Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Artigos nos grupos musicais[editar a fonte]

Á hora de categorizar os álbums dalgúns grupos musicais, xurdiume un problema. En principio, todos levan a forma "Álbums de [Nome do grupo]". Porén, coma se fai con algúns países (os Estados Unidos de América, a Arxentina) é habitual engadir o artigo diante. Polo tanto, sóa máis natural dicir "Álbums dos Red Hot Chili Peppers" que "Álbums de Red Hot Chili Peppers". Gustaríame ter cantas opinións sexan posíbeis. Un saúdo! --GallaecioE logo? 06:19, 16 xuño 2008 (UTC)

  • Eu diría Álbums de Red Hot Chili Peppers, aínda que a outra forma non me parece mal. AlberteSi, digame? 13:32, 16 xuño 2008 (UTC)
  • Eu tamén preferiría "Álbums de..." --BaNjO tell me 18:03, 16 xuño 2008 (UTC)
  • Creo que o máis correcto sería sen artigo "Álbums de Red Hot Chili Peppers" como xa dixeron Alberte e Banjo, aínda que quizais se fose eu quen categorizase as páxinas poríalle o artigo. --Toliño Fala aquí comigo 18:13, 16 xuño 2008 (UTC)
    • Grazas. Así queda entón. Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:09, 17 xuño 2008 (UTC)

!Hispahack[editar a fonte]

Boas noites, Hai unha discusión na es.wikipedia.org sobre o borrado deste artigo: [1]. Eu penso, que ten moita relevancia, xa que tuvo o seu impacto na lexislación española, e queiramos ou non é historia, e dun tema, que particularmente a min, interésame. Cecais para outro tipo de usuarios nonna teña (no link, pódese ver moitas opinións na páxina de discusión do borrado). Que politica tedes sobre estes casos? Podo traducilo ó galego e incorporalo? Gostaríame sabelo de antemán. Teño un par de páxinas con ramificacións -links a outra información todavía por introducir e para completar- a terminar e non desexaría perder o tempo. --Baaden 22:17, 24 xuño 2008 (UTC)

  • As posicións a favor de borralo, que son menos que as que están en contra, baséanse principalmente en que:
    • o artigo fíxose por motivos de autopublicidade (este non é o termo exacto),
    • o artigo está cheo de ligazóns externas.
    • o artigo non ten relevancia.
  • Na miña opinión, as dúas primeiras razóns son correxibles, e ti ao traducilo á Galipedia deberías fixarte, e procurar que o artigo fose máis wikipédico, e todo o obxectivo posible. Respecto da terceira, considéroa falsa. Paréceme que foi algo bastante relevante. Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:15, 25 xuño 2008 (UTC)
  • Se o que se conta no artigo é certo, e parece que si xa que hai bastantes ligazóns externas, o artigo si ten relevancia, tanto no aspecto xurídico como informático, si que é certo que habería que mellorar o artigo referenciando algunhas cousas e modificar algo o ton do artigo. En definitiva sempre que o artigo sexa neutral e o que se diga sexa certo hai relevancia para facer un artigo desde o meu punto de vista.--Arco de Rayne 13:49, 25 xuño 2008 (UTC)


Unha vez lido o artigo, a consulta de borrado e algunhas das intervencións en webs e blogs, a min paréceme que a creación do artigo tal e como foi feito na Wikipedia en castelán supón un problema. Tentarei facer unha relación de puntos a ter en conta:

  • Se se recolle o material borrado en es.wp hai dificultades para determinar a autoría posto que o historial do artigo xa non está dispoñible e republicar ese material sen eses datos viola a licenza GFDL.
  • Ata agora os casos que temos visto na Galipedia refiridos á creación de artigos borrados noutro wiki Wikipedia foron para saltarse a decisión tomada no wiki do borrado. É certo que non todos os wikis teñen que tomar as mesmas decisións e pode haber diferenzas na interpretación de certos datos (ata ser contrapostas). Polo xeral supón un punto de partida problemático.
  • Asociado ao anterior está o tema das presións externas. Vendo o que ococrriu en es.wp, unha cousa que si é común ao conxunto dos wikis Wikimedia é que non se admiten presións externas (polo que eles chaman contas de propósito particular, meatpuppets en inglés ou aquí temos chamado facundos) para manter un artigo e na consulta semella que ocorriu iso.
  • O artigo contén moitos datos dubidosos ou indeterminados (expresións do tipo "según algunhas fontes", "también se suponía",...), agás nun caso non se coñecen os nomes dos integrantes do grupo (polas características do artigo publicalos, se souberan, mesmo podería ser unha violación da intimidade). Dada a natureza do tema todo semella moi escuro no sentido da carencia de fontes claras.
  • Wikipedia non é fonte primaria. O problema das referencias, unha autoreferencia aínda que proceda dun terceiro sitio sigue sendo unha autoreferencia. Outras veces os mesmos datos (sen comprobar) rebotan dun sitio a outra como se fora un comunicado de prensa. Así mesmo o artigo inclúe datos que dificilmente se poden comprobar de ningún xeito.
  • Neste caso o artigo foi creado por unha persoa coñecida e digamos con credibilidade así é todo non hai que esquecer que os artigos deben cumprir todos os principios de Wikipedia e poden darse casos que tomando como exemplo dito artigo (se chegara a crearse) poidan pensar que poden crear entradas que non cumpren os requisitos da Wikipedia.

