Conversa usuario:JaviP96

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de vellas conversas
Arquivo de vellas conversas
Benvido(a) á Galipedia, JaviP96!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:25, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Boas Javi, deixei unha mensaxe na conversa da páxina da evolución da Galipedia na clasificación segundo os 1.000 artigos para avisar que hai que cambiar o título dunha das columnas (cambiar media por mediana). Faríao eu pero non me levo ben coas táboas. Bótalle un ollo! Por certo, dame que este mes subiremos uns cinco postos na clasificación. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de xullo de 2013 ás 18:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, a verdade é que era ben doado de facelo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de xullo de 2013 ás 23:00 (UTC)[responder]
OK! Xa deixo o aviso, --Xosé Antonio (fálame sempre) 3 de xullo de 2013 ás 22:13 (UTC)[responder]

Problemas técnicos[editar a fonte]

Boas Javip96!! Antes de nada, parabéns polo traballo cos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter!!! Teño un problemiña cun artigo que creei onte, en LXI Festival de Ópera da Coruña cando o vexo con Explorer as imaxes tiran para abaixo o texto, sabes que é o que pode pasar? É raro, porque no LX Festival de Ópera da Coruña tamén hai dúas imaxes e ningunha dou ningún problema. Moitas grazas, unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 08:27 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 4 de xullo de 2013 ás 12:29 (UTC)[responder]

Por certo, fixen o seguinte comentario aquí. Bótalle un ollo cando poidas. --Paradanta (Cóntame) 4 de xullo de 2013 ás 12:33 (UTC)[responder]

Antes de borrar hai que modificar en wikidata[editar a fonte]

Ola Javi.

Cando movas unha páxina, vai a Wikidata e fai a modificación correspondente.

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2013 ás 20:17 (UTC)[responder]

Wiki uzbeca[editar a fonte]

Como dis ti, ala eles, pero que nos birlen o primeiro posto dese xeito non semella xusto. A min xa me extrañaba o crecemento desta wiki, pois recordo que hai uns meses estiven axudándolles a corrixir os nomes dos concellos galegos (estaban case todos co nome en castelán) e daquela estaban a bastante distancia de nós en número total de artigos (non recordo, pero terían 30 ou 40 mil), e que agora teñan 130.000! En fin ala eles, pero como enciclopedia de consulta non parece ser moi recomendábel. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de xullo de 2013 ás 13:22 (UTC)[responder]

Parabéns![editar a fonte]

Segue co bo traballo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 00:17 (UTC)[responder]

RE: Varias cousas sobre o portal da Ópera[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Grazas polas modificacións que fixeches no portal e polas recomendacións que me fixeches, o do artigo destacado xa está solucionado, o das imaxes tereino en conta para o futuro, e o de poñer un "ver máis" no destacado non o sei facer, tería que mirar con máis calma. O traballo no portal é modesto, non teño moita idea de técnica pero faise o que se pode, esperemos que no futuro se animen máis usuarios e hai máis artigos longos e se poden incluir máis contidos ao portal, pouco a pouco, polo momento con darlle difusión ao tema no pouco tempo que teño me conformo. Unha aperta e parabéns polo teu traballo e polo cargo de administrador!! Piquito (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 07:59 (UTC)[responder]

Títulos en cursiva[editar a fonte]

Moitas grazas, Javi. Xa arranxei así o artigo Sepia (xénero). O que non son aínda capaz de resolver é o das interwikis.--XoioÉche o que hai 9 de xullo de 2013 ás 13:59 (UTC)[responder]

Administrador[editar a fonte]

Veño de concederche os dereitos adminitrativos (perdoa a tardanza...). Úsaos con sabedoría. Parabéns! --Toliño Fala aquí comigo 10 de xullo de 2013 ás 09:16 (UTC)[responder]

Fun, grazas ás túas ensinanzas. O sexa que, grazas!.--XoioÉche o que hai 10 de xullo de 2013 ás 18:37 (UTC)[responder]

Lixo en artigos válidos de pouco contigo[editar a fonte]

Boas Javi, vin que estás a marcar do Modelo:Lixo varias páxinas de pouco contido. Penso que o que estás a facer non é correcto e que non chega con que un artigo sexa curto de mais para borralo. A política di "Artigos moi curtos fóra de contexto." e eses artigos non están fora de contexto, hai páxinas que ligan (ou poden ligar) con eles, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de xullo de 2013 ás 11:34 (UTC)[responder]

Jose Enrique Porto Lareo[editar a fonte]

Hi. I'm sorry. I tried to translate the article as best as I could into Galician. :-( Not with Autotranslate though: I went to an existing article of a Galician Olympian in this wiki to use as a model, and then filled in some of the blanks with Google Translate. My bad. I was trying to create the article of a Galician who won two Paralympic medals at London 2012. Would it be possible for you to help me with this, or maybe you could point me to someone who can? There is so little information about Galician Paralympians in this wiki. I would really appreciate it. Thank you, LauraHale (conversa) 11 de xullo de 2013 ás 20:45 (UTC)[responder]

