Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Para que serve.. ?[editar a fonte]

Para que serve poñer no nome das parroquias a santos e santas? Están a molestar, non aportan nada e a súa utilidade é nula. Como chame a igrexa católica aos seus templos é asunto deles, se trocan os nomes ou os escriben doutro xeito. Mañá poden fusionar parroquias eclesiásticas e será un cristo, nunca mellor dito. Ninguén pon nun cartel dunha estrada: Nosa Señora dos Remedios o Auxilio e a Caridade do Monte Iroite. --77.229.235.57 26 de febreiro de 2018 ás 00:42 (UTC)[responder]

Para min é un dato máis de información sobre a parroquia, pero tampouco me preocuparei se se quita. O que si habería que buscar é un lugar de referencia, eses santos non están no nomenclátor, entón, de onde saen? Non me decato de que ningún deses santos teña algunha referencia.
Por outra banda, se hai fusión de parroquias eclesiásticas penso que non habería gran problema, nos artigos non afectaría máis que cambiar os nomes das parroquias concretas fusionadas, e tampouco afectaría á fusión de artigos, modificacións en modelos, listas, etc, xa que os artigos refírense ás parroquias administrativas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 09:12 (UTC)[responder]
Eu creo que as parroquias teñen un nivel administrativo (os concellos divídense en parroquias e barrios (os urbanos)) outro eclesiástico (católico). Os barrios non coinciden necesariamente coas parroquias, pero nas zonas rurais as parroquias administrativas e eclesiásticas adoitan coincidir. No nome administrativo non debe figurar o santo (por exemplo parroquia de Coia e non de San Martiño de Coia), pero pode informarse do nome da parroquia eclesiástica, que penso que é unha información máis, que non sobra. Se máis tarde hai que actualizar algún dato porque se fixeron cambios, pois actualízase (como se cambian de xénero unha especie de aves ou se fusionan dous concellos).--Miguelferig (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 12:47 (UTC)[responder]
Se é por información pódese crear unha páxina específica con esa información. Por certo, as cidades tamén teñen un santo ou santa ás que está advocadas pola igrexia católica e non o pon no topónimo da cidade.

Poñamos un exemplo concreto, Lugo:

Para que serve todos esos nomes eclesiásticos que repito: non teñen presenza algún na sinalización desas parroquias. Imaxina alguén meter toda esa "información" nun mapa?

Mapa dos barrios de Lugo.

Se a igrexa católica fusiona dúas parroquias (eclesiásticas) eso como se poñería en galipedia? E se as segrega? Teríamos un problema case irresoluble xa que a toponímia e inequívoca por parroquia... pero se se fusionan podería haber dous lugares co mesmo nome na mesma parroquia ou ao revés. Podería haber dúas parroquias (eclesiásticas) que se chamasen igual na nomemclatura civil. E xa rizando o rizo (que pasa), parroquias con diferente nome cando son a mesma.

Abre Miguelferig outra cuestión moi importante: AS REFERENCIAS. De onde saen todos esos santos e santas? Da páxina da xunta? pero é que son santos e santas da igrexa católica e polo tanto deberían estar referenciadas pola tal igrexa. Pero temos outro problema. Se miramos o que pon nas igrexas, na propia fachada NON pon esos nomes. Podemos ver cousas como Jubia... Obviamente a xunta normalizou eses nomes... pero volvemos ao principio: NON SON TOPÓNIMOS. Non lle corresponde á xunta facer iso.

  1. Comentario Home, dicir que as referencias da Xunta non son fonte primaria non sei de onde o sacas... Por outro lado, entrei nalgunhas páxinas, de xeito aleatorio, do modelo {{LugoConcello}} e en todas elas a imaxe que as ilustra é dunha igrexa, ademais de que comezan o artigo co nome completo da parroquia, véxase por exemplo: San Martiño de Carballido, San Lourenzo de Recimil, San Salvador do Outeiro das Camoiras, San Salvador de Muxa ou San Mamede de Ribas de Miño. Tamén, como se pode ler no artigo Parroquias de Galicia, a orixe destas son as parroquias eclesiásticas, polo que entendo que o nome civil e eclesiástico garda algunha relación. Máis como estamos a falar de parroquias civís e non eclesiásticas, a fonte do Nomenclátor da Xunta si é válida.--AMPERIO (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 16:53 (UTC)[responder]
De tódolos xeitos os cambios nas parroquias eclesiásticas non modificarían gran cousa os artigos que temos, porque os artigos están creados en base ó Nomenclátor e co título sen os santos, como debe ser. Se fusionan p. eclesiásticas o único que hai que facer é modificar dous artigos para comentalo dentro do corpo do artigo, máis nada. O problema sería que fusionaran p. administrativas, iso implica fusionar dous artigos, modificar as caixas de navegación, modificar as categorías, modificar as listas onde estean eses artigos, etc, etc, etc.
No que ten razón a IP, e que xa comentei, é que os santos que se poñen en cada artigo de parroquia non están referenciados, non me lembro de velo en ningún de feito, é dicir que no artigo Rutis, Culleredo, que comeza con "Santa María de Rutis é unha parroquia", ese Santa María non ten referencias. Eu non sei se é Santa María ou San Paio de Rutis, e no artigo, en ningún dos artigos de parroquias, hai referencias para eses santos polo que ese dato non pode ser verificado, ese é o problema real.
E a maiores, agora que caio, ningún artigo de parroquia ten referenciado o seu nome, sabemos, os que levamos varios anos no proxecto, que están baseados no Nomenclátor, pero o resto de xente e lectores non, habería que engadir esa referencia ó Nomenclátor en todos eses artigos. Iso sería un "toque de atención" ós que quixeran modificar os nomes deste tipo de artigos de parroquias e lugares, se o artigo ten unha referencia para ese nome, todo o mundo, os lectores, os editores novos e os vándalos, saberían perfectamente cal é o nome que debe ter e en que se fundamenta a escolla. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]
Acaba de lembrarme Estevoaei que o nomenclátor tamén indica o santoral de cada parroquia, polo que esa referencia valería para as dúas cousas, agora hai que engadila nos máis de 3000 artigos de parroquias que hai... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 21:51 (UTC)[responder]
Non o expliquei ben... se un topónimo (esa é a principal diferenza co que estamos a falar) dunha parroquia (civil) se referencia ao nomenclator da xunta, ok (aínda que esa base de datos da xunta ten erros graves) lle engadimos a parroquia eclesiástica (que repito, non fixa a xunta) que decide a igrexa católica. Non pode ser a base da xunta o que se empregue como fonte primaria. Eso correspóndelle á igrexa católica. E como xa dixen antes a igrexa escribe o nome de santos e santas doutro xeito, non normalizado. O que está a facer a xunta é adaptar eses nomes a unha presunta normativa toponímica discutible xa que non se refiere a topónimos o que denomia a igrexa. Exemplo concreto: Curtis, hai unha parroquia creada pola igrexa católica: "Nuestra señora de Lourdes", eso pasou nos anos 30. Co tempo a xunta creou unha parroquia civil para ese territorio que denominou: "Lurdes". Como vemos a daptación fíxoa a Xunta dunha denominación relixiosa. E iso fíxose á marxe de Curtis, onde non saben/non lles interesa que a parroquia non se chama Curtis. Sobre o territorio non existe ningún lugar en Curtis que se chame Lourdes nin Lurdes. Se mañá a igrexa católica decide trocar o santo ou santa dunha parroquia... quen fai o cambio? Hai que agardar a que o oficialice a Xunta? E se pechan a tal parroquia e deixa de ter santo ao que encomendarse... quen debe quitar do topónimo eso? En canto a ver fotos de igrexas nas páxinas das parroquias... non ten tampouco sentido. Supoño que terá algo que ver co despoboamento rural. O último edificio en pechar será a igrexa.

Vexamos un exemplo práctico de parroquias civís, Lugo:

Outro exeplo práctico absurdo: https://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_Mar%C3%ADa_de_Lurdes,_Curtis

O nome da parroquia eclesiástica e Lourdes, e o nome civil Lurdes. Que pon na galipedia? -> Santa María de Lurdes Ou é Santa María de Lourdes (parroquia eclesiástica) ou Lurdes, civil.... Porque Santa María de Lurdes nin é unha cousa nin a outra.

Outro exemplo: en Ferrol hai unha parroquia que se chama Santa Cecilia, a mesma parroquia en Narón chámase Santa Icía... e digo a mesma porque limitan unha ca outra. --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 01:48 (UTC)[responder]

