Karl Barth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Barth
Nacemento10 de maio de 1886
Lugar de nacementoBasilea
Falecemento10 de decembro de 1968
Lugar de falecementoBasilea
SoterradoFriedhof am Hörnli
NacionalidadeSuíza
RelixiónProtestantismo e Igrejas Reformadas
Alma máterUniversidade de Gotinga
Ocupaciónteólogo, profesor universitario, pastor e escritor
PaiFritz Barth
CónxuxeNelly Barth
IrmánsPeter Barth e Heinrich Barth
Coñecido porA Carta aos Romanos
PremiosSigmund Freud Prize, Prêmio Sonning, honorary doctorate of the University of Glasgow, Doctor honoris causa of the University of Strasbourg, honorary doctor of the University of St Andrews, Honorary doctorate from the University of Geneva, Honorary doctor of the University of Oxford, doutor honoris causa pola universidade de Edimburgo, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, honorary doctor of the University of Utrecht, honorary doctor of the University of Münster e honorary doctor of the University of Chicago
Na rede
WikiTree: Barth-940 Find a Grave: 10988761 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Karl Barth, nado en Basilea 1886 e finado na mesma cidade en 1968, foi un teólogo suízo, un dos principais pensadores do movemento neoortodoxo, con grande influencia en moitos dos teólogos protestantes posteriores.

Naceu en Basilea, pero pasou a infancia en Berna, entre 1911 e 1921 foi pastor da Igrexa reformada suíza en Safenwil, no cantón de Aargau, máis tarde foi profesor de teoloxía en Bonn, deixou Alemaña en 1935 por rexeitar apoiar a Adolf Hitler e tras ser un dos autores principais da declaración teolóxica de Barmen (1934), na que se opuña aos desexos nazis de controlar o cristianismo alemán e que deu orixe á Igrexa confesante e a compromisos radicais ata o martirio como o de Dietrich Bonhoeffer. De volta en Basilea foi profesor de teoloxía. Deixou unha forte pegada en autores como Oscar Cullmann ou Jürgen Moltmann.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Barth comezou como seguidor das teorías do protestantismo liberal alemán de autores como Wilhelm Herrmann, do que foi discípulo, pero á altura da primeira guerra mundial distanciouse desta postura, en parte debido ao apoio que os teólogos protestantes liberais deran á guerra.

En 1919 publica Der Römerbrief que reescribiu en 1922, unha esexese da epístola aos romanos, na que dá as claves do seu pensamento teolóxico.

Barth foi un dos fundadores do movemento teolóxico coñecido como a Teoloxía dialéctica, que enfatiza a revelación de Deus por Deus como a fonte da doutrina cristiá e a Biblia é a interpelación que Deus dirixe aos homes.

Inimigo declarado da teoloxía natural, para Barth o Deus que constrúe a razón humana non é máis ca unha proxección do home mesmo (tal como albiscara Ludwig Feuerbach). Trátase dunha perigosa fantasía cosmovisional, un ídolo. A razón humana está escurecida pola soberbia radical do home natural que é absolutamente pecador. Só Deus pode ter a iniciativa por pura Graza. Fronte a Igrexa católica que ve na razón humana unha analoxía do Logos divino, Barth afirma a radical gratuidade da acción salvadora de Deus en Xesucristo sen virtude nin mérito por parte do home.

Logo da segunda guerra mundial opúxose ao rearmamento alemán e apoiou ao movemento pacifista.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Carta aos Romanos
  • Dogmática Eclesiástica
  • Humanismo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]