Boas JaviP96!! O logo tireino dunha web, non lembro cal era e non consigo atopala na internet. A imaxe penso que haberá que modificala, xa que vendo a web da formación o que temos na wiki non coincide co que empregan eles (fondo azul e letras brancas), non sei se se pode meter como unha modificación deste ou se hai que borrar o que xa temos e meter un novo ficheiro. O logo pode ir perfectamente, dende logo para min non hai dereitos aplicables para un texto sobre un fondo azul. Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de xullo de 2013 ás 22:07 (UTC)[responder]

Certo JaviP96, eu non son o autor, mais como indica o letreiro da licenza a imaxe Esta imaxe, ou o texto representado nela, consiste só en formas xeométricas simples e/ou texto. Isto non alcanza o limiar de orixinalidade necesario para que estea protexido por dereitos de autor, polo tanto, está no dominio público, pasa o mesmo co logo de Lempäälän Kisa (hóckey sobre xeo), que se trata de texto, a única diferenza é que si especifiquei de ónde viña a imaxe, polo demais non hai absolutamente ningunha diferenza. Un saúdo!! Piquito (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 22:44 (UTC)[responder]

Como a imaxe só é un texto cunhas cores non se lle poden atribuir dereitos de autor e polo tanto está no dominio público. Aínda que esté quitada dunha web que teña todos os dereitos reservados eses dereitos non se poden reservar para esa imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xullo de 2013 ás 00:10 (UTC)[responder]

RE: Charlotte's Web[editar a fonte]

Si que sufriron vandalismo, si. Lección para novos administradores: As páxinas borradas non desaparecen por completo, os administradores podemos seguir véndoas e recuperalas. Pódese pedir aos stewards a eliminación completa de determinadas revisións dos servidores da Wikimedia, pero só en casos contados (información persoal, por exemplo).

O tema que sacas é xa un tema de vello, de antes do teu rexistro aquí. Se queres ver os vandalismos podes ir aos historiais das respectivas páxinas e verás que aparece o texto "Quere ver ou restaurar x edicións borradas?" (en "Charlotte's Web" verás só unha edición borrada que leva á páxina "Charlotte's Web (novela)", que é a que ten todos os vandalismos borrados). Non quero aburrirte moito co tema, que foi un problema molesto no seu momento, así que podes botar un ollo ao resumo que fixen para o Xornal da Galipedia: Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-04-2011/Falcatruadas.

De todas formas, a cousa calmou e agora semella que as proteccións xa non son necesarias. Procedo a desbloquear as páxinas, pero quedo cun ollo enriba delas non vaia ser o demo... Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14 de xullo de 2013 ás 13:41 (UTC)[responder]

Movemento[editar a fonte]

SI, tes toda a razón. A referencia é o dicionario da RAG, que ten máis ascendente có catálogo da UVigo. :) Agradézoche moito o comentario. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de xullo de 2013 ás 10:09 (UTC)[responder]

Ola, Javi, desfixen un borrado que fixeras. É o que corresponde ao artigo do ciclista paralímpico Porto Lareo. É un artigo que ten un marcador de atención, e que polo tanto o que hai que facer con el é revisalo, corrixilo e melloralo. Se consideras que os seus contidos non son relevantes, ou que ten outros problemas, pódese propor unha votación para o seu borrado. Pero non se debe borrar sen unha opinión da comunidade un artigo recente, con algo de contido, aparentemente relevante para a wikipedia, que está ben categorizado e escrito en galego (aínda que sexa nun mal galego). Se tes dúbidas sobre o que fixen, un pracer falalo. Saúdos. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xullo de 2013 ás 18:17 (UTC)[responder]

Ben, non quería entrar en moito debate con isto. O que quería dicirche é que a decisión de borrar non a debamos tomar de forma rápida. Non pasa nada (o bo da wikipedia é que nunca pasa nada, nunca vai morrer ninguén), pero o artigo era relevante, estaba mal (pero non estaba fatal), era perfectamente comprensible e necesitaba retoques. Ou, polo menos, a decisión de borrar non era clara. Antes ca ti pasou outro administrador e decidiu non borrala. Non digo nin que un teña razón nin que a teña o outro. Creo que como administradores debemos actuar prudentemente, buscando sempre a solución menos drástica, porque isto é unha casa de consenso, non de regras severas. Pero tampouco fagas disto un tema importante. É un comentario do que humildemente creo que é mellorable, nada máis. ;) Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xullo de 2013 ás 19:42 (UTC)[responder]
Non creo que a wikipedia sexa o código penal nin un sistema de xustiza. Hai artigos que se borrarán e outros se manterán sendo traducións automáticas. Dependerá de moitos factores. A norma sobre a prevención ante traducións automáticas é da galipedia, non é unha norma de varios wikis, e en realidade responde tanto ás intencións dos editores como ao resultado. Ese é polo menos o meu punto de vista. ;) Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xullo de 2013 ás 20:16 (UTC)[responder]

Desfixen o traslado "Historia de Seúl" -> "Seúl" que fixeches para a fusión de historiais antes de que acabases, porque considero que non é axeitada neste caso. As páxinas proceden de orixes distintas e son de temas diferentes (un máis amplo có outro). Ademais, a primeira debería chegar a ser un artigo no futuro, de modo que estaría ben conservar o historial cando suceda. --Toliño Fala aquí comigo 18 de xullo de 2013 ás 13:29 (UTC)[responder]