Mira, o que diga a arquidiocese vai a misa pero non á Galipedia :) Quero dicir, o nome das parroquias e os seus santos na Galipedia cóllense do Nomenclátor, que é o que indica a toponimia oficial. Se teñen erros deben corrixilos, pero a Galipedia non pode ter uns contidos diferentes porque se non convertiríase en fonte primaria e iso vai en contra de varias políticas. O que si se pode facer nos artigos que haxa dúbidas, ou diferenzas, é engadir algún texto explicando este problema, sempre e cando haxa fontes de calidade e verificables no que basear esa información (poñer no resumo de edición que é como lle chaman os veciños de toda a vida non é verificable). Ollo, tendo sempre en conta que as parroquias da Galipedia son as parroquias civís, non as eclesiásticas.
En resumo, o nome da parroquia eclesiástica non importa e non se indica nos artigos de parroquias, o que se indica é o santo indicado polo Nomenclátor oficial. Se ó cura ou ó arcebispo non lle gusta, que fale coa Xunta de Galicia, nós o único que facemos é reflectir o que nos di a fonte oficial sobre as parroquias civís. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 08:47 (UTC)[responder]
Esta igrexa NON se chama Santa María de Lourdes como pon no artigo sobre Curtis.
Nome correcto da igrexa de Lourdes.
O que din os veciños de como se chama o lugar onde viven non importa porque non é verificable, pero si é verificable o que di a Xunta sobre os santos católicos? Eso si que non é verificable. Non se entende moi ben como non pode ser verificable o que din os veciños cando o pon nos carteis de onde viven. Ou é que eles non saben como se chama o territorio pero o teñen posto nas estradas? O que non é verificable é de onde saca os santos e santas a xunta. Que como se pode ver na páxina de arcedióceses católicas galegas NON coincide co que di a xunta. Eso último si é 100% verificable --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 11:18 (UTC)[responder]
O nome que teñen os artigos de parroquias é verificable xa que é o que indica o Nomenclátor (o único que falta é achegar esa referencia dentro dos artigos), que é a fonte oficial para a toponimia de Galicia. Como escolla a xunta os santos das parroquias tampouco é relevante para a Galipedia, volvemos ó mesmo, o Nomenclátor é a fonte oficial e aquí só reflectimos o que eles indican. É certo que pode conter erros puntuais, eses erros poden comentarse nos artigos como indiquei antes, o que non se pode facer é cambiarlles o nome. Non mentres a fonte oficial non cambie, e iso xa non está nas nosas mans.
Póñoche un exemplo diferente, nuns sitios a xente di "avións", noutros din "aviós" e noutros din "aviois", pero a forma normativa da RAG é "avións", que é o correcto ortograficamente e o que debemos usar nos artigos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 12:30 (UTC)[responder]
Hai centos de imaxes de igrexas católicas nos artigos sobre parroquias civís, como ilustración. O nome (pé desas fotos) é o nomenclator da xunta... (non verificable) Eses santos e santas NON se corresponden cos eclesiásticos e NON son os nomes das igrexas. Esos nomes de igrexas os fixa a igrexa católica (pódese comprobar nas páxinas das arquedióceses e nas propias igrexas que o pon na fachada) Ditos nombres NON son os indicados na versión en galego de wikipedia. Podes, se queres, poñer indicado eso. Que o nome da igrexa non se corresponde co nome da parroquia civil e tampouco co nome da parroquia eclesiástica. Todo referenciado... ou ben, quitar todo e deixar o nome topográfico sen indicación a temas relixiosos. --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 14:26 (UTC)[responder]
Como apuntamento tan só dicir que dicir Santa María de Lourdes e a Nosa Señora de Lourdes é dicir o mesmo. Ambas son dúas formas de referirse á Virxe María na súa advocación de Lourdes. En calquera caso, e independentemente disto, como ben apunta Elisardojm, nestes artigos estamos falando de parroquias civís e non eclesiásticas, polo que as advocacións santorais que a Igrexa católica queira conceder ás súas parroquias eclesiásticas non ten nada que ver con estes artigos. Que as imaxes que hai para ilustrar os artigos son de igrexas, si, e que? cal é o problema? En numerosos carteis publicitarios sobre Santiago aparece a catedral e non necesariamente teñen por que ter vínculo algún coa Igrexa. Por tanto non entendo a que ven tanto alboroto por uns nomes que si teñen referencia por un organismo oficial como é a Xunta de Galicia. --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]
Ninguén dixo que fose un problema empregar a imaxe dunha igrexa para ilustrar un artigo dunha parroquia civil. Chama a atención (como ti mesmo dis) que se emprega para ilustrar unha parroquia civil. Pero tampouco falamos deso, falamos que o pé desas fotos teñen como nome das igrexas a definición do nomenclator da xunta que non é o empregado pola igrexa católica, vamos que non é o correcto. E de feito non é o o que se emprega para designar a igrexa. O que pode ser confuso, non exacto e ata erróneo. Pero todo esto tampouco é cuestión. A cuestión ben sendo porque se empregan nomes de santos e santas en designacións toponímicas (que tampouco son empregadas en outros lugares como mapas alleos á xunta) --193.144.61.240 27 de febreiro de 2018 ás 18:38 (UTC)[responder]
IP, sería máis doado falar contigo se creases un usuario para as túas edicións. Insisto no que di Elisardojm, nos non somos fonte primaria, se hai referencias para eses nomes (que as hai), non vexo por que habería que quitalas. --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 19:02 (UTC)[responder]
Tes más embaixo unha listaxe de nomes sen referencias ou con referencias que non concordan. E ti tendo un usuario rexistrado estás a postear igual ca min, non vexo diferencia. Por outra banda estase a empregar á Xunta (o seu nomenclator) como fonte primaria para datos que son eclesiásticos. Como vemos, damos por válidas fontes que non son primarias e con datos que están errados ou non son exactos. Pero seguimos sen saber para que serve poñer nomes de santos e santas nos topónimos das parroquias cando en ningures se usan e son confusos. --193.125.196.73 27 de febreiro de 2018 ás 23:50 (UTC)[responder]
Si pero eu edito sempre co mesmo nome, non con varias IP coas que non se sabe se son a mesma persoa ou non. De todos modos isto non é un foro, xa se explicou o criterio que se segue e por mi parte dou por pechado este tema. Un cordial saúdo. --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 23:54 (UTC)[responder]
Estou de acordo co que comenta AMPERIO respecto do uso da Taberna como foro e tamén sobre a facilidade que dá rexistrar un usuario, para este e para o resto. O tema que aquí se trata non me atrae demasiado e vexo certo barullo na forma de expresalo. Aproveito para lembrar que se alguén cre que o nomenclátor (ou outra fontes primarias que aquí nos serven de referencia) ten erros, é alí onde debe comunicalos. Por outra banda, o criterio para a toponimia da Wikipedia en galego está bastante claro e creo que goza dun moi amplo consenso. --Atobar (conversa comigo) 28 de febreiro de 2018 ás 00:01 (UTC)[responder]
O criterio que aquí se segue xa o sabemos: úsase o nomenclator da xunta coma fonte primaria. En eso xa estamos de acordo. O problema (calificámolo así?) é que se emprega para "citar" (poñer nome) ás parroquias eclesiásticas, e iso non é correcto. Engadimos máis: o que pon en paréntese no topónimo da parroquia civil estase a empregar para nomear as igrexas católicas (imaxes para ilustrar os artigos de parroquias civís -no pé das fotos-), e iso está errado. Todo isto nada ten que ver co nomenclator da xunta. Son erros na galipedia, non da xunta. A ver se agora está todo máis claro. --193.125.196.73 3 de marzo de 2018 ás 21:14 (UTC)[responder]
Dedícome á investigación e podo dicirvos que as advocacións parroquiais son esenciais para min para identificar correctamente un lugar. Se non fose por iso tería moitas confusións ou infinitas dificultades. O feito de que a Galipedia faga constar estes datos, inclíname a empregala por diante da castelá. Non é unha cuestión de defensa da relixión cristiá (impórtame un pito, sinceiramente), senón de que calquera información, por pequena que sexa, é coñecemento.
Por outra banda, dicionarios históricos como o Dicionario Madoz, básico na investigación, recoñecen o valor destas denominacións. Por algo será! De verdade, estou algo sorprendido con esta proposta de eliminalas. Un saúdo a todos!--Castelao (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 08:02 (UTC)[responder]
E que investigacións son esas? Non entendín o que estás a dicir... se pon ao engadido toponímico dunha parroquia algo como (Santa María) axúdache a identificala aínda que a tal parroquia estea advocada a Nuestra Señora de Lourdes, a Virxe María, Os Remedios, Santa Baia, Santa Euxegia ou Eugenia, etc? E como é esa axuda que che da, en que consiste? Para que fas tal uso...? máis tendo en conta que a tal información (inculída entre paréntese) carece de aplicación sobre o terreo. Nin hai carteis onde o poña na parroquia, xa que non é nin o nome da parroquia nin o nome da igrexa e tampouco o nome do santo/santa á que está asignada a igrexa. Como pode axudar unha información non precisa, sen referencias e carente de rigor? Por certo, non poñelo aquí en ningún caso afecta a tal parroquia. Simplemente é recoñecer que a información facilitada pola xunta carece de rigor e base algunha. E por certo, a galipedia non emprega esos datos. Só o pon na páxina da parroquia (o que supón indicar mal o nome da igrexa e mal o santo/santa á que pertence. Son centos as imaxes de igrexas que están incorrectamente etiquetadas) e na caixa de parroquias dos concellos. Para tódolodemás non se usa --193.125.196.73 28 de febreiro de 2018 ás 11:13 (UTC)[responder]
Respondendo á túa segunda pregunta, amigo descoñecido, si, totalmente, axuda. Xa o dixen unha vez e amólame ter que repetilo como se se me estivera chamando mentireiro. A advocación é o nome de pía da parroquia. Segundo o período histórico que se estea investigando, só ter toda a información pode identificar o espazo xeográfico. Por outra banda, como sucede con tantas informacións contidas nas wikis, incluída a Galipedia, hai erros. Pero, iso non significa que haxa que apagar os artigos ou a tipoloxía de datos que as conteñan. Mellorar os artigos, se houbera erros, é labor dos wikipedistas honestos, os que cando modifican algo teñen en conta fontes e as citan. Dicir que as advocacións non son precisas, que non teñen referencias ou que son carentes de rigor definen o teu coñecemento do tema. En canto ás miñas investigacións, quen me coñece sabe cales son e, polo que intúo, non te interesan. Tamén, tirar contra todo o que ula á Igrexa simplemente non axuda. Malia que nos pese, forma parte da nosa historia e non podemos virar as costas e finxir que non existe e, a continuación, pretender estudala. Insisto, eliminar coñecemento é depauperalo. Por fin, é moi sinxelo darse de alta na Galipedia e axuda ao diálogo. Anímocho, tamén eu, a facelo. E velaquí a miña sinatura:--Castelao (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 08:17 (UTC)[responder]
Pensaba que estabamos a falar das parroquias civís e o engadido que se fai de santos e santas. Vese que non. Claro que non me interesan nin son asunto meu as túas investigacións. Fuches ti o que as citou nesta conversa e quen xustificou que se seguise empregando ese engadido no nome civil das parroquias pola utilidade que tiña para as túas investigacións (volve ler o que escribiches). Que non queres dicir en que consiste a utilidade que lle ves a todo esto, perfecto. Pero repito que es ti quen xustifica un uso que outros non vemos. E tampouco lle vexo moito sentido a tentar deslexitimar o meu punto de vista (que eu expoño tentando razonalo) con usos que non compartes, e que non tes porque facelo. Pero aquí a información é libre e debe ser referenciada e ser verificable. Claro que hai bos usuarios, e outros que non o son tanto. A maioría actuamos de boa fe, e se vemos un erro ou pensamos que é un erro o dicimos honestamente. Non tentamos xustificarnos en motivos persoais, emocionais ou dicindo que é útil porque se cita aquí. Wikipedia non é fonte primaria e non pode inventar o nome de igrexas, como se está a facer. E moito menos inventamos insultos que non existen. Non tomes isto como algo persoal, argumenta. E se non podes non pasa nada, pero as regras do xogo son estas. --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 13:42 (UTC)[responder]
Non vexo que esta conversa vaia a ningures... Como resumo IP, os santos engádense para dar máis información nos artigos, é un dato máis, máis información non fai dano, ó contrario. A fonte utilizada é a oficial de toponimia da Xunta de Galicia polo cal ten unha base, máis non se pode pedir (só unha cousa, si, que esa referencia se engada explicitamente nos artigos como xa indiquei varias veces e que é un traballo que está pendente). Que a fonte oficial ten erros? Todos cometemos erros, a cada responsable tócalle amañar os seus, nós teremos que amañar os erros que haxa nos artigos, o resto xa non está nas nosas mans.
Por outra banda IP, pídoche que trates ó resto de usuarios dentro das normas de civismo, podes preguntar para ter máis información, pero educadamente, dubidar de forma reiterada dunha afirmación doutro usuario non o é. Se queremos que este espazo común poida ser utilizado por todos, debemos tratarnos de forma axeitada e respectuosa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 09:33 (UTC)[responder]
Que eu saiba tratouse a todo o mundo con corrección. Alguén da como argumentación usos persoais e cando se lle pide máis información se sinte ofendido? O fío abrino eu pedindo saber a utilidade de engadir santos e santas ao nome da parroquia. Se isto ofende a alguén (pedir información) pode que non estea na páxina axeitada. Toda a información debe estar referencia e ser verificable... fonte primaria. A Xunta de Galicia é fonte primaria sobre santos e santas, sobre a igrexa católica? Pregunto. Ten que levarnos isto a algo? Non vexo o motivo. Estamos a ver a situación actual. Cando eu empecei este fío pensaba que ese engadido en paréntese ao nome da parroquia era o nome do santo ou santa. O que empregaba a igrexa católica. Agora xa vemos que eso non é así. Tamén pensaba que era o nome oficial (o que a igrexa católica da a ese templo na parroquia) e resultou que tampouco. Agora eso xa o sabemos. Pódese facer mellor, con máis rigor? E o que é máis importante, débese facer?

