Paul Tillich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Tillich

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Paul Johannes Tillich Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1886 Editar o valor em Wikidata
Starosiedle (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1965 (79 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNova Harmonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capelán
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1940–)
República de Weimar
Imperio Alemán Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir (–1912)
Universidade de Breslau (–1911)
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Tubinga
Friedrich-Wilhelms-Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , filósofo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSeminário Teológico da União (Nova York) (pt) Traducir (1933–1955)
Universidade de Frankfurt (1929–1933)
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir (1918–1924)
Universidade Harvard
Universidade de Chicago
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHannah Tillich
FillosRené Johannes Stefan Tillich (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Tillich-4 Find a Grave: 1037 Editar o valor em Wikidata


Paul Tillich, nado en Starzeddel, Brandeburgo, o 20 de agosto de 1886 e finado en Chicago o 22 de outubro de 1965, foi un teólogo protestante alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na universidade de Berlín, na de Tubinga e na de Halle. Recibiu o Doutoramento de Filosofía na Universidade de Breslau e lincenciouse en teoloxía na Universidade de Halle.

En 1914 casou con Margarethe Wever, e no mesmo ano entrou no exército alemán como capelán. Margarethe abandonou a Tillich tras ter un fillo extramatrimonial. Despois da guerra, reanuda a súa carreira académica ensinando teoloxía na universidade de Berlín. Trala volta da guerra, coñece a Hanna Werner Gottswchow, entón casada e embarazada. En marzo de 1924 casan.

En 1924 pasa a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Marburg onde empeza a desenvolver a súa teoloxía sistemática. Máis tarde é profesor en Dresde en Leipzig e en Frankfurt. Aquí sucedeu a Max Scheler na cátedra de filosofía e psicoloxía.

As súas ideas fanno entrar en conflito co nazismo e acaba sendo desposuido da súa posición. Reinhold Niebuhr, na súa visita a Alemaña en 1933, ficou abraiado polos escritos de Tillich e animouno a traballar na facultade do Union Thological Seminary de Nova York. Aos 47 anos, Tillich exilouse a Estados Unidos e comezou a perfeccionar o seu inglés e a dar clases sobre filosofía da relixión. Foi, asemade, profesor visitante da Universidade de Columbia. Obtivo a nacionalidade americana. Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo budismo, particularmente polo zen, na súa experiencia xaponesa. Acadou o maior rango na Universidade Harvard e en 1962 mudouse á Universidade de Chicago ata a súa morte en 1965. As súas cinsas están soterradas no chamado Paul Tillich Park en New Harmony, Indiana.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, Indiana, EUA.

Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de correlación. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis especificamente ao da ontoloxía, tal como a entendía o existencialismo en autores como Heidegger. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no cristianismo. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.

A literatura é pródiga en loanzas á grandeza do universo físico que apunta ao misterio cualitativo das estruturas de cada partícula do mesmo, así como á estrutura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en Grecia. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(agape). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da alienación do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a el.

Na mensaxe cristiá, centrada no acontecemento de Xesús de Nazaret, atópase a resposta ao dilema humano. Deus aparece como o substrato, a fondura de todo ser fronte a ameaza de non-ser na que se debate a existencia humana. Non é un ser senón o Ser mesmo. Só quen rexeita seriamente a a profundidade da realidade pode ser denominado ateo.

No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na resurrección.

Se o ser en canto ser é bo -tal como afirmou Agostiño de Hipona contra o maniqueísmo- ningunha cousa que exista pode trocarse en completamente mala. Se algo existe, se ten ser, está incluída no amor divino creador, o que priva ao símbolo do inferno do seu carácter de condenación eterna.

O ser total, incluíndo os aspectos conscientes e inconscientes de todo individuo, está amplamente determinado polas condicións sociais que lle influencian ao entrar na existencia; o individuo é interdependente. Quen queira que condene a alguén á morte enterna condénase a si mesmo, porque a súa esencia e a do outro non poden estar afastadas absolutamente. En Xesús, a plenitude é un acontecemento absoluto e a través da participación nel o ser é afirmado eternamente. A resurrección inclúe todas as dimensións do ser e supón unha vigorosa afirmación do significado eterno da unicidade da persoa individual e a súa participación na realización universal que expresa o símbolo: Reino de Deus.

Fronte a Karl Barth, para Tillich non hai oposición entre o Deus da razón e o Deus da fe. No abismo de todo ser converxen o ser en si e o Un-Trino do Deus da revelación cristiá. Tamén difire de Barth en que o a Biblia non é para el a única fonte da teoloxía, a cal ten de abrirse a todas as formas de cultura e debe ser unha tarefa racional na confianza de que, no cristianismo, Xesús, o Cristo, é identificado como o Logos da Creación, o sentido do Cosmos e da historia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Teoloxía Sistemática.
  • A coraxe do existir.
  • A dinámica da fe
  • Amor, Poder e Xustiza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]