Restauráronse, si. Tiñas que desfacer a túa última edición (só a última). --Toliño Fala aquí comigo 18 de xullo de 2013 ás 14:05 (UTC)[responder]

Portal da Ópera[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Como vin que tiveches unha certa implicación nos inicios do Portal:Ópera... que pensas desto? Esperemos que pouco a pouco a xente se vaia animando a visitar os portais, a participar nas votacións e mesmo a propoñer artigos ou imaxes para destacar ou melloras no propio portal. Unha aperta! Piquito (conversa) 19 de xullo de 2013 ás 09:28 (UTC)[responder]

Marcador[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Xa sei que andas de vacacións, mais cando podas lémbrate do artigo Autoridade Nacional Palestina, xa que hai 2 meses que ten un marcador de "en tradución". Non retirei o marcador porque entendo que estás a traballar nel. Lémbroche que tes outros moitos artigos con marcador "en uso" (Invasión soviética de Afganistán, Rosa Luxemburg e Diego Velázquez... non sei se hai algún máis). Vexo que tes o mesmo problema ca min, andas a moitas cousas, jajaja. Piquito (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 12:50 (UTC)[responder]

Imaxes do novo portal[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Que tal as vacacións? Creei o Portal:Ballet, mais non sei moi ben cómo facer para que as imaxes destacadas saian centradas, collín a base do Portal:Ópera para as do ballet, máis algunhas como a 1 e a 3 (a 2 é a única que aparece centrada) aparecen na esquerda do cadro. Unha aperta meu!! Piquito (conversa) 17 de agosto de 2013 ás 22:10 (UTC)[responder]

Traslado[editar a fonte]

Ola Javi. Podes trasladar Xénova - Genova a Xénova? Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de agosto de 2013 ás 00:05 (UTC)[responder]

Javi. Cando movas nos esquezas modificar os interwikis no wikidata. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 23 de agosto de 2013 ás 07:06 (UTC)[responder]
;-) Debería amañalo un bot, mais non me consta que ningún o faga. --. HombreDHojalata.conversa 23 de agosto de 2013 ás 10:04 (UTC)[responder]

Votación dos cambios de políticas[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Hai tempo que está parada a discusión sobre os cambios nas políticas para os artigos de calidade, vendo que non hai máis opinións dende hai varios meses penso que é o momento de comezar a votación. Como debo facer para iniciala? Cres que será mellor abrir unha votación para cada punto ou pódese facer unha votación na que se voten varios puntos individualmente? Non houbo debate sobre o tema de que as listas podan ser artigos de calidade, penso que é algo que se debería especificar, xa que a miña proposta foi rexeitada por varios usuarios polo simple feito de ser unha lista cando en ningures di que as listas non podan ser artigos de calidade. Sobre a túa proposta de crear artigos bos, creo que deberiamos facer unha votación para definir se creamos esta categoría ou non, dado que ti foches o impulsor da idea pediríache que se concordes propoñas ti a votación, aínda que eu non teño inconvinte en propoñela se o prefires. Xa para finalizar, penso que deberiamos abrir un debate para poñer unha sección de actualidade na portada, somos das poucas (ou mesmo a única) Wikipedias de máis de 100.000 artigos que non temos esta sección. Xa me contarás, parabéns unha vez máis polo teu traballo!! Unha aperta!!! Piquito (conversa) 23 de agosto de 2013 ás 12:43 (UTC)[responder]

Ola JaviP96. O artigo Antonio Lagares Fernández leva máis dun mes co modelo {{en uso}}, posto por ti. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de agosto de 2013 ás 02:09 (UTC)[responder]

Votación artigos de calidade[editar a fonte]

Boas JaviP96! Na miña páxina de usuario deixei feita (ou a medio facer) a votación para mudar as políticas de artigos de calidade, podes lela e modificala como queras, e se queres eliminar ou engadir algún punto faino con total liberdade (o digo porque había puntos cos que non concordabas), se queres podes facer as modificacións directamente na miña páxina de usuario ata que teñas a versión definitiva (o único que te vou pedir é que logo o borres :)). Se che parece ben todo ou xa modificaches o que querías, podes retirar os concordos que puxen, copiala e crear ti a votación se queres. Agora a xente está a voltar das vacacións, así que seguro que hai unha participación importante. Eu voume manter á marxe das políticas (votarei e opinarei se o considero oportuno e se teño interese no asunto) e voume adicar únicamente a editar e engadir imaxes se é o caso, que é o que me interesa e para o que participo nesto. Un saúdo!! Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 16:00 (UTC)[responder]