Pode haber un engadido ao modelo parroquia:

{{Parroquia 
|nome          = 
|imaxe         = 
|lenda         = 
|mapa          = 
|concello      = 
|superficie    = 
|poboación     = 
|ano           = 
|entidades     = 
|advocación    =
}}

Algunha wikipedia inclúe na táboa da cidade o santo ou santa ao que os asigna a igrexa católica. --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 14:07 (UTC)[responder]

Non IP, non se tratou a todo o mundo con corrección, xa expliquei por que arriba. Claro que se poden facer preguntas, estamos a conversar, pero tratando correctamente ós usuarios.
O Nomeclátor é a fonte da toponimia oficial de Galicia, e inclúe na súa información a advocación das parroquias, polo que non hai problema ningún en achegar eses datos ós artigos. Tes toda a razón que ó faltar a referencia nos artigos non se sabe onde está baseada, isto é un erro que temos que corrixir engadindo a referencia ó Nomenclátor en tódolos artigos de parroquias, como xa dixen varias veces. O nome que da a igrexa católica ás parroquias eclesiásticas de pouco nos vale porque estamos a falar das parroquias civís. Quizais o que deberíamos facer tamén, para evitar malentendidos é cambiar os artigos de parroquias e poñer en todos "Tal de tal, é unha parroquia civil..."
Sobre se se debe facer ou non, como dixen, eu penso que si, é un dato a maiores, e a información non sobra.
Sobre o de engadir a advocación ó modelo..., supoño que estaría ben, pode engadirse sen problema, penso que é unha boa proposta, pero hai que ter claro que o máis importante é engadir a referencia ó Nomenclátor nos artigos. Por certo, tanto nos artigos de parroquias coma nos artigos de lugares... Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 14:27 (UTC)[responder]
A quén non se tratou con corrección? Todo o mundo parece moita xente. Non somos tantos nin tan bos.
Veño de enviar un mail á RAG para consultar se o engadido ao topónimo da parroquia (o engadido que se fai tras o nome entre paréntese citando a santas ou santos) forma parte do topónimo e como tal é oficial a tódolos efectos... legal e ademáis debe empregarse así. Lembremos que NON o pon nos carteis que hai nas parroquias (en ningunha se pon). Como botón lembrar que a RAG si se ten dirixido á xunta para lembrarlle que os acentos gráficos deben poñerse nos carteis aínda que estean escritos en maiúsculas. Se para poñer un acentro gráfico nunha vogal toman a molestia de dirixirse á Xunta con máis razón deberan esixir a Xunta, Deputacións e concellos para que a cartelería sinaléptica dos concellos e parroquias veña co engadido entre paréntese. A mesma consulta a fago á mesa pola normalización lingüística.
En canto a engadidos nos lugares, non sería necesario xa que vai na parroquia e ningún o leva en ningures. Todos os lugares están adscritos a esa parroquia, á mesma. O que ti estás a plantexar nos artigos das parroquias falta ver se tamén valería para o pé das fotos das igrexas. Que nome debe poñer no pé da imaxe da igrexa? O que di a Xunta ou o que di a igrexa católica? e en que idioma se debe facer o nome da igrexa nese pé se a igrexa católica o nomea en castelán. --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]
A Wikipedia en lingua galega, nos artigo sobre as parroquias civís de Galicia, emprega no título do artigo o topónimo oficial segundo o Nomenclátor de Galicia. Como moitos dos topónimos de Galicia se repiten, a comunidade de usuarios da Galipedia decidiu que o formato dos títulos dos artigos de parroquias civís sexa "Parroquia, Concello".
Hai dúas excepcións: dunha banda as parroquias eclesiásticas que teñen o seu territorio repartido entre dos concellos (Categoría:Parroquias eclesiásticas divididas entre dous concellos); neste caso as respectivas parroquias civís redirixen á parroquia eclesiástica. Doutra banda, a outra excepción confórmana as parroquias co mesmo nome situadas nun mesmo concello; neste caso indícase entre parénteses a advocación que asigna o Nomenclátor, por exemplo, Allariz (Santiago), Allariz e Allariz (Santo Estevo), Allariz.
Nos artigos sobre as parroquias civís inclúese no cabezallo a advocación que indica o Nomenclátor, aínda que esta non corresponda coa advocación relixiosa da igrexa parroquial. O nome do santo ou santa responde a criterios civís, pois foi determinado -ao igual ca o topónimo- polas persoas que estableceron o Nomenclátor. Seguindo este criterio, hai parroquias baixo a advocación de san Cibrao e parroquias baixo a advocación de san Cibrán, porque -ao igual que cos topónimos- se respectaron as variedades dialectais. A advocación relixiosa do templo parroquial pode ir descrita e explicada no correspondente apartado de Patrimonio, por exemplo, pero non é necesario que se corresponda coa advocación que designa o Nomenclátor, e que vai indicada no cabezallo de cada artigo.
A sinaléptica de vías públicas encargadas polas institucións non sempre respecta o Nomenclátor oficial. Así, é habitual ver carteis municipais co nome de La Coruña, tapas de sumidoiro co nome de Ourense, rótulos de estradas co nome de Carballiño ou Porriño (sen o artigo correspondente) etc etc etc. En calquera caso, a toponimia oficial non engade de forma xenérica a advocación; é por isto que algunhas parroquias si o levan (por exemplo, San Xurxo de Sacos) pero outras non (como a veciña Sacos, que ten a advocación segundo o Nomenclátor de Santa María).
A igrexa católica é unha institución privada que ten potestade para rotular os seus edificios (neste caso templos relixiosos) como considere oportuno, do mesmo modo que unha empresa pode indicar que ten a súa sede en Órdenes en vez de Ordes, como é oficial. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]
A maiores, o que diga a igrexa en castelán, en galego non normativo ou en castrapo, non vale un pataco na Galipedia xa que tal e como se indica no noso libro de estilo, os artigos deben seguir o galego normativo da RAG.
E IP, á pregunta de a quen non trataches con educación creo que podes respondela ti mesmo.
Sobre o que dixen de engadir a referencia nos artigos de lugares, non me refería a engadir o nome do santos, se non á referencia ó Nomenclátor para que se poida verificar nel o nome dese lugar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:44 (UTC)[responder]
Ben, outra vez, descoñecido, estasme a ofender. Non te decatas de que ao me atribuír intereses persoais estás insinuando que estes son espurios, que non miran á comunidade? Que a estas alturas alguén me veña a dicir que eu gaño algo investigando... Investigo porque me gusta e porque quero que a xente teña a información á súa disposición. Desde logo, a min non se me ocorre interpretar (publicamente) cales son os teus intereses con unha proposta como esta? Esqueces outra vez a argumentación principal: o coñecemento é útil per se. É importante que te decates que, aínda que non o sexa para ti, non significa que non o sexa para outro. Tes estatísticas sobre a túa afirmación? Pero, volvendo ao tema, hai máis, se cando eu (ou calquera outro investigador) escribo ou amplio un artigo na Galipedia (acción gratuíta, non interesada, lémbroche) informo de datos derivados de fontes primarias que empregan localizacións parroquiais confusas, como pensas que eu ou calquera outro pode establecer a correcta se non é con datos como estes? É máis, onde establecerías ti os límites para considerar relevante ou non unha información, sobre todo cando esta é útil para acadar unha información como acabo de argumentar?
Xa que así o necesitas, porque non mo cres, poñamos por exemplo que atopas nun documento que o pai dun fotógrafo relevante (isto de relevante dígoo eu, pero seguro que é unha parvada miña, aínda que sexa o seu un caso único en España, e que agora mesmo non vou contar) é de Ribeira, sen dar máis datos, ou dando, como sucede moi a miúdo en padróns, rexistros ou documentos notariais, que está nunha provincia que, finalmente, non é a actual. Pois si, isto pasoume esta mesma mañana. Un fotógrafo moi importante nado en Boqueixón ten un pai nado en Ribeira, na provincia da Coruña. Marabilloso, só teño 7 parroquias e 6 lugares con ese nome! Pero, qué carallo!, parroquia con ese nome na Coruña só hai unha, na Ribeira barbanzá. A outra, San Pedro de Ribera, non cómpre tela en conta que para iso leva unha advocación («veña, non interesa! que non a levara!»). Pois, a continuación, no artigo que escribirei direi que a familia procedía do Barbanza e que cada quen imaxine de quen viña sendo. Porén, mira ti, o documento examinado contiña un dato máis, nimio, irrelevante: a advocación da parroquia, que era Santa Mariña. «Mnmnmnmn... Santa Mariña???? Bah! Será a propia de Ribeira, e aínda que non o poda comprobar na Galipedia porque alguén lle deu por eliminar o dato, malo será!». Pois non, amigo, Santa Mariña de Ribeira está na Estrada, a un tiro de pedra da provincia da Coruña, pero hoxe en día está na de Pontevedra. Antes eran moi comúns as confusións dos informantes (aínda que hoxe tampouco é que vaiamos sobrados). Probablemente, hoxe, de non ter este dato na Galipedia, estaría convencido de que os antergos do fotógrafo eran mariñeiros, ou calquera outra cousa, e non da fidalguía do Deza, como por ese dato irrelevante puiden saber. Isto levoume a trazar cuestións que tiveron que ver coa súa evolución persoal posterior. Máis, xa sei, todo isto é porque fago un uso privado das informacións que a Galipedia contén. Vaia!, como todos! A ver se agora as Wikis son monumentos sen outra utilidade que a de mirar para elas extasiados.
Cando hai pouco modifiquei a data de nacemento de Castelao, foino en base a un documento que unha investigación sacou á luz. Si, para eso serven os investigadores, para cousas sen sentido coma esta, para cousas de utilidade tan irrisoria. Pero, entrementres, nos nosos colexios seguen lembrando ao noso Castelao pola data do bautizo, só porque alguén antes non fixo ben a súa investigación. Vaia, xa está aquí outra vez a Igrexa polo medio!
Aquí ninguén te está dicindo que non haxa erros que corrixir. Habelos, hainos. Para iso estamos nesta comunidade: para axudar a facer cada vez máis perfecto nas súas informacións este espazo, para ensinar aos demais o pouco que sabemos, e, sobre todo, para aprender dos demais. Por iso, por favor, escoitaos. Dubida das túas percepcións cando os demais estamos a dicir que hai outro xeito de interpretar a realidade. É intelixente.--Castelao (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 20:19 (UTC)[responder]
Ben, outra vez, descoñecido, estasme a ofender. Non te decatas de que ao me atribuír intereses persoais estás insinuando que estes son espurios, que non miran á comunidade? Que a estas alturas alguén me veña a dicir que eu gaño algo investigando...
Outra vez? Pero cando foi a primeira vez que pasou iso? Ninguén dixo nada do que ti estás a falar. Me parece que non estás enterado do que estamos a falar aquí. Estás a dicir que a galipedia che serve para comprobar información de "antes"? O nome das parroquias é de hoxe pero a ti che serve para ver como se chamaban antes? A xunta existe dende 1978, antes non normalizaban a toponimia. Na galipedia non se comproba ningunha información. Para eso xa están as fontes primarias e as referencias. Por aí non é. Por outra banda non entendo que engadir un nome de dubidosa orixe (que alguén dicidíu non se sabe onde pero si que o fixo na xunta) axuda a identificar unha parroquia? Pos iso non se emprega en ningunha outra wikipedia e non teñen ese problema. De feito na maioría das wikipedias non pasan más aló da provincia ou cidade nos datos. Non parece que necesiten máis. Claro que está a igrexa católica polo medio. Pero esqueces ti que estamos a falar de parroquias civís e xa se propuxo máis enriba incluír a advocación aos tag do modelo parroquia (e alí se pode indicar o tal santo ou santa tanto fixado pola xunta como pola igrexa católica) Como podes ver, serían aínda máis datos. Logo as túas investigacións poden estar máis que tranquilas... e seguir nas mesmas. Claro que hai varias parroquias co mesmo nome... e cidades, e xa non che conto o nome de lugares que se chaman o castro, a chousa, lagoa... e non parece que ninguén estea a buscar xustificacións de nada por iso.
Cal é a diferencia entre poñer Lagoa, Doso, Antas de Ulla e poñer O Castro, Doso (San María), Antas de Ulla? En ningún outro lugar empregan o santo/santa no topónimo entre parénteis. Esto é un feito, está así. Só o pon a xunta na súa web. Nin o empregan en ningún cartel ou plano. Máis que nada porque resultaría confuso, agora si. --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 23:17 (UTC)[responder]
Pero, estás falando en serio???? Estás troleándonos???? De verdade sabes o que dis??? «...antes»??? «agora»??? Engadir algo entre paréntese?? Quen dixo tal??? Ata aquí cheguei. Non estou disposto a seguir "chateando" con alguén que non ten sequera a educación de identificarse.--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 07:01 (UTC)[responder]
Castelao, entendo a túa frustración, é comprensible polos atrancos desta conversa, a súa lonxitude e o pouco avance, pero chegados a un punto de "saturación" é mellor non responder, ou deixar un tempo de descanso antes de facelo, que facer un comentario pouco axeitado. Todos temos un límite de paciencia, pero se está rebordado o mellor é non seguir nesa conversa e deixala para outro momento máis tranquilo.
Sobre o comentario da IP, entendo que o dos santos entre parénteses refírese ás caixas de parroquias dun concello, que na ligazón inclúen o santo entre parénteses. A diferenza entre poñer ou non os santos é dar máis información ou menos, estamos nas mesmas, non vexo o problema, a referencia é a mesma, o Nomenclátor oficial. Se queres cambiar algo nesa estrutura, penso que o máis axeitado sería facer unha proposta concreta e abrir unha votación da comunidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 13:30 (UTC)[responder]
Educación de identificarse? XD Abro un tema para pedir e dar información sobre un uso que se está a facer de información de dubidoso orixe, nula utilidade e ningún interese e sáenos un "usuario" falando da igrexa católica e das utilidades que ten información do pasado para usos actuis. Información do pasado que non está na galipedia e usos que non ten na galipedia. E todo iso nada ten que ver cas parroquias civís. --193.125.196.73 2 de marzo de 2018 ás 13:15 (UTC)[responder]