En resumo, como regra xeral, na miña opinión, non deben crearse entradas como resultado dos problemas surxidos noutros wikis. A versión do artigo que aparece no enlace fornecido por Baaden presenta moitos problemas. Xunto con iso é moi importante o tema das presións externas. O que acabo de dicir non implica que estea ou non de acordo co dito na páxina de consulta de borrado de es.wp aínda que o resultado semella correcto. Moitas grazas a Baaden por expoñer aquí o asunto para debatilo antes de que aparecese o problema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:29, 25 xuño 2008 (UTC)

Home, e que a min, persoalmente é un tema que me interesa polo meu traballo, difícil de comentar, difícil de buscar datos. E dado que vivo baixo a lex hispaniae (ou como se diga, que latin pouco e fuxindo, anque agora pésame non ter algo máis... cousas da mocidade) impacta directamente na miña laboura diaria.

A es.wp ten un gran problema: a súa extensión mundial. Distintas culturas, distintas formas de mirar o mundo. O que é relevante para un ribeirán do lago do parque do retiro non ten relevancia para quen é ribeirán do lago Nicaragua. O exemplo está escollido con toda a maldade posibel, anque con inexactitude.

E o que é incontestable e un dos links que da directamente cunha sentenza xudicial, a cal, curiosamente, ten validez no ámbito territorial do galego, anque non nos países ribeiráns do lago Nicaragua. Antes desa sentenza non había un término "hacking", logo desa sentenza hai o término recollido na lexislación vixente no noso territorio e algúns alleos.

Eu preguntei equí porque paréceme que na galipedia todos falamos a mesma lingua e non palabras homófonas, e entendémonos xa que o noso espazo territorial é pequeno e temos a mesma cultura base, unha gran vantaxe ;)

Dito de outra forma todo isto: gostaríame que se algún de vos, dos que dades clase nos institutos, mandádeslle á clase do meu fillo facer un traballo sobre o "hacking", que o tope na galipedia, que o copy & paste (as usual) e que voslo entrege :P ... e que non sexa unha traducción desta outra: [2] ou traducción da traducción ó castelán ou portugués (según preferencias do traductor).

Farei o que digades. --Baaden 00:43, 26 xuño 2008 (UTC)

Se quixeses facer un artigo do tema, o mellor sería comprobar todas as referencias e utilizar só aquelas que podar ser válidas ou que non den cabida á dúbida. A sentencia xudicial, por exemplo, sería o mellor punto de partida, e non sei como vai a cousa do "copyright" das sentencias xurídicas, pero podías mirar se sería posíbel meter unha traducción na Galifontes. A partires das referencias fiables, poderías ir eliminando do artigo toda a información subxectiva o do estilo "moitos pensan" e "seica/disque" que mencionou Prevert, porque iso si que non fai nada nunha enciclopedia. Os rumores para a rúa, a verdade para aquí. Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:02, 26 xuño 2008 (UTC)

Neste caso, só borraría o primeiro dos paragrafos. Se El Mundo, El País, O diario de sesións do senado, Linux.org, a web da propia Garda Civil e La Ley non son referencias válidas... cales son?