Vexamos, sobre o primeiro dos puntos que me comentas, a sección "Período de votación" sería para min o lugar indicado para esta indicación (de feito nalgún momento o pensei, mais logo non me lembrei de poñelo). Sobre o segundo, é certo que este punto é ambiguo, penso que podería quedar algo así: Se unha tradución é completa debe ter o dereito a ser artigo de calidade, e se non ten referencias a Galiza se o tema tratado as ten xa non se pode considerar completa, é unha explicación, pero creo que o mellor será ir moi finos para que non haxa lugar a dobres interpretacións, que todo estea moi claro para que todo o mundo saiba qué é o que está a votar. Por outra banda se pode engadir: O feito de que un artigo estea traducido dunha Wikipedia na que é artigo de calidade non implica que na Galipedia teña que ser de calidade, e deberá conter referencias a Galiza no caso de habelas, e cumprir cos requisitos anteriores (vamos, os que hai ao principio do enunciado). Modifiquei unha frase (en negras está o engadido): Este punto (o 2.5) pode levar a galeguizacións artificiais (lembro que a raíz das referencias a Galiza, na elección para artigo de calidade de Alzamento de Pascua algún usuario propuxo crear unha sección na que se recolleran as influencias do Alzamento no nacionalismo galego, algo que non hai). Sobre este asunto pode engadirse: En ningún caso se deberá caer nunha excesiva galeguización dos artigos, creándose artigos secundarios que falen dese tema en Galiza (por exemplo, no artigo rugby facer unha sección de "Rugby en Galiza" cun artigo principal que sexa Rugby en Galiza). Para min un exemplo de excesiva galeguización sería por exemplo o artigo da vaca (a propia sección da vaca en Galiza, a galería de imaxes só de Galiza, e a sección de heráldica que só conta con referencias galegas e o único prisma é o galego), pero eso é unha idea persoal e se cadra cada quen debera expresar a súa opinión no momento da votación en lugar de regulalo todo (algo que non considero bo nin agradable). Visto o visto se cadra habería que facer unha votación para ver qué artigos poden ser ou non candidatos, o digo polas listas, aínda que para min dende logo é un debate absurdo, o que conta é a información que aportan os artigos e non a súa natureza (se son listas ou redaccións), porque lóxicamente eu non podo redactar as composicións de Sibelius, terei que facer unha lista delas, e se Haydn tiña 120 sinfonías (non lembro o número exacto) non se van meter no corpo do artigo (molestan máis que outra cousa), pero bueno, hai que meditalo, creo que máis que facer eso hai que concienciar aos usuarios de que as listas son útiles (cousa que algúns usuarios xa manifestaron públicamente que discordan), creo que os tiros van máis por ahí. Vamos vendo cómo vai a cousa, calquer cousa podemos chegar a acordo, engade o que queras e borra, tampouco me tes nin que pedir permiso nin dar explicacións. Un saúdo!! Piquito (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 23:04 (UTC)[responder]

Tristan und Isolde[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Engadín unha táboa cos números musicais no artigo Tristan und Isolde mais, sabes como se unen celdas dentro dunha mesma columna? Por exemplo na primeira e segunda columna das escenas 2 e 3 do Acto II. Polo demais o artigo xa case o dou por finalizado, meterei algo máis de en.wiki e o pouco que poda ter por casa. Por certo, fixen unha proposta na taberna ("Peche de ano"), se podes pasarte a opinar e/ou darlle difusión... Grazas e unha aperta! Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 00:11 (UTC)[responder]

Grazas!! Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 00:32 (UTC)[responder]

Boas JaviP96!! Sobre o que me comentas das citas: a primeira a cambiaría ao que propós, a segunda cambiaría "corazón sanguento" por "corazón sangrante" (non hai que esquecer que se trata dunha frase en alemán, ademais ten unha carga dramática maior que o que propós, aínda que a frase non poda parecer moi galega, é o que penso eu), mirarei o das ligazóns internas no argumento (agora ando co artigo do acorde de Tristán, así que farei o que poida, tamén quería meter algúns contidos máis de en.wiki e de bibliografía para acabar de completalo máis se cabe, así que eso se non che importa será do último que me encargue), sobre a última proposta túa é certo que non son poderes máxicos, mais cres que non é acertado o que está escrito? Só se pode empregar "poderes" falando de algo máxico ou sobrenatural? Se é así cámbiao sen problema. Moitas grazas por revisar o artigo e aportar melloras!! Para calquer dúbida aquí estou, Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 22:31 (UTC)[responder]

Pois cambiao sen problema, tes razón, pode dar lugar a equivocacións. Sinto non poñerme eu a elo, ando liado co artigo do acorde. Piquito (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 22:52 (UTC)[responder]

Boas JaviP96! Xa engadín máis ligazóns internas no argumento, espero che parezan suficientes (dende logo para min o son, non metería máis). Coas achegas que fixen esta noite de Eugenio Trías (podía poñer máis, pero sería un pouco denso no eido filosófico, en tal caso se pensades que non é suficiente se pode pensar en engadir algo máis) dou por concluído o artigo, por contido (é con moito o máis longo de todas as wikis) e referencias (o que máis ten) non será, eu máis non podo facer, se me esgotan as fontes e penso que o salientable xa está (e máis aínda, pero discrepar é entendible). Agora crearei o artigo "Liebestod" e rematarei o do acorde de Tristán, penso que con eso debera chegar para ser de calidade, en calquer caso se se che ocorre algo que poda mellorar o artigo dimo e tentarei solucionalo se podo. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 23:11 (UTC)[responder]

