Wikipedia:Espazo de nomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:EN
Espazos de nomes da Wikipedia
Espazos de nomes básicos Espazos de nomes conversa
0 Principal (ou Artigo) Conversa 1
2 Usuario Conversa usuario 3
4 Wikipedia Conversa Wikipedia 5
6 Ficheiro Conversa ficheiro 7
8 MediaWiki Conversa MediaWiki 9
10 Modelo Conversa modelo 11
12 Axuda Conversa axuda 13
14 Categoría Conversa categoría 15
100 Portal Conversa portal 101
102 Libro Conversa libro 103
828 Módulo Conversa módulo 829
Espazos de nomes virtuais
-1 Especial
-2 Media

Un espazo de nomes na Wikipedia é un conxunto de páxinas da Wikipedia cuxos nomes comezan cun prefixo particular recoñecido polo software MediaWiki, coa única excepción dos artigos da enciclopedia, que non teñen prefixo.

Sintaxe[editar | editar a fonte]

A sintaxe dos espazos de nomes é do seguinte modo: o nome do espazo de nomes, seguido de dous puntos (":"), seguido do título da páxina. Por exemplo:

Usuario:Exemplo
  • O exemplo anterior correspondería coa páxina de usuario presente no espazo de nomes usuario, pertencente ao usuario chamado "Exemplo".

Uso na Wikipedia[editar | editar a fonte]

A Galipedia ten 24 espazos de nomes na actualidade: once espazos de nomes básicos, coa súa conversa correspondente asociada; e dous espazos de nomes virtuais.