Alemaña ou grupos do século XXI é como non dicir nada (grupos de que? grupos ecoloxistas? grupos relixiosos? grupos étnicos?). Eu en principio empecei creando categorías específicas para artigos que estaban nunha máis xeral (Roxette non ten que estar en grupos musicais sen máis, senón na categoría do seu xénero). Por homoxeneizar criterios eu creo que sería bo seguir mantendo o "musicais" dentro das categorías dos xéneros. É certo que nalgúns casos o nome da categoría acaba sendo un pouco longo (por exemplo, Grupos musicais de garage rock revival), pero son a minoría. Por certo, vendo todos estes artigos que nunca vira antes impresionoume todo o que levas traballado nesta sección, parabéns. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:12, 23 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Novas sobre as camisetas
Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas, a ver si nos podemos ver!. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:52, 14 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Camisola wikipédica
Ola Bene! Oes, se vas á xuntanza pontevedresa que hai plantexada poderías coller unha camisola para min? Seguro que no verán nos vemos algún día así que poderías darma. Se se pode escoller talla, a L se non é moi grande, se é xigante entón a M. Vémonos! --Alberte Si, dígame? 15:30, 18 de abril de 2011 (UTC)
- Non pasa nada, tampouco tiña urxencia. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:16, 21 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Xuntanza en Pontevedra
Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:09, 18 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Fotos BIC
Boas, graciñas pola foto, o que pasa é que hai dous petróglifos de Champás, o petróglifo de Champás e o petróglifo de sobre Champás, ¿ti sabes cal dos dous será?.
Por outra banda, ¿non che apetece participar con esas fotos no concurso de WLM?. Para participar só tes que subir as fotos a Commons en setembro... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 23 de abril de 2011 (UTC)
- Moi ben, para poder poñer a foto no sitio axeitado hai que ter un pouco máis de información. E anímate a participar no concurso que nunca se sabe :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:42, 23 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Vótalle un ollo cando podas
Boas, fixen unha proposta na Taberna dalgo que falamos en Pontevedra, vótalle un ollo e comenta alí o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:03, 27 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Encontro no xornal
Boas, fixen unha crónica para o xornal, votádelle unha ollada por si queredes amañar ou engadir algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:53, 29 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Canción do verán
Beni, anímastenos a facer os artigos de músicos (e pseudomúsicos) que aínda non temos en Canción do verán? Sei que non son precisamente do teu gusto, pero é que o facedor oficial de artigos de música aquí es ti, e o formato domínalo perfectamente. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:18, 27 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Castro de Subidá
Ola, meu! Mirei na prensa que están a escavar o castro de Subidá no concello de Marín, pero non o dou localizado; poderías indicarme por onde queda, para ver de ir unha mañá destas coa bici a tirarlle unhas fotos? Se te animas a acompañarme in situ, caralludo.
Todo ben? Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:23, 27 de xuño de 2011 (UTC)
- Oes, e si o atopades logo poñédeme as coordenadas en Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Pontevedra#Mar.C3.ADn ;) (e si queredes podedes gardar as fotos ata setembro para participar en WLM :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:12, 28 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Camiseta
Un saudo, estou de novo na galipedia, perdoa por tardar en contestar ao teu comentario(dende abril), podemos vernos un día por Marín ou Cangas, si é que estas por eiqui. Podes chamarme ao móvil 660454037. Unha aperta, --Suarez ruibal 10:49, 3 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Campo Lameiro
Oes..., que mañán pola mañá teño pensado ir a Campo Lameiro ó Centro de interpretación de petróglifos, rebuscar en todo o que teñan alí e facer tódalas fotos que poda (ata levo trípode e todo), non pechan ata as 20:00 ;). Si che apetece ir aínda teríamos tempo de estar de leria un pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:34, 6 de agosto de 2011 (UTC)
- Moi ben, xa nos veremos outro día. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 15:27, 6 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Wikiproxecto Música
Boas Beninho, deixei un comentario na conversa do wikiproxecto Música, se podes miralo para ver se estás interesado no asunto que expoño. Moitas grazas, unha aperta Piquitoconversa
[editar] Galencontro!
