Wikipedia:Modelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina explica como crear modelos. Para outros tipos de marcadores empregados, véxase Wikipedia:Mensaxes predefinidas.

Un modelo é unha páxina da Wikipedia creada para ser incluída noutras páxinas. A miúdo, os modelos conteñen material repetitivo que se debe incluír en moitas páxinas. Os modelos máis comúns son as:

Un exemplo de caixa de información é a que inclúen na parte dereita todos os concellos de Galicia: Modelo:Concello. O modelo inclúe un cadro estándar coa información máis relevante sobre o concello. Como exemplo de caixa de navegación pódese citar o seguinte Modelo:Vitaminas. Para introducilo na páxina, basta con usar o método de transclusión empregando a seguinte sintaxe: {{Vitaminas}}. Outro método de inclusión é a substitución, coa que o contido do modelo queda copiado na páxina onde se inclúa, unha vez gardada (por exemplo: {{subst:Benvida}}).

Caixas de navegación[editar a fonte]

Hai modelos que se limitan a incluír un texto invariable nunha ristra de artigos. Se se fai un cambio no modelo, ese troco propágase por todos os artigos sen ter que facer novas edicións. Así, por exemplo, para engadir o Modelo:Capitais europeas da cultura nos artigos débese inserir co seguinte código: {{Capitais europeas da cultura}}.

A continuación imos analizar un chisco o código que se utiliza para dar forma ao modelo:

{{Navbox
|name = Capitais europeas da cultura
|title = Capitais europeas da cultura
|titlestyle=background-color: #003399; color:#FFCC00;
|listclass = hlist
|image=[[Ficheiro:Flag_of_Europe.svg|60px|Bandeira da Unión Europea]] 
|list1 = 
*1985: [[Atenas]]
*1986: [[Florencia]]
*1987: [[Ámsterdam]]
*1988: [[Berlín]]
*1989: [[París]]
*1990: [[Glasgow]]
*1991: [[Dublín]]
*1992: [[Madrid]]
*1993: [[Antuerpen]]
*1994: [[Lisboa]]
*1995: [[Luxemburgo (cidade)|Luxemburgo]]
*1996: [[Copenhague]]
*1997: [[Tesalónica]]
*1998: [[Estocolmo]]
*1999: [[Weimar]]
*2000: [[Reiquiavik]] · [[Bergen]] · [[Helsinqui]] · [[Bruxelas]] · [[Praga]] · [[Cracovia]] · [[Santiago de Compostela]] · [[Aviñón]] · [[Boloña]]
*2001: [[Rotterdam]] · [[Porto, Portugal|Porto]]
*2002: [[Bruxas]] · [[Salamanca]]
*2003: [[Graz]]
*2004: [[Xénova]] · [[Lille]]
*2005: [[Cork]]
*2006: [[Patras]]
*2007: [[Luxemburgo]] · [[Sibiu]] (rexión)
*2008: [[Liverpool]] · [[Stavanger]]
*2009: [[Linz]] · [[Vilnius]]
*2010: [[Essen]] · [[Pécs]] · [[Istambul]]
*2011: [[Turku]] · [[Talín]]
*2012: [[Guimarães]] · [[Maribor]]
*2013: [[Marsella]] · [[Košice]]
*2014: [[Riga]] · [[Umeå]]
*2015: [[Mons]] · [[Plzeň]]
*2016: [[Donostia]] · [[Wrocław]]
*2017: [[Aarhus]] · [[Paphos]]
}}

Na primeira liña vemos {{Navbox. Isto indica que se está chamando a un modelo auxiliar de nome Navbox, usado para unificar o estilo das caixas de navegación en toda a enciclopedia. A continuación aparecen os parámetros: |name=, |title= e |list1=. Son valores que actúan sobre o modelo {{Navbox}} e fan referencia, respectivamente, ao nome do modelo co que estamos traballando (Capitais europeas da cultura), á cabeceira e ao corpo do modelo. Na parte final, aparece certo código (unha categoría) entre as etiquetas <noinclude></noinclude>. Isto provoca que o que está situado entre elas non se engada aos artigo que inclúan o modelo, pero si se engada á páxina do propio modelo. Neste caso, o modelo {{Capitais europeas da cultura}} está incluído na Categoría:Caixas de navegación de Europa.

Finalmente, o aspecto que ten o modelo é o seguinte:


Frecha. Volver á páxina de axuda.