Parroquias civís[editar a fonte]

Veño de atopar esta páxina da arcediócese compostelana -> http://www.archicompostela.es

Pódense consultar tódalas parroquias eclesiásticas
http://www.archicompostela.es/arciprestazgo-de-barbeiros
OROSO eclesiástica-> SENRA, Santa Baia civil (galipedia) -> Senra (Santa Eulalia) https://gl.wikipedia.org/wiki/Senra,_Oroso
VITRE eclesiástica -> VITRE San Juan civil (galipedia) -> Vitre (San Xoán) https://gl.wikipedia.org/wiki/Vitre,_Frades
MESOS eclesiástica -> MESOS Divino Salvador civil (galipedia) -> Mesos (San Salvador) https://gl.wikipedia.org/wiki/Mesos,_Frades
OS ÁNXELES eclesiástica -> ÁNXELES (OS), San Mamed civil (galipedia) -> Os Ánxeles (San Mamede) https://gl.wikipedia.org/wiki/Os_%C3%81nxeles,_Oroso

http://www.archicompostela.es/arciprestazgo-de-sobrado
CURTIS eclesiástica -> CURTIS, Nuestra Señora de Lourdes civil (galipedia) -> Santa María de Lurdes (Santa María) https://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_Mar%C3%ADa_de_Lurdes,_Curtis
CURTIS eclesiástica -> CURTIS, San Vicente civil (galipedia) -> San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) https://gl.wikipedia.org/wiki/San_Vicenzo_de_Curtis,_Vilasantar
GRIXALBA eclesiástica -> GRIXALBA, San Xulián civil (galipedia) -> Grixalba (San Xiao) https://gl.wikipedia.org/wiki/Grixalba,_Sobrado
ROADE eclesiástica -> ROADE, San Andrés civil (galipedia) -> Roade (Santo André) https://gl.wikipedia.org/wiki/Roade,_Sobrado
RODEIROS eclesiástica -> RODIEIROS, San Simeón civil (galipedia) -> Rodieiros (San Simón) https://gl.wikipedia.org/wiki/Rodieiros,_Boimorto
CEREIXO eclesiástica -> CEREIXO, San Jorge civil (galipedia) -> Cereixo (San Xurxo) https://gl.wikipedia.org/wiki/Cereixo,_A_Estrada
FERREIROS eclesiástica -> FERREIROS, San Xenxo civil (galipedia) -> Ferreirós (San Xes) https://gl.wikipedia.org/wiki/Ferreir%C3%B3s,_Vila_de_Cruces
VEDRA eclesiástica -> VEDRA, Santa Baia civil (galipedia) -> Vedra (Santa Eulalia) https://gl.wikipedia.org/wiki/Vedra,_Vedra

esto mirando unhas cuantas... como estarán as demáis? --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 02:59 (UTC)[responder]