Meu!, que queren facer un galencontro sen ti! ;). Non o vas a permitir, ¿non?. Dilles na taberna que o fagan o día que a ti che veña mellor, o 17 ou o 24 de setembro :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:06, 31 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Conversa:Comunidad Usuarios
Beni.
Cal e o motivo da eliminación rápida?--. HombreDHojalata.conversa 09:00, 15 de setembro de 2011 (UTC)
- E que non se especificou cal é o motivo e a simple vista non o asocio a ningún dos especificados na páxina da política oficial Wikipedia:Eliminación rápida. Deixei unha nota na páxina de conversa, a ver se Lameiro achega o dato--. HombreDHojalata.conversa 09:11, 15 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Ligazóns interlingüísticas tamén nas categorías
Beni, cando crees algunha cat non esquezas meterlle algún interwiki. A partires de ahí xa traballan os bots. --. HombreDHojalata.conversa 05:54, 6 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Revisión de Lynyrd Skynyrd
Beninho, pódelo revisar para lle quitarmos o marcador? --Atobar (conversa comigo) 09:53, 13 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] 2000 artigos creados
Parabéns [2] --Atobar (conversa comigo) 23:14, 16 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Talking Heads
Bo día, Beni! Podes botarlle un ollo a este artigo e darlle formato? Supoño que xa os coñeces, pero recoméndochos igual. Grandes.
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:22, 31 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] 1991: The Year Punk Broke
Ola, meu! Parabéns pola estrea blogueira, por certo. Unha cousa: a este artigo quédalle vaga a categoría de documentais, habería que relacionalo coa música; por xénero, ou algo? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:28, 8 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Formatos
Boa tarde, meu!
Non sei se miraches que alguén aumentou o artigo de The Strokes; anímaste a revisalo, porfi? A mesma IP está agora a editar en Oasis (grupo musical), se o mirases tamén e falases ti coa persoa sería ideal, comentándolle o das categorías, mencionar a orixe, e estas cousas. Graciñas 1000!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:54, 14 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Comentarios
Ola Beninho e graciñas. No artigo http://gl.wikipedia.org/wiki/The_Strokes tiven un problema, porque borrei sen querer esa parte. Existe algunha ferramenta para restablecer o que se borrou, como, por exemplo, no OpenOffice?
[editar] Os 80.000
Dixeron na taberna que non eramos capaces de chegar ós 80.000 artigos antes da finde, ti que dis? ;). Saúdos e bó ano novo!, --Elisardojm (conversa) 03:13, 30 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Imaxe de portada
Boas, ¿poderías poñer a imaxe da portada?. Penso que lle toca a Ficheiro:Escultura no atrio da igrexa de San Bieito, Fefiñáns.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:11, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Deixa, xa o fixo Xas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:57, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Influenza vs influencia
Beni, influenza é unha doenza, a acción ou efecto de influír e influencia. Dígocho porque estaba en moitos artigos de música nos que traballaches (parabéns, por certo). Estouno a revisar co bot.
Apertas. --. HombreDHojalata.conversa 18:32, 4 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] datos dun ficheiro
Ola, Beninho! Podes revisar os datos deste ficheiro, por favor? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:16, 7 de febreiro de 2012 (UTC)
Os nomes dos concellos están mal, son os da comarca do Carballiño. Fíxate que na imaxe hai sinalados 6 concellos e aparecen os nomes de 9. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:33, 7 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Re: Saúdos
Ola Beninho. Moitas grazas pola túa mensaxe. É moi alentador comprobar que compañeiros que tanto teñen feito pola Galipedia se lembren de min. Non teño moito tempo así que non sei se poderei axudar moito ou cantas edicións poderei facer pero polo que vexo hai un grupo de colaboradores moi activos que están facendo un gran traballo para que isto vaia cara adiante. Por certo, tamén vin que os artigos relacionados coa música seguen medrando :-) Novamente grazas pola mensaxe e por todo o traballo que levas feito pola Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:00, 11 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Artigo Feijóo
Bo día, Beninho. Non entendo por qué eliminaches o contido que engadín eu porque tamén estaba referenciado (con ligazóns externas). É certo que son nova neste mundiño e quizáis alterei algunhas regras, pero non é ningunha mentira os contidos que engadín. Graciñas e un saúdo!
