Conversa usuario:Alfonso Márquez
| Arquivo de mensaxes antigas: | 1 |
|
Benvido(a) á Galipedia, Alfonso Márquez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. |
||
|
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 23:11, 28 abril 2007 (UTC)
[editar] Outra benvida
Grazas pola túa colaboración. Cando desexes ou precises, sexa cal sexa o motivo, non dubides en poñerte en contacto comigo.
Ademais da Galipedia (Wikipedia galega) este proxecto achega ós usuarios outras alternativas de colaboración e/ou información:
- Commons, depósito compartido de imaxes, música e sons (máis de millón e medio de imaxes que permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial). Repara en Category:Galicia. Se desexas subir fotos a Commons, dado que precisa dunha mínima, pero importante, aprendizaxe, ponte en contacto comigo: eu guiareite para que non teñas problemas.
- Galilibros. Textos de carácter variado realizados polos usuarios co carácter didáctico e multidisciplinar.
- Galizionario. Dicionario galego
- Wikiquote. Colección de citas.
Grazas pola túa presenza. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:02, 25 agosto 2007 (UTC)
[editar] Tes un correo
Mandeiche un correo con algunhas das cousas que me comentaches no encontro e que non me deron tempo a contestarche, cando teñas un momento vótalle un ollo, pero colle unha silla! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:31, 20 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Re:Estou dacordo con Prevert...
Non podo chamar á participación, logo.
Dis que trato de impoñer. Paréceme que non. Paréceme que abrín un proceso democrático onde teño dereito a expor o meu punto de vista e rebater o contrario. Paréceme que teño dereito, que incluso é a miña obriga, chamar á participación. Ou non?
Paréceme que ó único a quen lle dixeron o que ten que facer ou non facer foi a min.
Dis ningun outro tema tivo tanto devate unhas votacións. Concordo. E ti porque pensas que se chegou a iso?
De calquera maneira, facer acusación no aire non leva a nada máis que a crear disrupción. Anímovos a que expoñades os argumentos en Revogacións. Non debo, non podo, ser administrador se perdo a confianza vosa. Seguramente dimitiría, non teño problema niso.
E non temas, a proposta das imaxes non vai saír aprobada. As matemáticas non fallan. Xa está o peixe vendido e acadar un 75% de votos favorables, a pesares das miñas supostas intrigas, vai resultar imposible, salvo sorpresas.
Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 09:39, 23 de setembro de 2011 (UTC)
-
- A Piquito pendinlle permiso para facerlle unha suxestión, non lle mandei facer nada, que non son quen para tal cousa. Propuxen que probara os sistemas, que nunca o fixera. Parece que non lle sentou mal pois púxose a ilo. Atopou algunhas dificultades e estamos a axudalo. El "gaña" porque aprende a facer cousas que non sabía, o proxecto gaña porque gaña un usuario nese eido, e o merito é todo del.
-
- Grazas polas túas palabras, e non me sentín ofendido en ningún momento, o contrario, estou moi contento polo nivel de participación no debate, inédito na Galipedia--. HombreDHojalata.conversa 10:51, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- E a miña suxestión ven na liña do que di a política oficial Wikipedia:Votacións: A participación nas votacións, ao contrario que nas simples conversas de debate, está restrinxida a certos usuarios con experiencia ..."--. HombreDHojalata.conversa 10:53, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Grazas polas túas palabras, e non me sentín ofendido en ningún momento, o contrario, estou moi contento polo nivel de participación no debate, inédito na Galipedia--. HombreDHojalata.conversa 10:51, 23 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] RE:Imaxes a Commons
Paréceme ben a túa postura, e tes toda a razón en que esta votación está dando un xogo que non vin dende o todo o tempo que levo aquí. Penso tamén que, independentemente do resultado final, a cousa é boa para a Galipedia porque está demostrando que hai unha comunidade ben comprometida co proxecto. E iso é importante porque sin xente isto non vai para adiante, e ademáis é como dis ti, si os obradoiros tiveran tanto movemento como esta votación ían ser ¡a repanocha! :). Pero claro, unha votación é un feito puntual que case todos podemos seguir e participar, en cambio un proxecto da moito traballo e, quen máis, quen menos estamos ata as orellas. Pero como din por aí, pouco e pouco :).
