Rubén Blades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rubén Blades Bellido de Luna, nado en Cidade de Panamá, Panamá, o 16 de xullo de 1948, é un cantante, compositor, músico, actor, avogado e político panameño que desenvolveu a meirande parte da súa carreira nos Estados Unidos. Destaca sobre todas a súa faceta como intérprete do xenero musical coñecido como salsa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende os anos 70 até a actualidade gravou máis de vinte álbums e participou como convidado en máis de 15 gravacións con artistas de diversos xéneros e tendencias. En recoñecemento ao seu labor recibiu seis premios Grammy. Por outra banda, participou como actor en diferentes producións tanto de Hollywood como de cinema independente. Viviu en Panamá durante as ditaduras militares tanto de Omar Torrijos (1968-1981) coma de Manuel Antonio Noriega (1981-1989). Nalgunhas das súas letras, como na de "Desapariciones", Blades aproveita para denunciar este tipo de réximes totalitarios. Xa en 1994 participou nas eleccións presidenciais do seu país, nas que acadou o terceiro lugar en número de votos, cunha porcentaxe ao redor do 20%[Cómpre referencia], de entre máis dunha decena de candidatos. Actualmente participa no goberno do seu país como ministro de turismo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Pete Rodríguez[editar | editar a fonte]

  • From Panama to New York (Fania, 1970).

Con Ray Barretto[editar | editar a fonte]

  • Barretto (Fania, 1975).

Coa Fania All-Stars[editar | editar a fonte]

  • Los muchachos de Belén" en Tributo a Tito Rodríguez (Fania, 1976).
  • Juan Pachanga" en Rhythm Machine (Columbia, 1977).
  • Sin tu cariño" en Spanish Fever (CBS, 1978).
  • Prepara" en Cross Over (CBS, 1979).
  • Juan Pachanga" en Habana Jam (Fania, 1979).
  • La palabra adiós" en Commitment (FNA, 1980).
  • El Malo" en Commitment (FNA, 2765).

Con Willie Colón[editar | editar a fonte]

  • Metiendo mano (Fania, 1977)
  • Siembra (Fania, 1978)
  • Canciones del Solar de los Aburridos (Fania, 1981)
  • The Last Fight (Música Latina, 1982)
  • Tras la tormenta (Sony, 1995)

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Maestra vida (primeira parte) (Fania, 1980).
  • Maestra vida (segunda parte) (Fania, 1980).
  • El que la hace la paga (Fania, 1983).
  • Buscando América (Elektra, 1984).
  • Mucho mejor (Fania, 1984).
  • Escenas (Elektra, 1985).
  • Agua de luna (Elektra, 1987).
  • Doble filo (Fania, 1987).
  • With Strings (Fania, 1988).
  • Nothing but the Truth (Elektra, 1988).
  • Antecedente (Elektra, 1988).
  • Caminando (CBS, 1991).
  • Amor y control (CBS, 1992).
  • La rosa de los vientos (Sony, 1996).
  • Tiempos (Sony, 1999). Colaboración creativa de Editus Ensamble.
  • Mundo (Sony, 2002). Colaboración creativa de Editus Ensamble.
  • Cantares del subdesarrollo (Sony, 2003).

Coa Spanish Harlem Orchestra[editar | editar a fonte]

  • Across 110th Street (Red Ink, 2004).

Recompilacións[editar | editar a fonte]

  • Bohemio y poeta (Fania, 1979).
  • Live (Elektra, 1990).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]