Unha sentenza xudicial non pode ter copyright pola súa propia natureza. Deixoche como exercicio mental pensar o que pasaría se tiveran dereitos de copyright... --Baaden 08:29, 26 xuño 2008 (UTC)

Xa imaxino á SGAE cobrando por cada xuízo en España... Meu Deus, se agora se forran, entón dominarían o mundo. Un saúdo! --GallaecioE logo? 11:06, 27 xuño 2008 (UTC)

Baaden a min cando o lin tamén me pareceu un artigo interesante. Iso non quita de que teña os problemas sinalados, quero dicir que o pode ser un bo artigo para un blog ou un xornal no que non se preocupen moito polas fontes non necesariamente ten que ser válido para unha enciclopedia do tipo Wikipedia. Iso non implica rexeitar o tema, o que quere dicir é que aínda que un asunto poida ter interese ou suscitar simpatías non debemos esquecer seguir as regras do proxecto. Por poñer un exemplo: o artigo afirma "El grupo mantuvo siempre una media de diez miembros". Como se pode afirmar iso dun xeito categórico? Onde se pode verificar que iso é realmente certo, que persoas foron membros en cada momento? A cuestión principal do artigo parece estar "El "caso Hispahack" dio lugar a la primera sentencia en España sobre acceso ilegal a un sistema informático". Sen entrar en se é certo ou non, sería interesante contar con fontes independentes que permítisen referenciar iso (por exemplo bibliografía relacionada con xurisprudencia). A miúdo úsanse na prensa ese tipo de expresións sen ser necesariamente certas (parten dun ou dous orixes e comézanse a repetir sen comprobación). De feito o que semella consistente no artigo é a sentenza. E quizais, e só digo quizais, iso puidera dar lugar, pola súa singularidade (posto que entre os obxectivos da Wikipedia non está ser un directorio de sentenzas xudiciais), a unha entrada chamada Caso !Hispahack . Con respecto ao status legal das sentenzas, a Lei de Propiedade Intelectual di:

Artículo 13. Exclusiones.
No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, así como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores.

Sumado a iso cómpre ter en conta o aviso legal que aparece no sitio web do Poder Xudicial, onde semella que a orixe das sentenzas é importante, alí afirman que a compilación de sentenzas si ten as restricións refiridas ás bases de datos:

AVISO LEGAL
Las resoluciones que componen esta base de datos se difunden a efectos de conocimiento y consulta de los criterios de decisión de los Tribunales, en cumplimiento de la competencia otorgada al Consejo General del Poder Judicial por el art. 107,10º de la Ley Orgánica del Poder Judicial. El usuario de la base de datos podrá consultar los documentos siempre que lo haga para su uso particular. No está permitida la utilización de la base de datos para usos comerciales, ni la descarga masiva de información. La reutilización de esta información para la elaboración de bases de datos o con fines comerciales debe seguir el procedimiento y las condiciones establecidas por el CGPJ a través de su Centro de Documentación Judicial. Cualquier actuación que contravenga las indicaciones anteriores podrá dar lugar a la adopción de las medidas legales que procedan.

En canto ao apartado da validez das referencias, non podemos medir as referencias exclusivamente polo medio do que proceden, hai que analizalas unha a unha. Para iso temos que ter en conta cuestións como o xeito no que se produce e circula a información. A ver se consigo explicalo sen enlear a explicación. Supoñamos, por exemplo, que a Galipedia saca unha nota de prensa que afirme que ten neste intre 4.091 usuarios. A maioría dos medios que cheguen a reproducir a nota recolleran ese dato como certo (en teoría quen mellor ca nós vai saber cantos usuarios hai no wiki), tendo algo de certo ese dato non é realmente exacto debido a que moitos deses usuarios non son usuarios reais do wiki. A quen vén isto?, pois que seguín unha parte das ligazóns que aparecen no artigo borrado en es.wp e son desa índole. Nos enlaces que visitei hai moita vaguidades ou datos imprecisos. (Eses requerimentos das referencias son aplicables a calquera dos artigos que hai na Galipedia e de seguro que hai moito que facer nese sentido para mellorar uns cantos). Para finalizar, na miña opinión para obter algo aproveitable habería que chapodar e refacer o artigo completamente tendo en conta todas as cuestións sinaladas ata agora. Non sei ata que punto iso é posible. Vaia por diante a miña felicitación se o consigues. Ah! que non me esqueza. Baaden sobre o teu último parágrafo, a min tamén me gustaría que a Galipedia fose unha fonte fiable á que se recorre a miúdo en todo tipo de temas, pero máis me gustaría que os lectores foran quen de usar este wiki como medio para mellorar a súa capacidade para analizar e contrastar a información por si mesmos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:48, 2 xullo 2008 (UTC)

