Wikipedia:Mensaxes predefinidas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para simplificar as tarefas de xestión da Wikipedia existen varias ferramentas que permiten aforrar traballo. Son as mensaxes predefinidas ou marcadores, os moldes e os modelos.

Índice

[editar] Mensaxes predefinidas

Para relacionar as páxinas con características que obrigan a xestionar conxuntamente ese grupo de artigos, utilízanse marcadores (templates en inglés), que son instrucións no texto wiki que etiquetan a ese grupo.

Por exemplo, se temos un amigo wikipedista islandés que nos axuda a introducir datos sobre Islandia en particular e os volcáns en xeral pero que escribe nun galego mesturado con estranxeirismos (islandesismos), ademais de categorizar os seus artigos temáticamente en Islandia e Xeoloxía, deberíamos ilos mantendo separados para que alguén se deteña a corrixir a súa ortografía. Para iso se utilizaría o marcador {{nongalego}} ou {{traducir}}. Estes marcadores, ademáis de introducir o artigo nunha categoría, visualizan unha mensaxe sempre igual, parecida a "isto necesita revisión ortográfica". Este aviso é ó que se lle chama "mensaxe predefinida".

Os seguintes son exemplos de mensaxes predefinidas.

[editar] Propor para borrar

Utilízase o marcador {{lixo}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo será borrado en breve.
Esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida.

Se vostede está en desacordo coa súa eliminación inmediata, por favor expoña os seus motivos na páxina de conversa deste artigo.
Se esta páxina non cumpre os criterios de eliminación rápida, ou se vostede corrixe os problemas, por favor elimine esta mensaxe de aviso,
pero nunca elimine o aviso de artigos creados por vostede mesmo.

Asegúrese de que outras páxinas non enlazan con esta e comprobe o historial da páxina antes de borrar.

[editar] Propor para borrar dando unha razón

Utilízase o marcador {{lixoporque|ExplicaciónDaCausa}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo será borrado en breve.
Esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida, porque:

ExplicaciónDaCausa

Se vostede está en desacordo coa súa eliminación inmediata, por favor expoña os seus motivos na páxina de conversa deste artigo.
Se esta páxina non cumpre os criterios de eliminación rápida, ou se vostede corrixe os problemas, por favor elimine esta mensaxe de aviso,
pero nunca elimine o aviso de artigos creados por vostede mesmo.

Asegúrese de que outras páxinas non enlazan con esta e comprobe o historial da páxina antes de borrar.

[editar] Pedir unha votación para borrar

Utilízase o marcador {{vpb}} e aparece a mensaxe predefinida:

Estase votando se este artigo debe ser borrado.
Esta páxina está proposta para ser borrada da Galipedia.
Estase discutindo para acadar un consenso sobre se este é, ou pode ser, un artigo apropiado para a Wikipedia. Por favor vexa a entrada desta páxina na lista
de votacións para borrar para máis detalles. Se vostede pensa que non se xustifica pola políticas e normas da Wikipedia, vote en contra da súa eliminación.
Por favor non quite esta mensaxe nin baleire de contido a páxina mentres a proposta está sendo considerada. En todo caso, é benvida toda mellora
que poida realizar na edición deste artigo, en especial se consegue corrixir os problemas que provocaron que estea na lista de ítems a borrar.

[editar] Sospéitase que se trata de vangloria

Utilízase o marcador {{GloriaVa}} e aparece a mensaxe predefinida:

Atención!!! Atención: As condicións de creación deste artigo están baixo sospeita.
As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución a quen se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten, que en ocasións se fai por motivos de vaidade. Normalmente, isto realízase por parte de IPs anónimas ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo.

A Galipedia ten unha política concreta sobre este tema: a Wikipedia non é un blog nin nada similar. A pesar de ter contido libre e actualizado polos wikipedistas, a Wikipedia non é un espazo para reflictir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Pode ver a lista de artigos con problemas e darlles formato wiki de acordo co resto dos artigos da Galipedia. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

É frecuente que se produza un debate e que se proceda a propoñer o artigo para ser eliminado.

[editar] O artigo debería estar no Wikcionario

Utilízase o marcador {{wikt}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo vai ser movido ao Galizionario.
Esta páxina está proposta para mover ao Galizionario. A razón é que o seu contido se reduce a ser unha definición de dicionario.

Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, máis que nunha definición do dicionario, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras do Galizionario antes de que se produza o traslado.

[editar] O artigo debería estar no Wikisource

Utilízase o marcador {{source}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo vai ser movido a Galifontes.
Esta páxina está proposta para ser movida a Galifontes. A razón é que se trata fundamentalmente dunha copia dun texto orixinal.

Se pensa que a páxina se pode converter nun artigo enciclopédico, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar formatándoa segundo as regras da Galifontes antes de que se produza o traslado.