Sobre esta fonte entendo que non é válida para a Galipedia porque non está realmente en galego, por exemplo esta páxina ten o seu contido en castelán, e o mesmo con moitas outras páxinas. Obviamente a web é unha trapallada e, lamentablemente, non vale para referenciar contidos en galego. Poderían usarse como referencia para indicar outras denominacións nos artigos, sempre e cando a páxina da parroquia estivera correctamente en galego, claro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 10:03 (UTC)[responder]
Teño que volver consultar as normas da galipedia sobre fontes. Non lembro que para ser válida unha referencia teña que estar en galego. A web oficial do arcebispado de santiago de compostela é unha trapallada (sic)? Oes, que son os nomes oficiais que da a igrexa católica ás parroquias e ás igrexas que alí ten --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 14:14 (UTC)[responder]
Home, pois é trapallada e trapallada e media, se escolles na web a lingua galega e a metade das páxinas están en castelán..., a min as páxinas en castelán de pouco me valen. Eses son os nomes oficiais da igrexa católica en castelán, que serán moi oficiais pero para o que nos ocupa non valen de nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:50 (UTC)[responder]
Eu non escollín nada. É a web oficial do bispado de Santiago de Compostela. Onde eles teñen posto o nome das parroquias católicas e o nome das igrexas... fonte primaria. Podes comparar os nomes civís das parroquias e o nome eclesiástico, e ver que non coincide. E tamén comprobar como o pé das fotos que ilustran moitas parroquias civís (imaxes de igrexas) está mal posto, tampouco coincide. --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]
É igual que sexa o Papa de Roma, se o pon en castelán pode por o que queira e dicir misa que para os artigos da Galipedia non vale de nada para referenciar os santos en galego. Cando o poñan en galego normativo falamos de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
Galego normativo no vaticano? Parece ser que o idioma oficial no vaticano é o latín. Lembrar tamén que son santos e santas non nomes de topónimos. De tódolos xeitos son multitude as organizacións que nomean os seus edificios e lugares en galiza sen empregar a normativa da RAG. O deportivo de la coruña, por exemplo. E ata o pon na páxina que hai na galipedia sobre o depor. --193.125.196.73 2 de marzo de 2018 ás 13:27 (UTC)[responder]
Veño de recibir resposta da mesa pola normalización lingüística:

A Comisión de Toponimia da Xunta de Galiza é a que acomete a fixación da toponimia. O artigo 10 da Lei de normalización lingüística estipula que "os topónimos terán como única forma oficial a galega" e que lle "corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, de vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galiza", así como que "estas denominacións son as legais para todos os efectos e a rotulación tera que concordar con elas". No Decreto 174/1998 regúlase a composición e as funcións da Comisión de Toponimia. No caso da provincia da Coruña o Decreto 189/2003 aprobou o nomenclátor das entidades de poboación desa provincia.

As formas que aparecen entre paréntese tamén son oficiais mais non teñen un emprego xeral polo que nas rotulacións por exemplo non aparece.

Mais pódelle enviar unha pregunta desa forma en concreto a: toponimiaarrobaxunta.es --193.125.196.73 2 de marzo de 2018 ás 13:27 (UTC)[responder]

Ata os medios de comunicación pensan que na galipedia andan a buscar fotos de igrexas para ilustrar artigos de parroquias (civís) -> http://www.gciencia.com/tecno/galipedia-15-aniversario/ --193.125.196.73 2 de marzo de 2018 ás 21:49 (UTC)[responder]

Táboas de poboación[editar a fonte]

Tódalas wikipedias teñen táboas de poboación. Comparativas da evolución de habitantes por cidades ou países. Hai un ex admin en galipedia que se adica a quitalas. Decidiuno el só. Podería estar ben se fixese algunha táboa ou mellorase as existentes, non é o caso. Decidiu el pola súa conta quitalas. Pode que non saiba o traballo que levou facelas ou pense que leva o mesmo tempo desfacer edicións que engadir contidos. Se hai que quitar as táboas de poboación de tódolos artigos debera ser unha decisión tomada por tódolos implicados (os que fan edicións) e non só por un ex admin metido a censor ou corrector de estilos propios. E tamén sería bo sabelo para aforrar o chollo facendo táboas. Ou facendo edicións. Se un decide por todos e desfai para todos mellor telo en conta. --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 00:33 (UTC)[responder]

De que artigos falas? --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 12:26 (UTC)[responder]
De tódolos artigos sobre concellos galegos que XA non teñen táboas de poboación e todos a tiveron (e dos que aínda teñen a táboa e se lles engadiu a etiqueta {{Atención|1=valores incorrectos / non concordantes na gráfica de barras|data=decembro de 2016}}) --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 15:27 (UTC)[responder]
Véxase Sobrado --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 15:42 (UTC)[responder]
Conversa:Praga#Un gráfico que ofrece información gráfica incorrecta. --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2018 ás 15:47 (UTC)[responder]

Pois, xa tes a resposta 47.62.15.120. Xa se deron no seu día os motivos. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 16:08 (UTC)[responder]

Efectivamente se deron os motivos, polos que a gráfica é correcta. De feito está noutras wikipedias. Copiadas as táboas de alí. Non ten sentido dicir que ningunha outra wikipedia ten táboas así xa que non é certo. Por outra banda os datos si son correctos. Están referenciados a INE. Se alguén considera que debe haber outra separación entre as barras (por motivos descoñecidos xa que ningunha wikipedia fai tal) pode editar a táboa e engadilos. Agora xa está todo explicado. Se alguén considera que hai que engadir máis informaicón que a inclúa. E se non gusta este formato que busque outro. Poñer catro cousas que non son certas e non solucionan nada, non debera ser escusa para facer o que lle peta a un usurio. Que ven sendo iso: un usuario como os demáis. --193.144.61.240 8 de marzo de 2018 ás 17:40 (UTC)[responder]

193.144.61.240 a táboa que había no artigo Sobrado é moi distinta da que empregabas como exemplo (supoño que eras ti o daquela conversa... aquí tes outra das vantaxes de rexistrarte), por que aquela mantiña uns datos constantes en períodos de 10 anos mentres que a de Sobrado, da saltos de case 30 anos ata 1981, e despois desde 2003 ata 2009 é anual, para saltar a 2012 e despois 2014. Como supoño entenderás unha gráfica así de pouco sirve, por que os datos que aporta non seguen unha orde lóxica. Se o queres é engadir esas táboas, xa se explicou en Conversa:Praga#Un gráfico que ofrece información gráfica incorrecta que os intervalos deben ser constantes, polo que se atopas os datos necesarios para facer os períodos non vexo problema algún en que se poida poñer a gráfica no artigo que corresponda, e supoño que HombreDHojalata tampouco o verá mal. Por último, agradeceríache que empregaras un ton menos agresivo á hora de falar dos demais usuarios, os problemas que poidas ter con HombreDHojalata os tratas con el na súa conversa, non tes que vir a taberna con eles con quen sabe que intención. Isto último dígocho polo de ser escusa para facer o que lle peta a un usurio. Que ven sendo iso: un usuario como os demáis. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:05 (UTC)[responder]

Claro, e como a táboa da saltos (ningunha o fai) bórrase, non se pon na páxina de conversa e se edita para mellorala.
supoño entenderás unha gráfica así de pouco sirve, por que os datos que aporta non seguen unha orde lóxica. Esa mesma gráfica (e milleiros iguais) son empregadas en tódalas wikipedias. Supoño que lle verán uso, por eso as teñen alí... e as empregan e amplian. Onde pon que a separación entre datas nunha táboa debe ser uniforme? Ningunha wikipedia fai eso. Debe ser unha norma propia en galipedia, logo nos pos a ligazón. Por outra banda os datos que existen son esos. Se ti tes outros podes poñelos. En canto a poñer información incorrecta, mellor non poñela. Non cho vou a responder. Máis que nada porque todos sabemos que wikipedia está chea de erros. E se nos poñemos a borrar neles queda o server baleiro. Evidentemente eu non vou facer táboas para que sexan borradas e moito menos para que alguén as borre porque non lle gustan. E ti como usuario sabes perfectamente que en calquera wikipedia borras unha táboa e tardan cero como dous en banearte. Menos na galipedia... aos usuarios como os demáis non lles pasa eso.

De tódolos xeitos póñoche a ligazón á páxina de sobrado na wikipedia en ukraína, podes ir por alí e explicarlles porque a súa taba alí vale e aquí non. https://uk.wikipedia.org/wiki/%D0%A1%D0%BE%D0%B1%D1%80%D0%B0%D0%B4%D0%BE (e fainos un favor a todos, non poñas gráficas de páxinas vandalizadas) --193.144.61.240 8 de marzo de 2018 ás 18:23 (UTC)[responder]

IP, se queres un exemplo dunha táboa de poboación correcta podes consultar a de Pontedeume#Demografía, nesa táboa amósase a poboación de dez en dez anos, salvo un pequeno salto entre 1970 e 1981 que van 11. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:51 (UTC)[responder]
A táboa de Pontedeume foi editada non borrada. Falamos de borrar táboas sen plantexalo na páxina de conversa do artigo. Ou mellor aínda: sen editalas. E xa é de chiste poñer etiquetas que levan anos alí sen que ninguén modifique nada. Non ten sentido dicir que son incorrectas cando as mesmas táboas están noutras páxinas doutras wikipedias e cando en galipedia NON existe norma ningunha que diga cantos anos ten que haber entre cada columna. E a proba de que non a hai é que ningún admin adapta esas táboas. --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]
IP se pode saber de que vas? Para empezar eu non che faltei ao respecto, ti o fixeches xa con dúas (tres se temos en conta o das parroquias) persoas. A gráfica en ucraíno ten os datos con frecuencias de 10 anos. A gráfica de páxinas vandalizadas é a que puxeches ti de exemplo, así que non me veñas con parvadas. As políticas á hora de editar varían dunha wikipedia a outra, polo que o que vale noutra wikipedia pode non valer aquí e viceversa. O de En canto a poñer información incorrecta, mellor non poñela eu non o dixen en ningún momento asi que non sei por que o sacas.--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 19:02 (UTC)[responder]
Onde están esas normas sobre táboas de poboación que varían dunha wikipedia a outra? Máis concretamente, onde está a norma da galipedia? Xa é a segunda vez que che pido a ligazón. Falas de normas que non existen?
Na ligazón que puxeches ti para xustificar o borrado de táboas di:

Nótese que ningunha outra Wikipedia en ningunha outra lingua fai gráficos deste tipo se non hai unha separación homoxénea entre as barras. Para que sexan correctos, os datos teñen que estar tomados de ano en ano, ou de 5 en 5, ou de 10 en 10…).
O que pon aí enriba NON é certo. E ninguén aportou unha ligazón onde poña eso.