Oído cociña! Esperarei a atopar un artigo sen problemas, anque perante a operación "borrado", o artigo foi moi mellorado por diversos contribuintes, o cal non quita que se teño tempo, cousa que dubido ultimamente bastante, faga un artigo xenérico sobre o tema, que estaría ben de ter. Realmente non sei como facedes vos. Eu traduxen un par de artigos... e logo tópome que quedan fios que saien deses artigos sen completar, que a sua vez teñen mais e mais fios... En fin, póñome a elo paseniño, pero constante. --Baaden 11:15, 3 xullo 2008 (UTC)

Linguas de segunda?[editar a fonte]

Porqué neste modelo aparecen algunhas linguas en pequenilo? Son linguas de segunda? --Norrin_strange (Talk) 09:46, 25 xuño 2008 (UTC)

Pois non che sei exactamente os motivos desas negras, habería que pregubtarlle ó creador do modelo, en todo caso concordo en que deberán estar todos sen a negra. AlberteSi, digame? 12:07, 25 xuño 2008 (UTC)
Contesto por alusións: O modelo creeino a partires da wiki inglesa. Cando o creei tódalas linguas tiñan o mesmo tamaño. Porén na inglesa fan diferenza de tamaño segundo o número de falantes, neste caso non sei en que están baseados os cambios, aínda así, se está mal, non custa nada arranxa-lo--Hugo22 14:49, 25 xuño 2008 (UTC).
Pois vou a arranxalo. --Norrin_strange (Talk) 10:26, 12 xullo 2008 (UTC)

Unificación de modelos[editar a fonte]

Estiven navegando por varios artigos sobre cidades, e vexo que non hai unha política unificada en canto aos modelos. Ao meu ver, deberíamos facer unha cousa así:

  • Crear un modelo (se non está xa creado, que penso que si) para os estados. Aquí só se poderían poñer estados independentes. Engadir un cadro que sexa "linguas" onde se poderían meter as non oficiais que sexan propias do territorio (por exemplo, o éuscaro en Francia).
  • Unificar os modelos de cidades/concellos. Estiven traballando no modelo Infcidade e penso que funciona bastante ben.
{{Infcidade
|escudo =
|bandeira =
|situación =
|país =
|división 1 =  
|nome división 1 = 
|división 2 = 
|nome división 2 = 
|altitude =
|superficie =
|poboación =
|densidade =
|xentilicio =
|código postal =
|alcalde =
|sitio web =
}}

Penso quwe é mellor ter todas iguais que ter un modelo distinto e completamente distinto para cada país.

  • Crear un modelo para territorios autónomos, por exemplo para os Länder alemáns, as CCAA españolas, etc.

Como o vedes? --Norrin_strange (Talk) 09:12, 13 xullo 2008 (UTC)

  • Aínda non entendo o que son os Modelos nin o seu funcionamento, pero se o obxectivo da túa proposta é a unificación dos formatos e a coherencia entre as distintas páxinas (presdentación e información), estou totalmente de acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:50, 13 xullo 2008 (UTC)

Linguas e toponimia[editar a fonte]

Xa sei que recentemente vense de aprobar certas normas ou políticas oficiais. Unha delas é Wikipedia:Toponimia, e quería amosar varias discrepancias con ela. Particularmente no que afecta ás linguas minoritarias.

Estou de acordo co de Galicia e Galiza. Aínda que non é unha solución ideal dende o meu punto de vista (xa había certo consenso nisto).

Lexo o das formas oficiais. Por exemplo tómase como exemplo a Suecia. Máis Suecia redirixe a Suecia - Sverige, cando é en sabido que na Suecia non hai lingua oficial. O mesmo pasa co Reino Unido. En Noruega temos Noruega - Noreg, por que non Noruega - Norge? As duas variantes de noregués son igualemnte oficiais.

Pero á marxe disto, cando se vai deixar a Galipedia de oficialismos? Por que Festival Intercéltico de An Oriant foi movido a Festival intercéltico de Lorient? O francés ten mais categoría que o bretón? Non existe nome en galego, logo porque haberíamos de preferir o un ao outro? Porque é oficial? Pois se falamos de oficialidade non poñamos Suecia - Sverige, poñamos tan só Suecia. Non poñamos Reino Unido - United Kingdom, deixémolo só en Reino Unido. Estados Unidos tampouco ten lingua oficial. Oficialmente Galiza non é unha nación. Oficialmente...

