El Espinar
El Espinar é un municipio da provincia de Segovia, Castela e León, pertencente á comarca de Segovia cunha poboación de 9.217 habitantes segundo os datos do padrón correspondentes ao ano 2008. A extensión do municipio é de 205,10 km² polo que a densidade poboacional é de 44,93 hab./km².
Índice |
[editar] Localización
Situada ao pé da Sierra de Guadarrama e atravesada pola estrada nacional N-VI e a autoestrada AP-6 que unen Madrid con A Coruña a vila del Espinar ocupa a transición entre a serra e a meseta castelá. No seu territorio xurdiron outros dous núcleos urbanos que conforman, xunto co orixinario, o actual concello del Espinar, estes son: La Estación e San Rafael, no seu termo está a urbanización de Los Ángeles de San Rafael. El Espinar é coñecido como a porta de Castela e León.
[editar] Xentilicio
O xentilicio xenérico é o de espinariegos e o apelativo «ahumao» ou «bolluyo», aínda que o feito de que o municipio estea formado por varios núcleos de poboación fai que algún destes teña o seu propio, como é o caso de San Rafael, cuxo xentilicio é sanrafaeleños e o apelativo de «fondilleros».
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.160 | 3.619 | 4.147 | 4.665 | 4.938 | 5.151 | 4.843 | 6.255 | 6.293 | 6.543 | 6.887 | 7.257 | 7.746 | 8.230 | 8.666 | 9.217 |