Bueno, ti leo con calma, unha cousa é o que eu diga e outra ben distinta é que o artigo sexa de calidade :). Do domingo ao xoves non estarei, e antes e despois estarei a medias como esta tempada, tentarei solucionar as eivas o antes posible. Piquito (conversa) 5 de setembro de 2013 ás 00:00 (UTC)[responder]

Ao final non puiden rematar o artigo do acorde de Tristán antes de hoxe, como vou estar uns días ausente tentarei rematalo e revisalo cando volte o xoves. Non estou acostumbrado a traballar sobre harmonía en inglés e vou ter que revisar todo o artigo cando o teña traducido, de todos xeitos non queda moito e non semella moi complicado. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de setembro de 2013 ás 12:11 (UTC)[responder]

Boas JaviP96! Copio as túas notas e engado en negras as observacións:
  • No apartado de representacións, no terceiro parágrafo pon: "O estrés de representar Tristan und Isolde tamén reclamou as vidas", reclamar as vidas non me parece a mellor expresión, creo que polo menos debería estar entre comiñas coma na wiki inglesa. Feito! Feito! puxen comiñas". Dous parágrafos máis adiante pon: "mais a ópera só se ofreceu", non me cadra moito o verbo ofrecer para unha ópera, non sería mellor representar? Eu non lle vexo problema a "ofrecer", suponse que sendo no Festival de Bayreuth foi representada, mais coas óperas hai o problema das versións de concerto (co ballet por exemplo non pasa, ou é ballet ou é a Suite do ballet X); eu supoño que foi unha versión escenificada e non de concerto (unha versión con orquestra, coro e solistas sen decorados, nin vestidos, nin dramatización... algo extraño pero que lamentablemente -alo menos para min- se acostuma a facer como "opción económica", o Festival da Coruña nos últimos anos fai unha ópera en versión de concerto, este ano tocoulle a esta), total, que para min non está mal, se cres que pode confundir á xente podes mudalo por "levar a cabo", "realizar"... no caso das estreas é doado porque non coñezo ningunha ópera que se estreara sen escenificación.
  • En reaccións, na primeira cita dun xornal cambiei por unha respiración por exhalación, que creo que dá máis idea de brevidade, que entendo que é ao que se refire e na mesma cita non me queda claro o de "vivir a vida das rulas", que se refire a namorados? Paréceme ben o cambio que fixeches, sobre o das rulas... refírese aos namorados, entendo que é unha tradución dunha redacción poética do xornalista que escribiu a orixinal no seu tempo, polo que o deixaría igual, e se acaso aclararía o de namorados cunha nota ao pé (mais penso que todo o mundo entende a que se refire coa vida das rulas)
  • No parágrafo seguinte: "cuxos intestinos se desenrolan lentamente do seu corpo nun rolo." paréceme algo redundante, non se pode quitar o de "nun rolo"? Feito! Feito!
  • No parágrafo no que fala de Mark Twain, creo que é mellor cambiar "comunidade" por sociedade Feito! Feito! e "sa" por corda. Esto como vexas ti, se entendemos que os tolos son enfermos mentais podemos aceptar "sa", mais penso que é un detalle sen importancia, eu vexo igual de ben tanto a unha como a outra.

Non sei qué opinas, se cres que pode haber algún problema de comprensión cambiao líbremente. Non revisei as modificacións que fixeches, fíome de ti. Grazas polas túas achegas para a mellora do artigo, é unha mágoa que a proposta non teña case repercusión, podería haber máis achegas, puntos de vista e un artigo de calidade da categoría de arte (está mal que o diga eu pero non creo que desmereza a outros artigos de calidade por extensión, información e referencias), pero bueno, outras propostas chegarán que interesen máis á comunidade. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de setembro de 2013 ás 13:58 (UTC)[responder]

Concordo coa túa corrección, podes deixala así. Perdoa que non o faga eu, agora estou a darlle voltas ao acorde de Tristán. Saúdos!!! Piquito (conversa) 13 de setembro de 2013 ás 21:50 (UTC)[responder]

Grazas JaviP96! Mais sobre todo grazas polas túas aportacións para a mellora do artigo, sen elas non sei se tería saído. Apertas!! Piquito (conversa) 21 de setembro de 2013 ás 20:04 (UTC)[responder]

Clasificación de setembro dos 1000 artigos[editar a fonte]

Boas Javi, supoño que va viches a clasificación de setembro. Doutra volta nos quitaron a ligazón dun artigo dos 1000, o do Tabaco que alguén ligouno á páxina da planta. Desde logo hai xente que fai cambios con moita lixeireza pois, a nosa páxina fai referencia á planta mais fala primordialmente do tabaco como produto de consumo polo cal a ligazón estaba ben. Quizais conveña facer unha páxina para a planta para evitar a estos espabilados, que opinas? Outra cousa, na clasificación de crecemento volvimos a quedar de terceiros (+0,98) empatados con outra wiki que agora non lembro cal é, porén non aparece recoñecido ese posto (mesmo se lle dan o terceiro posta á outra wiki, corresponderíanos a mención honorífica que tampouco nola dan); encargáste ti do asunto? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de setembro de 2013 ás 18:27 (UTC)[responder]