Tan só pido unha reflexión. -- Norrin_strange (Fala-me) 08:52, 26 xullo 2008 (UTC)


Como díxome Arco de Rayne, propoño facer algo para arranxar todo isto. A miña proposta é: Deixar os artigos (os títulos), só co nome en galego. No caso de que non haia unha forma tradicional galega, deberíase empregar a forma máis habitual. Logo, na primeira liña, especificar os nomes autótonos. -- Norrin_strange (Fala-me) 11:19, 26 xullo 2008 (UTC)

  • Estou de acordo aínda que vai custar moito traballo--Hugo22 11:23, 26 xullo 2008 (UTC).
  • Malia todo para facer unha proposta oficial é mellor agardar para setembro, para pórmonos a votar falta moita xente que está de vacacións, e para un asunto desa trascendencia ten que participar a maior cantidade de xente posible, ata entón podemos falalo e ver se chegamos a un consenso, por exemplo perfilar concretamente que se entende por forma máis habitual.--Arco de Rayne 11:25, 26 xullo 2008 (UTC)
  • Discordo. É unha perda de tempo absurda e os criterios non son suficientes pois o dobre nome no artigo é expresivo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:29, 30 xullo 2008 (UTC)
Ola a todos. Eu entendo cales foron as razóns de que se adoptase o criterio do dobre nome nos topónimos. Nalgún dia, falando a propósito da reforma de Galiza/Galicia saíu este tema a colación e díxose que se trataría máis adiante. Alégrome de que saia de novo. E aínda que unha decisión tan trascendente coma esta debe debaterse en setembro tamén, creo que nada impide que vaiamos creando unha páxina de discusión á parte, cunha proposta de reforma.
os meus argumentos son:
  1. Os lugares non se chaman con formas dobres: os lugares nalgúns casos chámanse con formas oficiais bilingües, noutros con formas oficiais monolingües e, na maior parte dos casos, con formas non oficiais. pero nunca cunha dobre forma galego-outra lingua.
  2. O galego é unha lingua coma outra calquera, e por iso hai algúns topónimos do mundo que reciben un nome concreto en galego. Todas as wikipedias importantes indexan os artigos polo nome que se lles dá a eses lugares na súa lingua, e non na suposta lingua do territorio. A ese respecto, o galego non debería ser unha lingua de segunda.
  3. En Galicia, e en España en xeral, temos un problema engadido. As administracións decidiron determinar nalgunhas comunidades autónomas (noutras, como Andalucía, non, p.ex.), cales eran as formas oficiais dos seus concellos e lugares (non, p.ex., dos ríos ou dos montes). Iso, que é unha medida puramente oficial, non obriga a ninguén que non sexa unha instancia oficial. Así, con toda lóxica, a wiki catalá chámalle á cidade setentrional La Corunya, porque no seu idioma se di así. Seguramente, o interese de parte dos wikipedistas galegos no conflito toponímico da es.wp axudou a que na gl.wp se tomase unha ou outra opción.
  4. É moi moi difícil ditaminar cal é o nome oficial dunha cidade porque na maior parte do mundo as cidades non teñen nomes oficiais. Nalgúns casos, intuíuse que é nome oficial aquel dito na lingua oficial do estado ao que pertence a cidade. Pero tampouco é frecuente que os estados teñan unha lingua oficial.
  5. De por parte, cando si existen linguas oficiais nos estados é frecuente que exista máis de unha ou de dúas. E moitas veces témonos atopado con denominacións dobres, triples e ata cuádruples nos topónimos. O caso máis extremo probabelmente será Suráfrica, que nós temos titulado como Suráfrica - Ningizimu Afrika a pesar de que o zulú é só un dos 11 idiomas oficiais en todo o país.
Aínda que moi explicábel e entendíbel no tempo, o mantemento das formas dobres e triplas de topónimos é algo a mudar. E creo que a razón fundamental é que, detrás dese mantemento artificial de formas dobres ou triplas reside un benintencionado nesgo ideolóxico, pero nesgo á fin e ao cabo.
Outro tema completamente distinto é o do festival de Lorient, ou o do propio artigo de Lorient, aínda que existen algúns matices que os diferencian. Neste caso, a chave estaría en saber como se chama esa cidade bretoa en galego. Ata hai pouco, na wikipedia galega seguiamos como fonte de referencia prós topónimos estranxeiros un catálogo da universidade de Vigo que se podía consultar en liña. Agora ese catálogo, que na miña opinión era un cúmulo de despropósitos, pero que tiña a vantaxe de ser unha forma única e dispoñíbel sempre, non está en liña (prego que me corrixan se estou trabucado). Pero, aínda con todo iso, é pouco probábel que vilas do tamaño da de Lorient aparecesen nese catálogo.
Como se debe chamar esa cidade en galego? Lorient, empregando a súa forma francesa? ou An Oriant, pola súa forma bretoa? Se tentamos buscar o espírito das normas lingüísticas polas formas que si están aceptadas polas institucións correspondentes, veremos que:
  • normalmente as formas galegas tentan achegarse á da lingua minoritaria local, sexa moi falada ou pouco falada: Xirona, Elxe, pero adaptándoas á fonética galega.
  • normalmente cando esa lingua local é moi insolidaria coas formas do contorno Albania/Shquiperia, mantense a forma máis próxima da internacional.
Pero aquí estamos falando de cidades que "non se deben chamar en galego" porque son irrelevantes. Unha pequena cidade de Finlandia, un barrio do Cairo, un estado de Colombia... Podemos pensar que, nese caso, o mellor é usar o nome oficial, se o hai. Pero ademais temos que enfrontarnos a montes (que non teñen nunca nomes oficiais), nomes de ríos (que teñen habitualmente varios nomes) ou a eventos coma o festival de Lorient, que seguramente teña os dous nomes. Creo que esta é unha canella sen saída, e que o mellor que podemos facer é armarnos de paciencia, de comprensión, e non ensarillarnos en discusións que non teñen moito sentido: a redirección é a mellor solución. --Xabier Cid Conversa 13:14, 4 agosto 2008 (UTC)