(táboa de pobaoción de Sobrado da wikipedia en ukraíno)
que problema ten esta táboa? --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 19:58 (UTC) Se alguén quere ver unha gráfica que non existe con poboación dende 1378 -> https://hu.wikipedia.org/wiki/Pr%C3%A1ga --47.62.15.120 8 de marzo de 2018 ás 20:04 (UTC)[responder]

Eu non sei se é que non falamos a mesma lingua ou que. Estou dicindo que a táboa do artigo en ucraíno SI que a poderias poñer no artigo por que toma os datos dun xeito constante (10 en 10 anos). --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 08:30 (UTC)[responder]
Como que a podería poñer? Que a poña o que quitou a que xa había. Se algo dis que está mal o arranxa o que pensa que está mal, non os demáis. E moito menos os que levan postas centos de táboas. Poñer etiquetas que levan anos alí sen que ninguén lles faga caso non parece a solución. --47.62.15.120 9 de marzo de 2018 ás 11:51 (UTC)[responder]
Por deixar de xogar ao jato e o rato: @Nemigo: este tema xa se tratou varias veces, e todos coincidimos, todos agás ti (como en varios outros temas). Asemella que a túa intención, dende sempre, é facer honra ao teu nome de usuario e facer labor de oposición constante a esta comunidade.
Non sei se liches, no seu día, a acertada explicación de Xosé Antonio (grazas), matemático especialista en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade de Santiago. Por se acaso, aí che vai a ligazón: Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 26#Gráficos de evolución da poboación.
Teño que aclarar que, cando se retiraron os gráficos incorrectos, deixouse no resumo de edición unha ligazón interna ás páxinas de conversa sobre o tema [1]. --. HombreDHojalata.conversa 9 de marzo de 2018 ás 08:33 (UTC)[responder]

Sobre o uso de IPs anónimas[editar a fonte]

Ola a todas, levo tempo sen vir a este tipo de conversas e debates, pero se hai que vir vénse.
A Wikipedia pódea editar calquera, sexa cunha IP anónima e mudante, sexa cun usuario rexistrado, sexa como for. Non é obrigatorio empregar un usuario rexistrado, e iso é un dos principios básicos duha comunidade aberta. Con todo, tamén a Wikipedia se ten dotado de normas para evitar que haxa quen se aproveite deste principio de apertura para enganar os demais usuarios ou causar dano. Por iso é altamente recomendable que os usuarios se rexistren, especialmente se son asiduos; se non o fan, e se ademais teñen un comportamento disruptivo ou molesto para as demais persoas que compoñen a comunidade, daquela deixa de ser positivo o anonimato.
Así pois, IP bailante desta conversa, prégoche que:
  • deixes de empregar IPs anónimas e mudantes. Se é posible, rexístrate e emprega o teu nome de usuario por respecto á comunidade e ao proxecto.
  • se por algún motivo concreto isto non fose tecnicamente posible, asina as túas mensaxes cun nome, cun indicativo ou co que sexa, para sabermos todas que es ti. Como sabes, non é necesario ter un nome real: así poderemos agrupar as conversas e debater como se estivésemos a falar coa mesma persoa, e non con esta serie de alteregos que parecen a mesma e que dan unha sensación de que as opinións que defendes son máis populares do que realmente son.
  • se segues usando IPs anónimas, non empregues ao mesmo tempo o teu usuario real: podería entenderse como que en realidade estás empregando unha serie de "monicreques" para un propósito que descoñezo.
  • se por algún motivo laboral ou económico nin sequera podes vincular estas IPs a unha soa conta, por favor, dío. Entenderemos o teu punto de vista e respectarémolo. Pero nese caso tes que procurar falar con máis calma, menos indignación e máis respecto por todas. Todas as que estamos aquí temos opinións diversas, e vimos aquí perder o tempo para un fin que non sabemos moi ben cal é. Ti e mais as outras. Así que temos que construír un espazo o máis relaxado, amable e cordial posible, non só para que todas esteamos e nos sintamos a gusto, senón tamén para que as túas opinións, que ás veces son moi interesantes, non parezan unha trolaxe disruptiva e o resto da comunidade lle poida dar o aprezo que mereces. Un saudiño, e moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de marzo de 2018 ás 12:39 (UTC)[responder]


Revogación de artigos de calidade[editar a fonte]

Ola, caín sobre o artigo de Harvey Milk e comprobei que, malia que está traballado por moitas mans (incluídas as miñas) o resultado, polo menos a nivel de corrección lingüística deixa moito, moito que desexar. Creo que ten tantos erros, de tantos tipos, que non debería ser artigo de calidade, votase o que se votase no seu día (hai catro anos). Ocórrenseme tres cousas pra facer:

  1. botar as alforxas ao lombo, quitarlle a estrela e a rañala,
  2. quitarlle cautelarmente a estrela e pórme a amañalo, e en canto quede amañado volverlle a meter a estrela, ou
  3. propor unha votación para revogar a súa condición de artigo de calidade (e cando eu ou outra persoa o amañe, iniciar o proceso de votación de novo).

Teño argumentos para defender calquera das opcións, mesmo a 1. Como o vedes vós? --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 15:44 (UTC)[responder]

Ola, Xabier. Eu creo que o máis acaído sería solucionarlle os problemas de lingua directamente, sen quitar nin poñer estrela ou abrir novas votacións. Se despois de arranxada a parte lingüística o artigo mantén outros problemas (que, polo que mirei agora, poderías ser), daquela creo que caben dúasopcións: 1) pedir referencias para aseveracións concretas que non estean claras (por suposto, tamén achegalas directamente aló onde o contido sexa correcto e non as teñas). 2) abrir de primeiras unha votación para revogar o artigo; se a tal revogación se leva a efecto, daquela nese momento meterlle man sen medo ningún. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 16:06 (UTC)[responder]
Coincido en que debería haber un proceso de revisión dos artigos que saíron hai un tempo, sobre todo aqueles anteriores á aprobación da nova política sobre o tema, é un tema de saúde para a Galipedia. O modo de facelo non teño moi claro cal pode ser. Crear outra votación penso que pode saturar demasiado aos usuarios, sobre todo pensando en que hai algúns que polo que queira que sexa son contrarios a elas, ou participan de xeito selectivo. Por outra banda, eu non faría o de quitarlle a estrela e a rañala, xa que pode dar pé a malentendidos con algúns usuarios (falando do xeral dos artigos non só deste). Quizais o máis axeitado sería poñerlle un aviso de que os contidos están sendo revisados (especificando os motivos que sexan) para que todos os usuarios o teñan en conta á hora de consultar o artigo, pero deixando claro que no seu día foi escollido como de calidade. Poderíase substituír a estrela dourada de calidade por mentres dure o proceso. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:45 (UTC)[responder]

Ocorréuseme que quizais poderíase poñer algo así. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:45 (UTC)[responder]

Artigos de calidade
Artigos de calidade
Este artigo é actualmente un artigo de calidade. Un artigo de calidade debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por este motivo estamos traballando nel para que continúe sendo así.
Eu penso que se consideras que o artigo non é de calidade, o correcto é que se lle quite a estrela. Pero claro, tamén penso que non se lle pode quitar así como así xa que houbo unha votación e foi escollido pola comunidade, así que a comunidade debería volver quitarlla. Por iso creo que debería abrirse unha votación para decidir se debe seguir coa estrela ou non. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 01:39 (UTC)[responder]
vaia, parece que non hai moito consenso nisto... :( Vou deixar un par de días máis, e a ver. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2018 ás 08:09 (UTC)[responder]

A miña opinión, Xabier Cid:

  1. A opción 1 é inaceptable por dous motivos fundamentais: o artigo foi escollido pola comunidade e polo tanto debe ser decisión da comunidade se mantén a estrela ou non, por outra banda facer iso crearía un precedente e calquera usuari@ que considere que hai motivos para eliminar a estrela de calidade dun artigo podería quitala sen máis. Creo que esta opción só conseguiría traer confrontación.
  2. A opción 2 tampouco a comparto, xa que novamente se quitaría unha estrela que a comunidade outorgou, e quitaríaa un usuari@ particular fronte a toda unha votación (vale que sexa mentres o traballa, pero para iso xa hai o marcador "en uso", ou poderiamos empregar o que propuxo AMPERIO).
  3. Non concordo con establecer votacións para revogar a condición dos artigos de calidade, somos unha comunidade pequena e moitas veces é francamente difícil que saian votacións adiante e medre o número de artigos de calidade ou bos. As Wikipedias grandes teñen esa ferramenta, pero para unha Wikipedia con milleiros de usuari@s como a inglesa é máis doado o mantemento destes artigos (moitas veces pertencentes a Wikiproxectos nos que traballa moita xente), a escolla dos artigos... e se con tanta xente non hai quen manteña un artigo de calidade proponse e igual alguén o pode amañar, pero aquí non, eu traballo temas case en solitario, se alguén propón retirarlle a estrela a un artigo dun tema que eu edito e estou uns meses ausente o artigo perderá a distinción a pesar de que posiblemente podería mantela. Certo, pode abrirse unha votación de novo para que recupere a distinción, pero volvemos ao punto de partida, pouca xente que participe nas votacións...

A solución que propoño: someter os artigos de calidade a revisión cada X tempo, se alguén detecta problemas intentar entre tod@s arranxalos (mellorar lingua, buscar máis referencias, mellorar formatos...), xa que é bo ter un gran número de artigos de calidade porque poden atraer máis visitas e podemos "xogar" con eles a xeito de publicidade, como co de conseguir 150 polo 15º aniversario, que non sei se se publicitou nos medios, pero que ben podería publicitarse.

