Fundación Wikimedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da Fundación Wikimedia.

A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluído MediaWiki, está en Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da Wikimedia é unha mestura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio http://wikimedia.org e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posúen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.

Servidores[editar | editar a fonte]

Nun principio, a organización contaba con 15 servidores. Co paso do tempo, fixeron falta máis servidores debido ao crecente tráfico diario. Isto provocou que nun período de 18 meses se pasase desa cantidade a 200 servidores. Actualmente o número está en 400.

Nos primeiros anos, os servidores de Wikimedia utilizaron como software unha mestura de distintas versións das distribucións Red Hat e Fedora. En outubro do 2008[1] comezou a mudar os seus 400 servidores a Ubuntu, coa finalidade de simplificar a administración dos mesmos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ArsTechnica - Wikipedia adopts Ubuntu for its server infrastructure" (en inglés) (publicación web). http://arstechnica.com/news.ars/post/20081009-wikipedia-adopts-ubuntu-for-its-server-infrastructure.html. Consultado o 28/12/2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]