Si, isto semella un cachondeo, os usbecos auténticos xa baixaron o ritmo (este mes creceron unhas poucas centésimas), pero agora saen os chechenos que obtiveron o segundo posto deste mes e subiron case 10 puntos!! nos últimos catro meses. Por un lado pensas alá eles, mais por outro amólache que estés a traballar tratando de facer artigos decentes e despois non se vexan recoñecidos por culpa destes espabilados. En fin, é o que hai, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de setembro de 2013 ás 09:40 (UTC)[responder]
A ver que che contan os administradores da páxina. O que me contas do texto oculto é intolerábel. Se todos facemos o mesmos medramos lixeiriños. Supoño que nos darán a razón e mandaranlles eliminar ese texto. Sobre a planta do tabaco, voullo comentar a Nachonion que está posto non tema botánico, e a ver se se anima a facelo. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de setembro de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]
Xa fixo Nacho o artigo da planta do Tabaco. Espero que por aquí non amolen máis. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de setembro de 2013 ás 00:55 (UTC)[responder]

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:10 (UTC)[responder]

As preferencias de cada un son iso, preferencias, logo entre todos os que esten interesados en asistir teremos que mirar o sitio e data que mellor nos vaia. Se che interesa asistir apúntate alí indicando a túa dispoñibilidade segundo poidas e logo xa veremos por ónde sae a cousa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2013 ás 11:53 (UTC)[responder]

Puntos cardinais[editar a fonte]

Boas Javi. Nesta edición corrixiches un punto cardinal, pero aínda así quedou mal, porque os punto cardinais son palabras normais, é dicir, van en minúscula a non ser que estean a principio de oración. Dígocho para a próxima vez. :) Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de setembro de 2013 ás 03:31 (UTC)[responder]

Imaxe para borrar[editar a fonte]

Boas JaviP96! Poder borrar Ficheiro:Gaby Cairo.JPG? Confundinme de persona e a que é non ten relevancia. Grazas!!! Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 14:03 (UTC)[responder]

O do nome non sabía moi ben como poñelo posto que pode confundirse o estado de Xeorxia co país por iso a primeira páxina que creei é Duluth (Xeorxia), Estados Unidos pero ao ver que noutras wikis viña como Duluth (Xeorxia) pensei que era así.

Respecto ao da caixa espera un pouco que ainda non terminei de editar o artigo.

Un saudo--AMPERIO (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 14:33 (UTC)[responder]

RE: Votación[editar a fonte]

Boas JaviP96! Grazas por crear a votación, creo que hai cousas mal plantexadas que se deberían ter tratado máis antes de abrir a votación, xa asumín a miña culpa no primeiro apartado. Eu comentarei se creo que teño que puntualizar algo, mais non vou votar, decidín non participar nas políticas e tamén por eso non me molestei demasiado en preparar a votación, agora prefiro andar ao meu. Unha aperta!! Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 21:20 (UTC)[responder]

Tampouco vou avisar a ningún usuario, se se anuncia a votación xa chega. Apertas! Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 21:32 (UTC)[responder]

Boas JaviP96! Están xurdindo diversas cuestións na votación que hai que aclarar. Cando puxen na miña páxina de usuario a votación e te avisei o fixen dicíndoche que eu xa non ía traballar máis nela e que fixeras o que quixeras con ela, que editaras libremente na miña páxina de usuario. Pois ben, presentaches a proposta sen rematala e sen preguntarme qué opinaba do que había cando eu mesmo te dixera que había que presentala dun xeito moi claro para que non houbera ningunha dúbida en ningún apartado. Xa pedín varias veces desculpas polo estado da proposta (hai bastantes cousas que non están de todo claras), creo que deberas explicar algúns dos puntos non que non están as cousas claras, xa que ti decidiches presentar a proposta así (como te dicía no seu día "a medio facer") e non creo que teña que dar eu explicacións de nada, porque aínda que a firmei, o fixen máis por compromiso que por outra cousa, xa que como ben te comentei no seu momento a partir de agora vou pasar das políticas e non vou tan sequera votar a proposta. Un saúdo! Piquito (conversa) 3 de outubro de 2013 ás 07:58 (UTC)[responder]

Boas JaviP96! O problema non é que a presentaras ou a deixaras de presentar, eu xa che dixen (creo) que non non ía redactar a proposta porque non quero meterme nas políticas, pero se a presentas porque te parece que está ben (algo que é lícito e que eu non te vou prohibir, faltaría máis) creo que debes aclarar ti as dúbidas e non eu, a miña mensaxe ía por ahí. Non expresei disconformidade porque non me preguntaches qué me parecía (certo é que seguramente te tería dito que tiraras con ela para diante porque o pouco tempo que teño o prefiro adicar a crear e ampliar artigos sobre a música clásica e non a ler políticas ou artigos para destacar -outro conto son os de calidade-), pero eso é igual, está feito e agora o que hai é que aclarar eses pequenos detalliños para que a xente poda votar con total coñecemento. Por outra banda, nos falta só un artigo de calidade para chegar aos 20... ves algún con posibilidades? Algún sobre historia pode ter potencial para ser o 20º? Vin que HombreDHojalata propuxo o artigo guerra sucia en Arxentina para destacado, que ten un aspecto impresionante, eu non o lin, pero vin que votaches... o ves para calidade? Penso que pode ser unha boa opción, aínda que eu lle mudaría o nome a "Terrorismo de Estado en Arxentina". Un saúdo! Piquito (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 20:33 (UTC)[responder]
Pareceme razoable o que apuntas sobre o artigo da guerra sucia en Arxentina, eu non o lin, preguntábache porque xurdiu, pero paréceme que tes razón. Piquito (conversa) 12 de outubro de 2013 ás 21:31 (UTC)[responder]