lugares e parroquias[editar a fonte]

teño un gran lío armado na cachola. Para o concello de Pontevedra, o nomenclator di unha cousa, o IGE outra, o arcebispado outra, e o sentido común, outra.

Casos concretos[editar a fonte]

  1. Monteporreiro é un lugar do parroquia de Mourente. Porén, é unha parroquia propia. Aquí entendo e acepto a política do nomenclator oficial, pois é unha parroquia relixiosa de recente creación.
  2. Campolongo: No nomenclator aparece como parroquia chamada "San Xosé", con tres lugares. De feito, non aparece "Campolongo" nin como lugar nin como parroquia.
  3. O Burgo. Tampouco aparece no nomenclator nin como parroquia nin como lugar! É unha parroquia relixiosa, que quizais, como a parroquia urbana da "Virxe do Camiño", estea "subordinada" á parroquia de Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María), que conta cun só lugar. (¡!).

Quizais sexa demasiado marcar todos estes artigos con "atención", pero o certo é que están incorrectos. Non me atrevo a meterlles man porque hai moito que correxir. Desde o Modelo:PontevedraConcello, ata o propio artigo do concello, o dos Lugares de Pontevedra, e as propias parroquias. Toda axuda (tanto con feitos, como con explicacións, ou simplemente apoio moral) será benvida.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 02:58, 3 agosto 2008 (UTC)

A ver se che podo dicir algo...

  1. Monteporreiro: seguir o nomenclátor e engadir que na actualidade ten igrexa parroquial de seu.
  2. Campolongo: Os barrios, se ben teñen unha entidade difusa, existen aínda que non veñan indexados no Nomenclátor. Non son lugares, nin son parroquias, pero deben ter un artigo. Nese caso, creo que campolongo, Pontevedra é a mellor opción, como Coia, Vigo ou As Lagoas, Ourense.
  3. O Burgo. As parroquias urbanas non están recollidas no nomenclátor. Non sei moi ben por que razón, entendeuse que as distintas igrexas parroquiais do interior das cidades non representaban unha territorialidade definida como as rurais ou semiurbanas, e non se reproducen. Eu optaría por considerar, un pouco ás cegas, O Burgo como barrio, ao igual ca Campolongo.

Espero que che servise. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 13:34, 4 agosto 2008 (UTC)

Eu só podo falar da miña experiencia, pois desde ela entendo o que fai o Nomenclátor (refírome ás parroquias das cidades). As parroquias das cidades son totalmente difusas para os cidadáns e carecen de interese enciclopédico. Eu vivín 7 anos a un lado da rúa República do Salvador e seis anos no outro lado da rúa. Curiosamente un dos lados pertencía á parroquia do Pilar e o outro á parroquia de San Pedro de Mezonzo.
Quero con isto facer ver que os artigos da Galipedia non son artigos de parroquias, son artigos de barrios, lugares e, en definitiva, espazos recoñecidos polos habitantes comúns do lugar e dos arredores (véxase o título que teñen, que non é o nome da parroquia). Ten sentido un artigo que se titule Coia, Vigo, pero realmente cabe pensar nun artigo sobre unha parroquia que careza de denominación esplícita, denominación que si ten Coia? --Lmbuga Commons - Galipedia 18:36, 6 agosto 2008 (UTC)

