Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:IW

Como extensión ás posibilidades que ofrecen as ligazóns xerais, é posible engadir ligazóns interlingüísticas a artigos sobre o mesmo tema nunha Wikipedia noutra lingua. Permiten que os visitantes poidan pasar facilmente do artigo nunha lingua a un artigo equivalente noutra lingua. Aparecen en un ou dous lados das páxinas (no estilo Monobook, o máis habitual, na esquerda, baixo "outras linguas", en Classic na parte superior e na inferior). Mostran os nomes das linguas nas que existe unha ligazón.

Linguas[editar | editar a fonte]

Estes son algunhas das ligazóns ás wikipedias en diferentes linguas, a modo de exemplo: Alemán, Árabe, Aragonés, Bosnio, Catalán, Checo, Chino, Coreano, Croata, Danés, Castelán, Esperanto, Francés, Galés, Grego, Hebreo, Hindú, Holandés, Húngaro, Inglés, Xaponés, Malasio, Nahuatl, Polaco, Quechua, Romanés, Ruso, Serbio, Sueco, Turco, Vietnamita.

Sintaxe[editar | editar a fonte]

As ligazóns interlingüísticas teñen a seguinte forma:

[[Código de lingua:Título]]

onde o código da lingua é un código de dúas letras de acordo co estándar internacional ISO 639. (Véxase Lista completa de wikipedias dispoñibles - en inglés - ). O galego é "gl", o español é "es", o inglés é "en", o alemán é "de", etc). Así, por exemplo, no artigo Esperanto, que está dispoñible en multitude de outras wiki, as ligazóns interlingüísticas terían o seguinte aspecto :

[[de:Esperanto]]
[[en:Esperanto]]
[[eo:Esperanto]]
[[es:Esperanto]]
[[fr:Espéranto]]
[[ja:エスペラント]]
[[nl:Esperanto]]
[[pl:Esperanto]]
[[simple:Esperanto]]

Estas ligazóns son tratadas de forma especial, xa que non se mostran no corpo do artigo, senón na cabeceira especial denominada "Outras linguas:" listadas por orde alfabética do nome das linguas. Poden situarse en calquera parte do artigo orixinal, aínda que o máis recomendable e a práctica habitual é colocalas ao final da páxina. Colocalas ao principio é problemático - xa que é confuso para os editores novatos e ás veces móstranse nos resultados de busca onde se desexaría ver o corpo do artigo. Por esta razón, recoméndase poñer as ligazóns lingüísticas no fondo da páxina, debaixo das seccións de "véxase tamén" e "ligazóns externas". O emprazamento non altera de xeito algún a aparencia visual das ligazóns na páxina; lístanse tanto enriba coma debaixo do artigo.

Non se debe incluír unha ligazón á páxina da lingua que está escribindo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.