Eu tamén sinto que desta volta non estemos dacordo pero como dis esta votación da para pensar un rato e aínda quedan bastentes días, eu penso que aínda podo contar algunha historia máis na conversa así que non te perdas os próximos capítulos ;). Saúdos e a mandar!, --Elisardojm (conversa) 23:04, 24 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Citas
Ola, Alfonso. Por unha cuestión de estilo. Van ou entre medias ou ao final dos parágrafos da cabeceira. Fíxate noutros artigos como os de Ramón Piñeiro ou Ben-Cho-Shey. --Atobar (conversa comigo) 09:24, 26 de setembro de 2011 (UTC)
- Penso que non. O aviso telo abaixo, nunha sección, e non ao comezo, é por iso que calquera pode tocalo sempre que non sexa a partir do marcador. --Atobar (conversa comigo) 09:46, 26 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] RE: Carl von Linné
Boas, Alfonso. Perdoa se causei algún problema, pero é que non vin o marcador {{Entradución}} ata que xa fixera as edicións e por iso cho puxen ao comezo do artigo e así se decatase todo o mundo. En canto ao dos marcadores, aí si que non teño desculpa, restáuroos de contado. A única observación é que teñas máis tino ao traer marcadores doutros wikis porque cómpre indicalo no resumo, e non o podes deixar así (con ligazóns en vermello). Ten en conta que na Galipedia o modelo "Documentation" de en.wp é {{Uso de marcador}} e cómpre cambiar este tipo de cousas ao facer o traslado (así). Máis nada e desculpa. A seguir traballando! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:40, 26 de setembro de 2011 (UTC)
- Non pasa nada, ho. Para calquera dúbida que teñas ao respecto xa sabes onde estou para axudar. E recomendo que poñas o marcador {{Entradución}} ao comezo do artigo para evitar ao máximo futuras edicións indesexadas mentres esteas traballando nel. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:40, 26 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Teúrxia
Alfonso: en galego, teúrxia. Fonte: Gran Xerais. --Atobar (conversa comigo) 15:28, 26 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Re:Lameiro
Esa pregunta teslla que facer a el. Segundo dixo tomou un ano sabático por cansanzo [1] --. HombreDHojalata.conversa 17:31, 2 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] RE:Modelo:Usuario Firefox2
Grazas. Fixen outro porque o Modelo:Usuario Firefox non quedaba aliñado na páxina de usuario con respecto as outras caixas de usuario e non o modifiquei porque o mellor o creador non lle gustaba. -- Vivaelcelta {conversa · contribucións} 16:23, 6 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] + de 4.000 artigos únicos creados
Moitos parabéns, Alfonso! [2] En cousa de meses todo apunta a que chegarás a ser o editor con máis artigos creados. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:55, 11 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Mitoloxía galega
Bos días Alfonso. Vexo que andas trebellando no artigo Mitoloxía galega e permítome o consello de que consideres a conveniencia de facelo. Este artigo non se pode manter baixo ese título xa que o contido nada ten que ver, salvo un pouco da introdución, coa mitoloxía galega. Na páxina de conversa verás que tódolos que opinamos aí estamos en conta da estrutura e contido actuais do artigo. Mesmo Xoio que foi o seu autor. Este é un artigo a borrar (ou refundir con Historia de Galicia, non sei), polo que todo o que fagas agora vai perderse. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:08, 15 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Parroquias
Alfonso, creo que te confundes cando mudas nos artigos de lugares a [parroquia] por [Parroquia eclesiástica galega|parroquia]. Os nosos artigos de parroquias e lugares veñen do nomenclátor da Xunta, e fan referencia as parroquias civís. A ligazóns correctas serían, por tanto, [parroquia civil|parroquia] ou [parroquias de Galicia|parroquia]. --. HombreDHojalata.conversa 08:47, 27 de decembro de 2011 (UTC)
- Quería agradecerche o brutal traballo que estas a facer no eido dos homónimos. Máis nada. --. HombreDHojalata.conversa 16:42, 4 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] enlaces
Ola, Alfonso. Os enlaces externos deste artigo non funcionan (o do Concello de Malpica e o da Deputación. Saúdos
[editar] Casas de concellos
Moi boas rapás!!. Colle folgos que se non vas reventar! ;). Teño que preguntarcho, ti, ¿es un home ou unha máquina? :DD.
Mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos), Coristanco, Zas, Laxe... Se che cadra de dar unha volta por eses sitios adiante coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver cando nos vemos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Homónimos
Ola Alfonso Márquez. Gran traballo o que estás facendo cos homónimos, ademais moi útil. Nos homónimos hai unha canteira enorme, é desas tarefas que parece que nunca se acaba. Os compañeiros da Galipedia temos que estar agradecidos polo labor que fas. Parabéns polo resultado e grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 25 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Ésta -> Esta
Boas compañeiro. Nesta edición túa sobre o artigo Copa de Europa 1985-86 fixeches un troco que considero un erro, porque non é "Esta tempada...", senón, "Ésta foi a primeira...". Se cadra estou enganado, pero coido que cando actúa como pronome, "ésta" ten que levar til. Sácame do erro se estou enganado. Saúdos. -- JonnyJonny (conversa) 00:08, 27 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Ligazón externa en Numismática
Ola. Engadín unha ligazón externa no artigo Numismática, que ti creaches (se non me equivoco), e repasando as ligazóns atopo unha que semella ter pouca relación co contido do artigo. Trátase de BCU Museo Numismático (Billetes e Moedas). Penso que non é convinte poñer unha ligazón ó Banco Central do Uruguai e que o mellor sería borrala. Estas dacordo? Grazas. --AArizaga (conversa) 08:13, 30 de marzo de 2012 (UTC)