Por outra banda, tentei mudar un pouco a apariencia do Portal:Ópera para asemellalo ao Portal:Ballet (que copiei do que crearas da II Guerra Mundial), mais non controlo moito (mellor dito, non sei nada) sobre técnica. Podes mirar o xeito de que as dúas columnas estean á mesma altura, que o espacio entre os diferentes cadros sexa o mesmo, e se é posible que entre o cabezado de cada cadro e o texto haxa un pequeno espacio (, non como ocorre nos cadros de "Actualidade", "Sabías que...", "Artigos de calidade" e o propio cadro da introdución)? Perdoa polo curro. Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 12 de outubro de 2013 ás 21:39 (UTC)[responder]

Non toques[editar a fonte]

Acabas de mete-la zoca no artigo Quadragesimo Anno e mandache a tomar polo cú o que estaba engadindo. Dúas recomendacións:

1. Antes de poñer carteliños mira día e hora de edición nan vaia ser que por unha caralladiña jodas o traballo de alguén.

2. Se ves algo mal, en lugar de dicilo, arranxao....

--Angeldomcer (conversa) 29 de setembro de 2013 ás 14:49 (UTC)[responder]

Re: Recoñecemento e Interwikis[editar a fonte]

Ola JaviP96. Estou afeito a traducir algún que outro artigo á Galipedia, pero nesta ocasión esquecín de facer o que me acabas de dicir. Espero non esquecelo para outra vez. Un saúdo e grazas polo "tirón de orellas".--Pontesiño (conversa) 1 de outubro de 2013 ás 20:29 (UTC)[responder]

Apariencia do Portal:Ópera[editar a fonte]

Así pode valer. Non quero abusar máis dos teus coñecementos. Moitas grazas! Piquito (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 19:20 (UTC)[responder]

Distritos[editar a fonte]

Grazas por amañar o modelo dos distritos de Uganda! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2013 ás 08:56 (UTC)[responder]

Traslados[editar a fonte]

Ola Javi. Por favor traslada Inglés (homónimos) a Inglés sen deixar redirección. E Modelo:REU a Modelo:GBR, xa que este último é o código internacional ISO. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de novembro de 2013 ás 16:03 (UTC)[responder]

Ortografía?[editar a fonte]

Boas JaviP96! Poderías explicarme que problema hai coa ortografía de Jesús López Cobos? Empregando o corrector ortográfico o único que di son nomes de orquestras e cidades. Grazas e un saúdo! Piquito (conversa) 12 de novembro de 2013 ás 22:12 (UTC)[responder]

Grazas! Retirei o aviso da referencia, ao ler a biografía na súa páxina web se demostra a afirmación, aínda así retoquei o cabezado. Un saúdo! Piquito (conversa) 13 de novembro de 2013 ás 21:15 (UTC)[responder]

Artigo de calidade[editar a fonte]

Boas JaviP96! Hai unha proposta para que os Estados Confederados de América sexa elixido artigo de calidade, creo que non tes moito tempo, mais se puideras botarlle un ollo ti que es entendido... eu o podo comparar (relativamente) co da wiki en inglés (que por certo é moito máis extenso), mais pode que co que ten xa sexa posible que saia de calidade (non sei, paréceme complicado pola extensión en comparación coa wiki en inglés, que supoño será a de referencia). Seguramente houbera que ampliar, mais como che digo non sei se o que hai é suficiente. Polo tema estaría ben que saíra elixido, así que se podes botarlle un ollo e propoñer calquer mellora que se che ocorra estaría ben, eu non me atrevo habendo tanta diferenza de tamaño respecto ao artigo da wiki de referencia. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 15 de novembro de 2013 ás 17:38 (UTC)[responder]

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:45 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas JaviP96! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:06 (UTC)[responder]

Grazas pola túa achega! Se queres poden contribuír en Conversa Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter a crear a lista, polo momento non hai moita actividade, eu acheguei algúns artigos que considero importantes, mais penso que ben poderías facer achegas sobre a nosa historia, eu non che son moi entendido. Por certo, parabéns polo artigo sobre Tampa, foi proposto para artigo destacado e polo que fun lendo está moi ben (xa lle corrixín o realiñamento da NHL en deportes). Que vaia ben! Piquito (conversa) 18 de decembro de 2013 ás 15:56 (UTC)[responder]

Abbásida[editar a fonte]

Boas Javi, supoño que viches na clasificación dos 1000 que nos cambiaron a ligazón do artigo Abbásida en wikidata do califato á dinastía co cal nolo quitaron dos 1000. Comezei hoxe a amplialo para que ninguén volva a ter a tentación de cambialo. Púxenme a amañar as ligazóns e conseguín quitar en wikidata a ligazón á dinastía pero non son quen de poñerlle a ligazón ao califato como estaba antes. A páxina da wikidata só me deixa ler pero non editar, fixen unha páxina de usuario en wikidata e nin con esas. A ver se podes amañalo porque non sei que é o que pasa. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de xaneiro de 2014 ás 00:49 (UTC)[responder]

