Praia de Augas Santas
Coordenadas: 43°33′14″N 07°09′26″W / 43.55389°N 7.15722°W
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Augas Santas.
A praia de Augas Santas, coñecida de xeito turístico por praia das Catedrais, é un areal situado na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo.
Índice |
[editar] Características
Ten unha lonxitude media de 1.500 metros, aínda que coa marea alta pode quedar reducida a 320 m, xa que está illada en varias porcións consideradas ás veces independentes. Ten un largo moi variable debido a que a preamar tapa toda a area en moitas partes dela, mentres noutras a baixa se descobre ata 100 m. A praia é aberta con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada. Algún ano ten disposto de Bandeira Azul.
Entre os seus arcos agóchanse gran cantidade de especies de algas, moluscos, aves e vexetais, na actualiade en estudo mediante un convenio entre o concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela[Cómpre referencia].
[editar] Acceso e servizos
Ten acceso doado pola N-634, de Ribadeo a San Cosme de Barreiros e collendo o desvío á praia das Catedrais en Reinante. Dispón así mesmo de pistas locais paralelas á costa. A praia está atendida por un equipo de salvamento; hai servizos de limpeza diaria, e a menos de 500 m. Na zona existen restaurantes, hostais, hoteis e demais servizos públicos (pasarelas, aparcadoiros, etc...). Outros servizos da praia son as duchas e aseos, ademais da sinalización do estado do mar. Moi cerca dela atópanse os portos deportivos de Ribadeo e Foz. E no caso de accidentes o Hospital Comarcal da Costa-Burela é o encargado de atendelos.
O que máis resalta desta praia son os 300 metros de cantís furados pola marea que forman uns arcos semellantes aos das catedrais góticas, e que só se poden ver coa marea baixa. A praia está protexida polas de San Miguel de Reinante (Barreiros), Esteiro, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), que, á súa vez dan nome e conforman o lugar de importancia comunitaria das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado dentro da Rede Natura 2000. O lugar foi declarado monumento natural pola Xunta de Galicia.
No ano 2008 foi elixida como a mellor praia de Europa pola web de viaxes máis consultadas na Unión Europea, --Youvox Voyage--, que realizou unha enquisa sobre 8.000 areais do mundo[1].
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da praia de Augas Santas
[editar] Notas
|
||||||||||||||||||||