[editar] cargar ficheiros
Bo día, Beninho, son Lucía outra vez :) poderíasme indicar cómo cargar ficheiros na wikpedia? Non atopo cómo facelo (e quería actualizar a foto que hai de Feijóo, que é bastante antiga) Graciñas!
[editar] Torres de delay
Ola Beninho. Hai uns días vin o artigo Torres de delay e púxenme a ler algo do tema. Paréceme que o artigo non explica correctamente para un profano o que é. Polo que vin está a torre que é un soporte, os altofalantes line array e logo o software que xestiona os retardos nos grandes concertos, finalmente estaría o concepto para o que se usaría todo (montaxe, altaofalantes, disposición e software). Ademais parece que tamén hai cuestións relacionadas de marcas comerciais. Quizais como ti andas nos temas de música poidas saber algo sobre esa entrada, aínda que só sexa para eliminar o que non está claro. Se fora o caso e tes tempo podes pasarte polo artigo a ver se se pode mellorar algo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:00, 11 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas creo que está ben mellorar eses artigos. A raíz desa entrada lin un texto que explicaba como un enxeñeiro de son calculaba todos os aspectos do son nun concerto no deserto que me pareceu moi interesante e sinalaba a importancia dos cálculos dos retardos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:09, 11 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Enquisa WikiSkills
Boas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:36, 13 de marzo de 2012 (UTC)
- Por si se che pasa, coméntoche que hai novas deste proxecto na taberna, cando teñas un momento podes botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:55, 28 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Música por anos
Ei Beninho. Boas noites. Vexo varias categorías como Categoría:Grupos musicais formados en 1990, Categoría:Álbums musicais de 1990, Categoría:EPs musicais de 1990 etc. ¿Cómo verías que alguén cree a Categoría:Música por anos, e logo as categorías Categoría:Música en 1990 etc?. -- JonnyJonny (conversa) 01:34, 16 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas por ter en conta a suxerencia. O teu traballo de categorización por anos na música é caralludo, por non decir completísimo ou insuperable. Noraboa e grazas de novo. -- JonnyJonny (conversa) 15:41, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Música por anos
Boas Beninho! Vin que te puxeches a categorizar por anos a música como te pediu JonnyJonny, a min me propuxo categorizar os séculos anteriores, o conto é, para poñernos de acordo: crear unha categoría de óperas compostas en 2005 dentro de música en 2005 ou crear unha categoría de "música clásica" para óperas, sinfonías, sonatas, suites, etc compostas en cada ano? O certo é que se pode categorizar dun xeito moi xeral ou máis específico. Coido que deberiamos poñernos de acordo en cómo queremos categorizar antes de ter un feixe de anos que se nos escapen das mans. Un saúdo --Piquito (conversa) 18:49, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Seguramente a solución sexa a da categoría:Composicións musicais por ano ou algo así. Non sei cómo o ves? Saúdos --Piquito (conversa) 18:52, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Categorías musicais
Boas Beninho! Fixen unha proposta na taberna por un tema de categorías na ópera e saiu a conto as categorías musicais. O certo é que vendo de pasada a estrutura da Categoría:Música pareceume que se pode organizar dun xeito máis sinxelo e organizado, de xeito que para chegar a Categoría:Ópera non teñas que pasar por tantísimas categorías. Hai algunha posibilidade de establecer un debate sobre a reestruturación da categoría dentro do Wikiproxecto ou sería mellor facelo nun foro de debate (non sei se existe como tal na wiki) no que toda a comunidade poda aportar (que coido que é a mellor opción)? Con esto non quito mérito de quen estruturou a categoría, só digo que penso que hai xeitos menos enrevesados para ordenar a categoría. Un saúdo. --Piquito (conversa) 00:22, 21 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Categorías por ano