Para denominarmos os pobos na Galipedia temos tres sistemas, comezar o artigo con pobo como en Pobo apache, ao final seguido de coma como en Guti, Pobo e en plural como en suevos, persoalmente é esta última a que máis me gusta pero o caso é unificar o sistema e quedar cunha soa forma para titular este tipo de artigos.--Arco de Rayne 10:48, 4 agosto 2008 (UTC)

  • De acordo con unifica-la presentación (insisto na coherencia interna da Galipedia) e coa túa terceira opción, que é a máis correcta, pero segundo os criterios que temos para os títulos creo mellor que en singular: suevo. Véxase, como fonte autorizada, o criterio da RAG. Claro que, sendo coherente, o mesmo tratamento deberían recibi-las linguas (portugués e non lingua portuguesa, castelán e non lingua castelá ou ruso e non lingua rusa), e iso pode dar moitos problemas de homónimos. Pedro --Lameiro (conversa) 11:55, 4 agosto 2008 (UTC)
Ben... :) Hai que facer unha anotación primeira: os pobos na wikipedia adóitanse poñer co nome en plural: apaches, gutis, celtas e suevos. Outra cousa é que algunhas veces, por descoñecemento das normas implícitas, por traducións doutras linguas ou por erro humano, se fixese outra cousa. Por exemplo, eu creo que metín a pata algunhas veces con pobos amerindios, onde movín un moi conflitivo "tribo X" a "pobo X", probablemente porque os plurais non son sempre sinxelos de construír... Dende logo, a segunda opción X, pobo, é errónea. Pero como todas as políticas implícitas, poden mudarse, obviamente. --Xabier Cid Conversa 12:41, 4 agosto 2008 (UTC)
      • Entón, queda como norma poñer o nome do artigo en plural ou cómpre facer unha votación? -- Norrin_strange (Fala-me) 15:24, 7 agosto 2008 (UTC)
  • Difiro da perspectiva que ten Norrin_strange. Eu penso que non hai que ter políticas para todo. As políticas poden ser necesarias cando pode haber controversia. En caso de non haber controversia, o habitual é norma.
Normativizarmos todo, ademais de imposible, é unha perda de enerxía. Se tódolos pobos pasan a denominarse seguindo a denominación expresada (Apaches, Celtas,...), resulta que é norma na Galipedia, pois, coma en todas as Wikipedias, débese manter a estrutura das categorías. ¿É preciso tamén normativizar que é preciso manter un mesmo esquema dentro das categorías, un esquema que facilite o acceso ós datos, ou é algo común e totalmente aceptado e que cae de caixón?. Descoñezo se o feito de que haxa que manter un esquema coherente dentro das categorías poida estar incluído dentro dalgunha política, pois agora mesmo non lembro telo lido nunca. Así a todo, é algo consabido e que todos consideramos.
Paréceme moi ben que os nomes dos pobos vaian en plural. Gustaríame ademais que houbese unha redirección desde o singular ó plural, é dicir, que se un busca apache lle apareza a páxina Apaches, e creo que non é conveniente darlle máis voltas a este tema mentres non haxa opinións en contra--Lmbuga Commons - Galipedia 00:02, 14 setembro 2008 (UTC)
Concordo con Lmbuga. E parece mui ben que teñamos a "norma" de pór lingua x, para as linguas. Engado que o tema da denominación dos pobos é mui delicado por moitas razóns, e o millor é o plural e que logo o artigo aclarea si é necesario. Collendo o exemplo de Pobo apache, eu poría o artigo Apaches traendo o historial de Pobo apache. Os nomes das linguas están hoxe bastante regulados e teñen nomenclaturas moito maís adiantadas e aceptadas, cas dos pobos, pola comunidade cientifica.ElviraConversa comigo 09:17, 14 setembro 2008 (UTC)

Novos modelos propostos[editar a fonte]

Estiven cavilando sobre os modelos de xeografía que temos. Concretamente, os referidos á xeografía política.