Como responsable da proposta de hai catro anos, lamento non terme dado conta dos erros ortográficos cando o revisei no seu momento. Piquito (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 22:20 (UTC)[responder]

Ola, Piquito, moitas grazas pola túa intervención. Moi interesante, e dá para cavilar. Só unhas cousiñas:
  • rexeitas unha opción (votar pola revogación) porque dis que levaría moito traballo, pero ao mesmo tempo propós que cada certo tempo se revisasen os artigos, que tamén debe levar o seu traballo. É un pouco paradóxico, e ao mesmo tempo gústame moito a solución. Voulle dar unha voltiña a ver como podemos facer para que leve menos.
  • a comunidade é responsable de todo, :), non é responsabilidade túa cargar con erros ortográficos... :)
  • o adxectivo "inaceptable", co que empezas a túa interveción é, na miña opinión, demasiado brusco. Se discordas moito de algo podes dicilo empregando outro tipo de termos que axuden a mellorar a convivencia entre todas.

Un saudiño, e moitas grazas de novo.--Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de marzo de 2018 ás 09:14 (UTC)[responder]

Ola Xabier Cid. Primeiramente, sinto se o adxectivo "inaceptable" pareceuche brusco ou ofensivo, non é un ataque contra ti ou a túa opinión, o que quero dicir é que a opción que plantexas non é unha opción posible e penso que nin tan sequera se debería valorar como tal, xa que segundo iso a opinión dunha persoa primaría sobre a de todas as que no seu momento votaron o artigo para calidade, creo que iso non se pode aceptar e por iso o termo "inaceptable", espero terme explicado ben. Por outra banda, eu non rexeito a revogación porque o proceso dea moito traballo, o que digo é que dá moito traballo que os artigos saian escollidos como para que despois se abra unha votación na que se lle retire a estrela cando simplemente cunhas semanas de traballo dunha ou varias persoas podería mantela. A revisión de artigos debería ser un traballo constante (que eu non fago, asumo a miña parte de responsabilidade), e os artigos de calidade non deberían ser unha excepción senón todo o contrario, por iso propoño que para eses artigos se estableza un período de tempo fixo (cada dous anos dende a súa elección, por exemplo), temos artigos de calidade que precisan referencias, pero se facemos algo parecido ás mallas para revisar un par deles nunha semana e repartimos os artigos por apartados entre varias persoas (ou se alguén quere facer a título individual algún) podemos facer ese traballo sen problema, que os artigos manteñan a estrela, teñan un nivel superior ao que tiñan no momento, e tod@s content@s. Para min é a mellor solución, pero a comunidade tería que concordar, porque é un traballo de tod@s. Espero terme explicado mellor agora, un saúdo. Piquito (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 10:24 (UTC)[responder]

Ola Piquito, si, sen dúbida. En primeiro lugar, sobre o de "inaceptable", creo que temos que ter en conta que o que escribimos aquí vai perdurarnos. Que as palabras que dicimos van ser lidas por outras persoas, sen este contexto de hoxe e de agora, e deberiamos extremar o coidado cando empregamos cualificativos. Creo, por outra parte, que si é unha opción "aceptable": non existen normas sobre ese particular (aínda), hai unha lista que indica o que debe ser un artigo de cualidade que este artigo non cumpre hoxe, e non vexo por que un editor calquera non pode revisar unha escolla non-normativa da comunidade. De feito, iso é o que imos facer agás que se prefira facer unha nova votación: alguén revisará a opinión da comunidade. Quero dicir, pode ser desaxeitada, ou trabucada, pero creo que "non aceptar" que un usuario propoña unha opción que non contravén as regras da wikipedia é pouco coidadoso. Paréceme interesante o período que marcas de 2 anos, e vouno tomar como referencia. A miña idea é redactar unha proposta de política complementaria de revogación, pero para iso necesitarei algo de tempo, e agora neste mes vou andar escaso del. Un saudiño, e grazas de novo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de marzo de 2018 ás 11:44 (UTC)[responder]
Xabier Cid, creo que lle das importancia a algo que non a ten, as palabras lévaas o vento, os cualificativos que eu empregue non teñen relevancia máis aló do aquí e agora, non importan dentro de 50 anos, e posiblemente non importen dentro duns poucos meses. Para min o que se di aquí non ten relevancia futura, para min non ten ese carácter trascendental de que "o que escribimos aquí vai perdurarnos"... para min non ten importancia o que persoas que non me coñecen pensen de min (a non ser que me falten, claro), nin agora nin no futuro, se dentro de 20 anos alguén le este fío e pensa que son un imbécil por poñer "inaceptable" me vai dar o mesmo, é irrelevante. Polo resto, simplemente temos opinións distintas, sigo sen ver aceptable o punto primeiro, se un usuario considerara que un artigo cumpre cos criterios e lle puxera a estrela sen consenso da comunidade choveríanlle unhas cantas, pero en calquera caso eu non estou aquí para convencer a ninguén, e creo que o meu papel neste debate xa finalizou, non teño máis que poida achegar aquí máis aló do que expuxen na miña primeira intervención. Saúdazos, Piquito (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 21:31 (UTC)[responder]

Algunas cuestiones relativas a los idiomas y a las referencias[editar a fonte]

En primer lugar, me gustaría saber si es lícito escribir los resúmenes de edición y las páginas conversa de los artículos (Albert Camus, Inditex...) en idiomas diferentes al gallego. ¿Las normas reguladoras de Wikipedia establecen alguna previsión a este respecto?

En segundo término, me pregunto si es legítimo insertar referencias y enlaces externos en inglés, francés, castellano u otros idiomas. Entiendo que se ha de otorgar prioridad al gallego, pero no resulta fácil encontrar material redactado en esa lengua. Además, la prensa digital gallega (La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo...) incurre con frecuencia en errores (podemos leer en ella términos que no están registrados en el DRAG).

He participado (ocasionalmente) en más de 100 Wikipedias extranjeras (la japonesa, la china, la hebrea, la rusa...). Allí admiten la publicación de links y referencias en inglés y francés. Lo que importa es que el cuerpo del artículo y el cuadro biográfico adjunto estén escritos en el idioma local.

Otra cuestión: ¿Google Books es o no una fuente válida? En 2017, observé que un administrador de la Wikipedia francesa resaltaba un texto de Google Books y lo aportaba como referencia.

Por último, respecto al grado de fiabilidad de mis fuentes, he de reseñar que procuro seleccionar cuidadosamente los artículos que comparto: elijo a autores cualificados (he desechado, por ejemplo, a Howard Mumma) y me decanto por periódicos, en principio, serios e imparciales. Lo cual no garantiza que toda la información que incorporo a Wikipedia sea verídica. Soleil222 (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 15:48 (UTC)[responder]

Na miña opinión os resumos de edición deberían estar en galego. En canto ás conversas como norma xeral deberían estar en galego, pero aí pode haber excepcións, porque algún editor que fale noutra lingua pode ter algunha cousa interesante que comunicar. En canto ás referencias, é preferible que estean en galego cando as hai, pero poden estar en calquera idioma. Estou pensando especialmente nos artigos de contido científico, campo no que as principais e máis prestixiosas revistas científicas están escritas en inglés. Tamén pode haber monografías referidas a un tema relativo a un país específico escritas na lingua dese país e moi interesantes como referencias.--Miguelferig (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 16:42 (UTC)[responder]
  • Gracias por exponer y fundamentar tu opinión, Miguelferig. Es razonable lo que dices. Siempre que me resultó posible, aporté fuentes redactadas en gallego. Procedí de ese modo, por ejemplo, en los artículos sobre María Casares, Lucía Extebarría, Miranda Kerr y el Opus Dei. Si hubiera formulado esta pregunta a principios de enero... Soleil222 (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 17:52 (UTC)[responder]
Subscribo o que sinala Miguelferig: se é posible, os resumos de edición deben redactarse en galego (pero quen non saiba galego, claro que pode escribir noutra lingua). En cantos ás fontes e referencias, a idéntica fiabilidade e facilidade para contrastalas, tamén priman as galegas. O mesmo rezaría para as ligazóns externas. En síntese, imaxino que a Wikipedia nesta lingua non é ningunha excepción e vai na liña das restantes (na catalá, primará o catalán; na española, o español; na dinamarquesa, o dinamarqués...). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de marzo de 2018 ás 17:55 (UTC)[responder]
Ola, Soleil222, que tal? Concordo basicamente co exposto polos nosos compañeiros, pero entendo que é lícito calquera lingua para os resumos, e é lícito calquera lingua para as referencias. É verdade que un resumo nunha lingua moi afastada do galego faría as tarefas de edición máis complexas, pero meudeus, o problema son todas as edicións que se fan sen poñer un resumo, non que se poña un resumo nunha lingua que non se entende moito. Pero a miña pregunta é, sobre todo, dilo isto por algo en concreto? Parece que é unha curiosidade motivada por algo en especial. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de marzo de 2018 ás 09:21 (UTC)[responder]
Soleil222, no hay ninguna política que obligue a poner los resúmenes de edición en gallego, pero lo normal es que los hablantes de gallego lo hagan en ese idioma ya que es el que usamos en esta Wikipedia. Obviamente, los que no hablan gallego pueden usar el idioma con el que se sientan más a gusto, lo que importa es que sus aportes mejoren los artículos, como haces tu. :)
Sobre las referencias, lo más importante es que sean de calidad y fiables, si se pueden encontrar en gallego, mejor que mejor, pero tampoco es obligatorio. Para eso todos los modelos de cita tienen el parámetro de idioma.
Sobre Google Books, realmente goole books no es una referencia, simplemente es una herramienta que permite visualizar libros escaneados, las referencias a eses libros tendrán el valor y la calidad del libro que se cite. Gracias a Google Books podemos consultar gran cantidad de libros en línea, lo cual facilita enormemente la verificación de la información, por lo que es unha herramienta muy útil. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 23:45 (UTC)[responder]
  • Google Books permite destacar contenidos específicos, por lo que resulta de especial utilidad en Wikidata. Aunque es una fuente de información imperfecta, pues la legislación sobre propiedad intelectual impide que los libros sean escaneados en su integridad. Yo nunca he estudiado gallego (no es el idioma oficial de mi comunidad autónoma). Tan solo soy capaz de construir, con ayuda del DRAG, algunas frases elementales. Consiguientemente, las mejoras que puedo introducir en Galipedia son necesariamente limitadas. Boas tardes. Soleil222 (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)[responder]
Soleil222, todas las ediciones que ayuden a mejorar los artículos son importantes, sean pequeñas o grandes, así que, muchas gracias por tu ayuda y que continúe mucho tiempo, ya que este proyecto tiene pocas manos y necesitamos de todas las que se pueda! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 00:41 (UTC)[responder]
Poco a poco vamos haciendo algunas actividades, pero he de decir que por el momento no hemos obtenido buenos resultados. En el wikimaratón de Ourense, que se anunció en más de 20 medios de comunicación, participaron sólo tres o cuatro nuevos usuarios presencialmente... Estamos realizando también talleres para introducir su uso en los centros educativos, pero el proyecto aún está arrancando, necesita más apoyo tanto por los profesores como por los editores para que se animen a dar charlas en los centros y ocuparse de dirigirlos. Tuiter puede ser interesante para realizar una acción concreta en un momento puntual, pero conseguir editores constantes es mucho más complicado. Por lo que me han comentado, la cuenta de Tuiter está "muerta", yo no lo uso ni sé quien mantiene la cuenta, pero ahora estoy viendo que el último post es del año pasado... Intentamos hacer más actividades de difusión, pero lo que también es cierto es que se necesita más implicación de los editores habituales en estos eventos, para ayudar a organizarlos, mejorar la participación y el mantenimiento de los nuevos editores... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 10:31 (UTC)[responder]
Soleil222, todas las ideas son bienvenidas y hacen falta :)
Puedes ver en Wikipedia:Primeiro_wikimaratón_do_Día_Internacional_da_Muller#Mencións_nos_medios las menciones que se hicieron al evento en los medios de comunicación. La mayoría son medios digitales, no es difícil aparecer en ellos, pero también fue publicado en varios diarios de papel. A mayores, se enviaron más de 50 correos a asociaciones de defensa de los derechos de la mujer para pedir su difusión y participación, ya que el tema del evento estaba asociado al Día Internacional de la Mujer. Y con todo esto, solo se acercaron cuatro personas que no eran editoras con anterioridad. Es por esto que creo que hay que replantear este tipo de eventos, el problema es que aún no tengo muy claro como hacerlo... :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 17:28 (UTC)[responder]
Si, ya llevamos varios años intentando mejorar este aspecto, y tenemos en cuenta que no es un problema exclusivo de la Galipedia y que quizás, por número de hablantes y número de editores del proyecto, la proporción sea la normal, pero es muy "penoso" que haya temporadas en que no hay ningunha editora habitual en el proyecto. Yo creo que esto no es bueno para la Galipedia, y que debemos buscar formas de aumentar el número de editoras y su número de ediciones. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 18:34 (UTC)[responder]

