Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Handball-Bundesliga ou TOYOTA HBL por motivos de patrocinio dende que no 2007 a firma automobilística Toyota se convertira no principal patrocinador, é a máxima categoría do balonmán en Alemaña. Foi creada en 1966 e actualmente é o campionato máis destacado a nivel internacional xunto coa Liga ASOBAL do estado español.
As dúas primeiras tempadas, (1947-48 e 1948-49) foron organizadas pola Deutschen Arbeitsausschuss für Handball (DAH). A Deutsche Handballbund (DHB) tomou o relevo en Outubro de 1949. A competición realizábase en forma de grupos rexionais cun torneo final ao final da tempada.
En 1966 naceu a Bundesliga como tal, primeiro constituída por dous grupos (Norte e Sur) e logo, dende 1977, nun único grupo formado por dezaoito equipos. En 1981 creouse unha segunda categoría que actualmente está formada por dous grupos (Norte e Sur) formados por dezaoito equipos cada un.
Localización dos equipos da tempada 2010-11.
| Equipo |
Cidade |
Pavillón |
Títulos de Liga |
| HBW Balingen-Weilstetten |
Balingen, Baden-Württemberg |
Sparkassen-Arena |
0 |
| Füchse Berlin |
Berlín, Berlín |
Max-Schmeling-Halle |
0 |
| DHC Rheinland |
Dormagen, Renania do Norte-Westfalia |
HR-Commitment ARENA |
0 |
| SG Flensburg-Handewitt |
Flensburg, Schleswig-Holstein |
Campushalle |
1 |
| TSG Ludwigshafen-Friesenheim |
Ludwigshafen, Renania-Palatinado |
Friedrich-Ebert-Halle |
0 |
| VfL Gummersbach |
Gummersbach, Renania do Norte-Westfalia |
Kölnarena |
12 |
| Frisch Auf! Göppingen |
Göppingen, Baden-Württemberg |
Hohenstaufenhalle |
9 |
| TV Großwallstadt |
Großwallstadt, Bavaria |
f.a.n. Frankenstolz Arena e Sparkassen-Arena |
6 |
| HSG Ahlen-Hamm |
Ahlen, Renania do Norte-Westfalia |
Maxipark-Arena |
2 |
| HSV Hamburg |
Hamburg, Hamburg |
Color Line Arena |
0 |
| TSV Hannover-Burgdorf |
Burgdorf, Baixa Saxonia |
AWD-Hall |
0 |
| THW Kiel |
Kiel, Schleswig-Holstein |
Sparkassen-Arena |
15 |
| TBV Lemgo |
Lemgo, Renania do Norte-Westfalia |
Gerry Weber Stadion e Lipperlandhalle |
2 |
| TuS Nettelstedt-Lübbecke |
Lübbecke, Renania do Norte-Westfalia |
Kreissporthalle Lübbecke |
0 |
| SC Magdeburg |
Magdeburg, Saxonia-Anhalt |
Bördelandhalle |
1 |
| Rhein-Neckar Löwen |
Mannheim, Baden-Württemberg |
SAP-Arena |
0 |
| MT Melsungen |
Melsungen, Hesse |
Rothenbach-Halle |
0 |
| HSG Wetzlar |
Wetzlar, Hesse |
Rittal-Arena |
0 |
Títulos por equipo [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]