[editar] Xuntar dous artigos que falan do mesmo

Utilízanse os marcadores:

  • {{fusión}} [[artigoQueVaiQuedar]] no artigo que vai desaparecer e
  • {{fusióndesde}} [[artigoQueVaiDesaparecer]] no artigo que vai quedar

aparecendo as mensaxes predefinidas:

MENSAXE QUE APARECE
ONDE APARECE A MENSAXE
:Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe ser combinado con
artigoQueVaiQuedar
no artigo que vai desaparecer
:Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe incluír o material procedente de
artigoQueVaiDesaparecer
no artigo que vai quedar

[editar] Distinguir distintos significados da mesma entrada

Utilízase o marcador {{homónimos}} e aparece a mensaxe predefinida:

Homónimos

Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión.

[editar] Artigos que se consideran inacabados

Utilízase o marcador {{en progreso}} e aparece a mensaxe predefinida:

Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)

Pódense utilizar outros marcadores de traballo en progreso máis específicos.

[editar] Ligazóns internas (wikificar)

Utilízase o marcador {{links internos}}, {{wikificar}} ou equivalentes, e aparece a mensaxe predefinida:

Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.

[editar] Estase a traducir

Utilízase o marcador {{entradución}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo está sendo traducido por un usuario.
Este artigo está sendo traducido ao Galego por un usuario desta Wikipedia, por favor non o edite.
Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.

[editar] Pedir axuda para revisión lingüística

Utilízase o marcador {{nongalego}} e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo non está en galego.
Este artigo precisa dunha tradución ao Galego. A súa axuda é benvida. Se este artigo non se traduce nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.
Colabora connosco para que a Galipedia mellore e medre.

[editar] Hai tarefas pendentes concretas

Utilízase o marcador {{PendenteArtigo}} e aparece a mensaxe predefinida:

Faltan por realizar tarefas neste artigo.
Neste artigo hai que completar as tarefas pendentes, que son:
incluír aquí a relación de accións a realizar

Aviso: os artigos que inclúan este marcador clasifícanse na Categoría:Artigos tarefas pendentes.

Este marcador é moi versátil e permite indicar que é exactamente o que falta. Por exemplo:{{PendenteArtigo|Revisar as datas}}. Sirve para pedir que se traballe en aspectos concretos del. Vexa tamén {{atención}}.

[editar] É a tradución da semana proposta en Meta-Wiki

Utilízase o marcador {{TraducionSemanaMeta}} e aparece a mensaxe predefinida:

Esta páxina estase a traducir de diferentes idiomas ó galego, xa que foi escollida como
tradución da semana en Meta-Wiki.

[editar] Problemas de coherencia, comprensión, idioma, etc.

Utilízase o marcador {{atención}} e aparece a mensaxe predefinida:

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Emprégase para chamar a atención sobre artigos cuxo contido é dubidoso e pode levar a discusión. Vexa tamén {{PendenteArtigo}}.

[editar] Marcadores que repiten información

Noutras ocasións existen materiais, cadros ou simplemente partes ou listas que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir esos textos facemos un modelo que queremos que apareza automáticamente. ¿En que consiste? Por exemplo en todos os concellos de Galicia queremos que exista unha táboa que enlace co resto dos concellos (e que ten unha variación de contido moi concreta e particular: non é necesario que un concello se enlace a si mesmo): o máis doado é crear un cadro que se chamaría Modelo:Concello info e para introducilo na páxina escribimos {{Concello info}}.

Para aprender a crear modelos, vexa Wikipedia:Modelos

[editar] Moldes

Outras veces os textos introducidos son comúns na súa estrutura pero variables no seu contido: iso ocorre coas caixas que se poñen nos concellos con {{Concello info}}. A caixa é igual en todos os concellos pero varían os datos, e o xeito en que iso se fai é con asignacións de propiedade = valor , exemplo propiedade → xentilicio , valor → abadinense (podes velo en Wikipedia:Concello info). Isto é máis complicado de entender e editar, así que se non o entendes á primeira non te preocupes. Hai unha Lista de moldes que se pode consultar.

[editar] Modelos

Finalmente, podemos querer que unha páxina teña unha determinada presentación visual e un xeito unitario de presentación dos contidos, é dicir que sempre teñan os mesmo datos, estrutura e organización. Nese caso creamos un formulario baleiro, un modelo cos ocos sen cubrir no que se "copia e pega" e logo énchese cos datos que faltan. Os modelos estan agrupados na categoría "modelos de estrutura de artigos" e hai unha Lista de modelos de artigos.

[editar] Resumo

En definitiva, as mensaxes predefinidas están relacionadas con:

  • Un molde será un contenedor que leva datos variables (feito como template).
  • Un modelo algo que sirve de exemplo para repetir.
  • Unha mensaxe predefinida será entón aquela que se repite sen modificacións nas páxinas (feita como template).
  • Un marcador o xeito en que se introducen as mensaxes predefinidas e os moldes nas páxinas.

O uso dun tipo o outro depende da facilidade de introducción de datos, do mantemento deses datos e de que sexa sinxelo para os colaboradores o seu uso,..., ás veces está claro o uso de uns en detrimento doutros, noutras ocasións é dubidoso. Para entender mellor isto, quizais axude máis a páxina de wikipedia:mantemento

Ferramentas persoais