Cuéllar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuéllar é unha vila e municipio da provincia de Segovia, na comunidade autónoma de Castela e León.
Localización [editar]
Está situado ao noroeste da provincia, e a medio camiño entre as cidades de Segovia e Valladolid, a 60 km e 50 km respectivamente. É cabeza do partido xudicial de Cuéllar, un dos cinco nos que se divide a provincia, así como da Comunidade de Vila e Terra de Cuéllar; pertence ademais á comarca natural Tierra de Pinares.
Aséntase no límite onde confinan as provincias de Segovia e Valladolid, sobre unha chaira atravesada deste a oeste polo río Cega e delimitada ao outro extremo por unha gran cortada paralela ao mesmo e ao norte, que divide o termo municipal.
Demografía [editar]
| Evolución 1902 - 2008 | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Poboación | ||
| 1902 | 4.064 | ||
| 1913 | 4.177 | ||
| 1930 | 5.080 | ||
| 1941 | 7.296 | ||
| 1946 | 6.354 | ||
| 1951 | 6.853 | ||
| 1956 | 6.919 | ||
| 1961 | 6.770 | ||
| 1966 | 6.670 | ||
| 1970 | 6.699 | ||
| 1975 | 8.845 | ||
| 1981 | 8.965 | ||
| 1986 | 9.310 | ||
| 1991 | 9.071 | ||
| 1996 | 9.118 | ||
| 2001 | 9.138 | ||
| 2005 | 9.483 | ||
| 2007 | 9.514 | ||
| 2008 | 9.841 | ||