Artigo sen referencias[editar a fonte]

Ola compañeiros, teño unha dúbida. O caso é que hai unha entrada biográfica na enciclopedia que non só non ten referencias se non que me consta que ten cousas inventadas. Inventadas polo propio protagonista da entrada para un blog no que o entrevistaron, non para a wikipedia (e un artista, xa se sabe... xD). Eu coñezo á persoa da que se fala na entrada persoalmente e (máis ou menos) a súa biografía, pero tampouco teño referencias, como é lóxico, de todo o que fixo na súa vida. Qué fago neste caso? Non me gustaría precipitarme e prefiro preguntar. Oliveira (conversa)

@Brais Oliveira: Que artigo é? Se che consta que hai cousas inventadas debes retiralas directamente, e se hai afirmacións dubidosas podes meterlles o marcador {{cómpre referencia}}. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de abril de 2018 ás 16:06 (UTC)[responder]
@Estevoaei: O artigo é este: Samuel L. París.
Ola, Brais. Chántalle uns {{cómpre referencia}} como suxire Estevo, e se ao cabo dun tempo prudencial (unha semana?) ninguén pode achegala e ti sabes de certo que a información é incorrecta, retíraa cunha explicación no resumo de edición. --Atobar (conversa comigo) 15 de abril de 2018 ás 19:04 (UTC)[responder]
Grazas por respostar @Atobar:, ó final amañamos máis elegantemente e xa está máis ou menos lista (pódeste pasar se queres ver os cambios por se che parecese outra cousa), como coñezo á persoa da entrada parece que non me prestaba chantarlle un cabezallo aí ben feo. Oliveira (conversa)

Puigdemont[editar a fonte]

O artigo de Carles Puigdemont debe ser revisado por algún admin cun mínimo de autocrítca. É escandaloso que se estea a evitar a súa actualización para que non se engada información sobre os casos de corrupción nos que está implicado o ex president da Generalitat. Nin se menciona que está fugado e perseguido pola xustiza. Xa de traca é a páxina de conversa na que se di que ninguén engade esa información. Cómo se vai a engadir información se está protexido e se borra información? --95.61.140.12 11 de xuño de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]

@Atobar: quizais se podería levantar xa a protección non? --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 11:27 (UTC)[responder]
cando non estaba protexido tampouco se puido engadir información sobre a corrupción da que é acusado puigdemont cando era alcalde de girona e agora tampouco sobre a súa fuxida. --95.61.140.12 11 de xuño de 2018 ás 13:16 (UTC)[responder]
Adiante, Amperio. Se dese novos problemas, abordariámolos e listo. --Atobar (conversa comigo) 11 de xuño de 2018 ás 15:12 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, desbloqueada a páxina para que calquera usuario poida editar. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 15:52 (UTC)[responder]

Grazas, AMPERIO. Unha aclaración par a ip: a protección que tiña a páxina era só parcial: calquera usuario autoconfirmado podía editar nela, non así as ips anónimas. --Atobar (conversa comigo) 11 de xuño de 2018 ás 17:30 (UTC)[responder]

uso de etiquetas[editar a fonte]

pódense ver polos artigos etiquetas pedindo que artigos se wikifiquen, se deswikifiquen, se galeguicen, se corrixa ortografía ou se poñan referencias... todo isto está moi ben se os que poñen as etiquetas son admins. Non ten sentido que usuarios poñan destas etiquetas. Un usuario dille a outro como debe ser un artigo? Leva o mesmo tempo arranxalo que poñer etiquetas --47.62.253.43 19 de xuño de 2018 ás 20:53 (UTC)[responder]

Un usuario non lle di a outro, dilles a outros, é dicir á comunidade. Identificar é parte do traballo, outra é corrixir: pode ser que mesmo por principios se negue a corrixir, pero non a propor. Nunha chuvia de ideas, todo molla. ※ Sobreira ►〓 parlez 5 de outubro de 2018 ás 10:14 (UTC)[responder]
Penso que está ben poñer etiquetas pero con mesura. Por exemplo se faltan dúas ou tres referencias é preferible poñer uns Cómpre referencia no corpo do artigo en vez da etiqueta na cabeceira; pero se non ten ningunha ou practicamente ningunha referencia habería que poñer a etiqueta. Para min as etiquetas son para sinalar erros maiores, non para erros menores. Se un artigo é pequeno, é obvio que se pode ampliar e mellorar, pero para min iso non é dabondo para poñer unha etiqueta na cabeceira (a non ser que o artigo sexa realmente mínimo e doadamente ampliable); na maior parte dos casos xeralmente abonda con poñer a etiqueta na parte final da páxina de "Artigo en progreso", que é moito máis discreta e menos rechamante. Igualmente, non é o mesmo que un artigo teña uns poucos erros lingüísticos que que estea inzado deles.--Miguelferig (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]

Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos pendente de ser política[editar a fonte]

Revisando o tema dos nomes dos artigos atopei que Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos non está aprobada como política e pola contra Wikipedia:Nomes propios de persoas si. Isto parece que está un pouco coxo así, habería que revisar esa páxina e propoñela para votación. Quen se animaría a revisala? Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 08:16 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm. Eu o que lembro de hai anos, cando comecei coa redacción de WP:NPP, WP:TRL e WP:TITORG, e que falouse de que a Convención de nomes era demasiado ampla, e que era mellor ir facendo políticas sectoriais por temática de artigos. Penso que seica sería doado facer unha para obras de arte (incluíndo literatura e cine), e outra para seres vivos. Tamén se podería facer unha de política e goberno, eleccións, etc. --Norrin (Fálame) 6 de outubro de 2018 ás 11:50 (UTC)[responder]
Téñoa no radar para votar un texto definitivo para esta política. Como indica Norrin hai que dividila en temáticas e subconxuntos, pero pódese procurar unha norma xenérica para algunhas cousas. En canto consiga algo de tempo libre dareille unha volta. Banjo tell me 6 de outubro de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]
Moitas grazas Norrin e Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2018 ás 14:41 (UTC)[responder]

Consulta: Sobre bots autorizados e modelo biografía[editar a fonte]

Boas, vexo que ultimamente está traballando o Usuario:Aosbot que está facendo un gran traballo incorporando o modelo Biografía a aquelas entradas de persoas que non tiñan infobox e mesmo retirando as fotos duplicadas. As miñas consultas son a)por que non figura na lista de bots galegos? b)chegouse a algún acordo para avanzar no modelo biografía de xeito que se adapte en pseudosubmodelos para preservar un pouco os modelos de infobox xa existentes (científico, deportista, etc.) ou pola contra vaise usar este modelo biografía para todo tipo de persoas? Se podedes indicarme onde se atopan as conversas destes temas xa me apaño, é que non as dou localizado. Moitas grazas --Maria zaos (conversa) 3 de novembro de 2018 ás 21:15 (UTC)[responder]

Maria zaos, a lista de bots galegos é simplemente unha páxina que se actualiza de forma manual, pode actualizala todo o mundo, pero se ninguén o fai, queda desactualizada :) O que importa é o proceso de concesión da marca de bot, iso está en Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación#Posta_en_funcionamento_de_Aosbot. Sobre os acordos, non polo momento non hai acordo ningún sobre o modelo biografía, eu teño pendente facer unha adaptación duns modelos que usan en ca.wiki que están preparados para consultar moitos datos en Wikidata pero polo momento teño o tema un pouco parado porque estou traballando co proxecto dos artigos para os rapaces. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2018 ás 22:38 (UTC)[responder]