Carl Stumpf
Carl Stumpf (21 de abril de 1848 - 25 de decembro de 1936) foi un filósofo e psicólogo alemán.
Stumpf estudou con Rudolf Hermann Lotze e con el redactou a súa disertación doutoral na Universidade de Göttingen (1868), obtendo a habilitación docente, nesa mesma universidade, en 1870. Así mesmo, foi un dos primeiros discípulos de Franz Brentano, sendo, pola súa parte, mestre de Husserl e Aron Gurwitsch. Foi tamén Stumpf o fundador da Escola de Berlín na cal destacaron algúns dos principais expoñentes da Gestalttheorie ou teoría da Gestalt: Max Wetheimer, Kurt Koffka e Wolfgang Köhler.
Carl Stumpf é famoso en filosofía por ter acuñado o concepto de estado de cousas (Sacheverhalt) que foi retomado e difundido por Husserl.
Sucesivamente empeñou o seu interese na metodoloxía empírica (V.empirismo) converténdose un dos pioneiros na psicoloxía experimental. Foi docente nas universidades de Göttingen, Praga, Halle, Múnic e Berlín.