Temos xa feitos o de País e o de Cidade/Vila/... . Polo que vexo, fáltannos, canto menos, catro:

  • Modelo:Entidade subestatal. - Baseado claramente no modelo país, engadíndolle un campo no que se indique o estado. Aquí irían territorios como as CCAA españolas, as rexións francesas, os países británicos, as rexións italianas, os estados federados dos EEUU, etc. é dicir, entidades subestatais de primeira orde.
  • Modelo:Outra entidade subestatal - para entidades menores como poden ser os departamentos franceses ou as provincias españolas.
  • Modelo:Entidade supraestatal - para entidades xurídicas ou comerciais como poden ser a UE, UNASU, etc.
  • Modelo:Rexión natural - para por territorios naturais sen entidade xurídica propia. É dicir, territorios como Euskal Herria, Países Cataláns, Arpitania, Bretaña (a histórica), territorios moitas veces reclamados como parte dun proxecto político. Aquí o problema viría en:
    • Capital: eu poría a capital proposta polos grupos que reclaman este territorio, sempre que haia consenso entre eses grupos. Pamplona para Euskal Herria, por exemplo. Para territorios coma os PPCC, pódese poñer "Cidades máis importantes", e rechearíamos con Valencia e Barcelona.
    • Bandeira: Pór a bandeira maioritaria polos reivindicantes.

Como o vedes? (Por favor, suxestións para os nomes dos modelos). -- Norrin_strange (Fala-me) 12:26, 8 agosto 2008 (UTC)

As capitais son "caralladas" político-administrativas, así que eu non as metería. Xa o das bandeiras non o teño tan claro. Se se poñen, habería que citar sempre unha referencia, e deixar claro cales son os grupos que as propoñen. E poderían porse varias bandeiras incluso, citando sempre o grupo que a propoñe. Respecto da proposta dos modelos, paréceme ben. Un saúdo! --GallaecioE logo? 11:17, 16 agosto 2008 (UTC)

Manual for new and small Wikipedias[editar a fonte]

Hello, at Meta there are pages created to help new and small Wikipedias: Manual and Wikipedia and help pages. You are welcome to have a look and comment. Kind regards--Ziko 22:39, 13 agosto 2008 (UTC)

Tarde ou cedo tiña que saír este tema a debate. É costume nas wikipedias máis grandes que os usuarios poidan facerse agasallos os uns aos outros pra recompensaren o seu labor. Aínda que ocasionalmente creo lembrar que xa tivemos ese problema algunha vez, agora regresou a propósito do comportamento de Usuario:Pontevedra78.

Vou crear dúas listas con argumentos, unha a favor dos premios e outra en contra. Creo que se vemos todas as vantaxes e todos os problemas poden axudarnos a tomar unha decisión. O seguinte paso sería comprobar qué consenso hai sobre os premios, e se non hai un consenso claro, propoñer unha votación que determine se se poden usar premios na Galipedia e se si, en que condicións. --Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)

A favor[editar a fonte]

  1. Serven para mellorar a cohesión interna, como ferramenta de empatía. --Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)
  2. Son unha manifestación da liberdade de expresión dos usuarios e usuarias. --Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)

En contra[editar a fonte]

  1. Poden provocar disputas entre usuarios. En casos de conflitos, por exemplo, pode ser unha ferramenta de apoio a partes en conflito e, conseguintemente, contribuír á formación de bandos e sectores.--Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)
  2. Son esteticamente lamentables.--Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)
  3. Ao non teren caducidade temporal, son como uha mala herba que crece expoñencialmente entre os usuarios e que non se elimina xamais, producindo unha gran cantidade de contido non enciclopédico non relevante.--Xabier Cid Conversa 19:13, 30 outubro 2008 (UTC)

Artigos que dan nome a categorías[editar a fonte]

Hai algunha política respecto a como se deben categorizar os artigos que se corresponden cunha categoría, se na propia categoría que leva o nome ou a inmediatamente superior? --GallaecioE logo? 10:18, 15 novembro 2008 (UTC)

Acabo de redacta-la proposta. Se ben a súa extensión é moi reducida e se ocupa só dun aspecto problemático da categorización, creo que se estamos dacordo co que di podemos aprobala e ampliala nun futuro se se fai preciso. Un saúdo! --GallaecioE logo? 19:45, 28 decembro 2008 (UTC)

Elvire amosoume a páxina Wikipedia:Categorías, que ven sendo o que eu propuña, pero completo. Así que a miña proposta xa non ten sentido, pero vou ver se o contido se pode introducir nesa páxina para completala e deixar máis claro este punto. --GallaecioE logo? 18:13, 30 decembro 2008 (UTC)