Problema arranxado! Non sei que pasaba onte. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de xaneiro de 2014 ás 12:41 (UTC)[responder]

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:27 (UTC)[responder]

Moi ben, o que importa é o traballo, pero pouco a pouco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 18:58 (UTC)[responder]

Artigo de calidade[editar a fonte]

Boas JaviP96!! Sei que andas un pouco liado. Fixeron unha proposta para outorgarlle o rango de artigo de calidade ao artigo Guerras Médicas, a verdade é que non ten case referencias, mais polo tema estaría moi ben que saíra, poderías se tes algún día un pouco libre melloralo un pouco? Unha aperta!! Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 22:20 (UTC)[responder]

Galicia na Segunda Guerra Mundial[editar a fonte]

Ola, Javi! Escríboche porque veño de crear o artigo Juan José Méndez Lema, que ti ligaras desde Galicia na Segunda Guerra Mundial, por se che pode ser de utilidade.

Todo ben? Bótanse en falta as túas achegas! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xaneiro de 2014 ás 19:56 (UTC)[responder]

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas JaviP96, deixei unha proposta en Wikipedia:A Taberna (técnica) que creo que é da interese de todos. Agradeceríache que deras a túa opinión. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:59 (UTC)[responder]

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas JaviP96! Sei que non andas moito por aquí, mais fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se tes tempo e queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:44 (UTC)[responder]

Se tes un momento[editar a fonte]

Boas JaviP96! Sei que estás moi ocupado mais, se tes un momentiño podes votar un ollo a esta proposta? Unha aperta! Piquito (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 11:41 (UTC)[responder]

Antonio Fraguas[editar a fonte]

Por que se empeñan en borrar o enlace ao IES Antonio Fraguas? Creo que non é ningún lixo. Rubén López (Profesor no dito IES)

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:13 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas JaviP96!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:18 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Galicia na Segunda Guerra Mundial[editar a fonte]

Ola Javi.

Como vai a cousa?

Ten moi boa pinta o artigo de marras, que estabas a facer.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xullo de 2014 ás 09:55 (UTC)[responder]

Foi proposto para a portada --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2015 ás 11:38 (UTC)[responder]

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:34 (UTC)[responder]

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:23 (UTC)[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]

[editar a fonte]

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)[responder]

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)[responder]

Galencontro en Pontevedra[editar a fonte]

Boas, estamos organizando un galencontro en Pontevedra para o día 27 deste mes, por se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_en_Pontevedra. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 13:37 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Comentarios a colaboración con Fundación Cela[editar a fonte]

Boas, fai unhas semanas deixei un comentario na taberna sobre a posibilidade de colaborar coa Fundación Cela. Xa respondeu Estevoaei pero sería interesante que máis xente comentara o que lle parece esta iniciativa para poder contactar cos da Fundación para levar o proxecto adiante ou non. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 12:03 (UTC)[responder]

Taboleiro dos administradores[editar a fonte]

Boas a todos, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores para coñecer a vosa opinión sobre o criterio a seguir no caso dos artigos con copyvio. Un saúdo! --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]

Revogación por inactividade[editar a fonte]

Ola JaviP96. Fai pouco aprobouse unha nova redacción para a política de elección de administradores, na que se detalla un proceso de revogación dos permisos de administración por inactividade durante un ano. Como marca a política, deixoche esta mensaxe aquí e envíoche un correo para comunicarte isto. Se por casualidade estás ou tes pensado estar activo nun futuro próximo podes comunicalo no taboleiro. No caso contrario procederemos co proceso indicado na política para a revogación. Grazas por todo o traballo feito na Gali, espero que te volvas a animar e poidamos coincidir traballando aquí nun futuro próximo. Saúdos Banjo tell me 6 de abril de 2016 ás 17:12 (UTC)[responder]

Ola JaviP96. Segundo o indicado na política de elección de administradores deixoche esta mensaxe como recordatorio do proceso de revogación dos permisos de administración por inactividade durante un ano. Faremos a petición formal de revogación en Meta o día 6 de este mes. Grazas de novo e saúdos. Banjo tell me 3 de maio de 2016 ás 14:37 (UTC)[responder]
A solicitude de retirada dos teus dereitos adminitrativos fíxose efectiva. Grazas polo traballo que realizaches neste proxecto no pasado. Agardo que volvas por aquí nalgún momento. Un saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 20 de maio de 2016 ás 08:17 (UTC)[responder]

Wikimaratón urxente maña[editar a fonte]

Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)[responder]

Batalla de Francia[editar a fonte]

Boas Javi, o artigo Batalla de Francia, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 21:47 (UTC)[responder]

O Foxo, Silleda, Silleda[editar a fonte]

Boas Javi, o artigo O Foxo, Silleda, Silleda, no que es o usuario con maiores achegas, ten un aviso de posible copyvio, a ver se puideras revisalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]