Nava de la Asunción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nava da Asunción é un concello de España, na provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 83,15 km² cunha poboación de 2.881 habitantes e unha densidade de 34,65 hab/km².

Nesta localidade naceu en 1893 o militar republicano Segismundo Casado López.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Nava de la Asunción desde 1991 ata 2007
1991 1996 2001 2004 2007
2.616 2.692 2.628 2.645 2.875

Política[editar | editar a fonte]

A vila está gobernada polo popular Santiago Miguel de la Cruz Jiménez.