Club Balonmano Cantabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teka Cantabria
Nome do club Club Balonmano Cantabria
Fundado 1975
Pavillón Pavillón de La Albericia,
Santander
Capacidade 4.000
Presidente España Pedro Ruiz
Adestrador España Juan Domínguez
Equipacións


Na casa


Fóra

O Club Balonmano Cantabria foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 e foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Balonmano Cantabria fundouse en 1975 baixo o nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle-Authi de Los Corrales de Buelna. Na tempada 1982-83 ascendeu á División de Honra, e dous anos máis tarde conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar unha competición europea, a Recopa de Europa.

Foi na tempada 1988-89 cando atinxiu alzar o seu primeiro título oficial, a Copa do Rei logo de vencer en Bilbao o FC Barcelona por 25 a 20. Ademais esa mesma tempada finalizou na terceira posición da Liga. Na tempada seguinte conseguiu levar ás súas vitrinas o seu primeiro título internacional ao gañar a Recopa de Europa e volve quedarse ás portas do título de Liga, ao finalizar na segunda posición. Nas tempadas 1990-91 e 1991-92 o club cántabro proclamouse campión da Copa ASOBAL e finalizou semifinalista nas competicións europeas, primeiro na Recopa e logo na Copa de Europa.

Porén non sería ata a tempada 1992-93 cando chegou o prímeiro título de Liga, nun ano no que ademais conseguiu alzar a Supercopa de España e a Copa EHF. Na seguinte campaña, os santanderinos conseguiron revalidar o título da Liga ASOBAL e atinxiron outro logro histórico ao gañaren a súa primeira, e única, Copa de Europa, conseguindo un dobre histórico. Na seguinte tempada (1994-95) atinxiu outro novo dobre ao alzar a Copa do Rei e a Supercopa de España.

A tempada 1996-97 foi a do reencontro cos títulos logo dun ano en branco, os cántabros conseguiron gañar a Copa ASOBAL e o Campionato Mundial de Clubs de Balonmán, perdendo a final da Copa do Rei ante o FC Barcelona por un axustado 30-29. Na tempada seguinte acadou os dous últimos títulos do club: a Copa ASOBAL e a Recopa de Europa.

Entre o 1999 e o 2006 o equipo encadea unha serie de tempadas sen gañar ningún título, sumido nunha crise económica e deportiva da que conseguiu saír adiante sen perder a categoría nin ningunha tempada e disputando a final da Recopa de Europa na tempada 1999-00, ou chegando a Cuartos de Final da Copa EHF na 2003-04.

Na tempada 2006-07 consumouse o seu descenso á División de Honra B, 24 anos despois do seu ascenso, e cun amplo palmarés nacional e internacional. No entanto, pouco despois volveu ascender administrativamente en detrimento do BM Altea ao renunciar este último por motivos económicos.

Finalmente, na tempada 2007-08 acadou a permanencia deportivamente na máxima categoría fronte ao Ademar León, mais meses despois, descendeu ao equipo da ASOBAL por non presentar un aval extra. O club tampouco se inscribiu na División de Honra B.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión: 1992-93, 1993-94.
  • Subcampión: 1988-89, 1989-90, 1990-91, 1995-96.
  • Campión: 1988-89, 1994-95.
  • Subcampión: 1996-97.
  • Campión: 1992-93, 1994-95.
  • Subcampión: 1990-91, 1995-96, 1997-98.
  • Campión: 1990-91, 1991-92, 1996-97, 1997-98.
  • Subcampión: 1992-93, 1994-95, 1995-96.
  • Campión: 1993-94.
  • Subcampión: 1991-92.
  • Campión: 1989-90, 1997-98.
  • Subcampión: 1998-99.
  • Campión: 1992-93.
  • Campión: 1996-97.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Pazo dos Deportes de Santander.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Equipo 2007-08[editar | editar a fonte]

 

Xogadores históricos[editar | editar a fonte]

Juan Francisco Muñoz Melo, Mats Olsson, Chechu Villaldea, Javier Cabanas, Julián Ruiz, Jaume Puig, Aitor Echaburu, Medvedev, Rekondo, Yuri Nesterov, Manuel Miera, Nedeljko Jovanovic, Chechu Fernandez, Oleg Kisselev, Jaume Fort, Talant Dujshebaev, Mijail Jakimovich, Alberto Urdiales, Santiago Urdiales, José Javier Hombrados, Paco Oti, Mateo Garralda e Mariano Ortega, Alexander Tuschkin, Peter Gentzel, Andreas Rastner, Mihail Yukov, Miguel Ángel Díez, Rodrigo Reñones, Gustavo Alonso, Juan Dominguez,