Ola Beninho! Propúxenlle a JonnyJonny un sistema para as clasificacións da música por ano, se podes mirar qué che parece na súa páxina de conversa en Máis música por anos ou algo así. Paréceche ben a categorización por anos que fun facendo coas óperas (se queres podes mirar a partir de Il barbiere di Siviglia). Xa me dirás. Un saúdo. --Piquito (conversa) 20:02, 22 de marzo de 2012 (UTC)
- Boas outra vez! Coido que non me expliquei ben ao plantexar o tema de álbums, EPs, sinxelos... referíame de incluílos todos nunha nova categoría que se podería chamar Categoría:Gravacións por ano ou Categoría:Rexistros musicais por ano (algo así, o título xa se discutirá), de xeito que a categoría quedara coas categorías de composicións, gravacións/rexistros e grupos. Creo que me vou explicando mellor, xa me contarás, un saúdo!! --Piquito (conversa) 14:17, 23 de marzo de 2012 (UTC)
- Sobre as óperas por ano e por data, o fixen saltándome unha categoría intermedia que serían as compostas por séculos, de tal xeito que quedara: ano, século, data. Se me ocorreu porque é un xénero (tamén se podería aplicar a sinfonías, sonatas, etc) de moi longa tradición, xa que se consideramos a primeira ópera datada en 1600 temos catro séculos, e en cada ano se compuxeron un feixe delas (chega con ver que compositores como Rossini escribiron nalgúns casos 3 nun ano), polo que agrupándoas por séculos simplificaba o conto, pero bueno, xa me contarás. Saúdos. --Piquito (conversa) 22:26, 23 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Pasei a vida chorando e suspirando Marin por ti
Ola amigo!! Son o Alvariño. Estou tentando poñer ó alumnado da escola de restauración de bens culturais a traballar no proxecto. A ver que tal sae. Que consellos me/nos das? Apertas miles. Hai que quedar a tomar unha birra non virtual un día destes. AArizaga (conversa) 11:12, 26 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Maybeshewill
Ola Bene! Poderías facer un bosquexo do artigo Maybeshewill? É máis que nada para subir algunha foto das que saquei no concerto. Por certo, recomendadísimos, tanto eles coma os teloneiros... vaite apuntando o nome de Jardín de la Croix. Saúdos! --Alberte Si, dígame? 01:19, 8 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Obradoiro WikiSkills
Boas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:30, 13 de abril de 2012 (UTC)
[editar] categorías
Ola, Beni! Como sei que che gustan os artigos de música, vouche encargar un traballiño, aínda que é un pouco latoso e pouco agradecido. Dentro das Categorías requiridas existen numerosas relacionadas coa música ("tal grupo", "discos de tal grupo", "tal xénero"...), pero non me atrevo a meter man porque moitas veces me lío coas iws das propias categorías; anímaste a ir creándoas?
Por certo: outra recomendación/petición: Manta Ray.
Vémonos nos concertos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:06, 4 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Cambio de nome dun artigo
Ola colega. Que tal? Resulta que teño que pedirche axuda galipédica. Unha alumna miña fixo un artigo sobre un antroido recuperado en Meira, Moaña e creou o artigo seguinte (esta). Pero ela en realidade quería darlle como nome "Entroido de Madamas e Galáns de Meira, Moaña". Como hai que facer pa cambiarlle o nome a un artigo? Ten que ser un administrador? Ou hai que crear outro artigo co nome correcto e redireccionalo alí? Ilústrame coa tua sabedoría, compañeiro. Apertas mil (na na na ... xa pasei o mar ... xa collin laranxas do teu laranxal... na na na ... as pernas che vin ... aquel bicho negro botábase a min... ¿que canción é?) A ver cando nos vemos!--AArizaga (conversa) 20:38, 23 de maio de 2012 (UTC)
Arranxado; --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:04, 23 de maio de 2012 (UTC)