Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Supercopa de España de Balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs organizada dende a tempada 1985-86 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), que enfronta ao campión da Liga ASOBAL co campión da Copa do Rei. A Supercopa despútase a partido único en campo neutral, e cada ano nunha sede diferente. O trofeo consiste nun lingote de bronce a primeira vez que se gaña a Supercopa, un de prata para a segunda, e un de ouro a terceira. Cando un club gaña o lingote de ouro volve comezar o ciclo. O FC Barcelona (4) e o Portland San Antonio (1) son os únicos equipos con lingote de ouro.
É unha das catro grandes competicións de balonmáno no estado español, xunto coa Liga ASOBAL, a Copa do Rei e a Copa ASOBAL.
O FC Barcelona é, con 14 títulos, o club que máis veces gañou esta competición.
Cidades sede [editar]
- 2 veces: Eivissa, Eibar e Zaragoza.
- 1 vez: Alacant, Borriana, Alcañiz, Donostia, Torrelavega, Granada, Santander, Palencia, Moguer, Pilar de la Horadada, Tudela, León, Lleida, Málaga, Pontevedra, Salamanca, Albacete, Guadalaxara e Córdoba.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Federación |
|
|
| Seleccións |
|
|
| Competicións masculinas |
|
|
| Competicións femininas |
|
|