Jordi Ventura i Subirats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jordi Ventura i Subirats (Barcelona, 1932-1999) foi un historiador catalán especializado en culturas minoritàrias e en occitanismo, profesor de historia económica da facultade de ciencias econónicas da Universitat de Barcelona.

Estivo exiliado entre 1951 e 1956 en Francia, Estados Unidos e Venezuela. É diplomado en Ciencias Empresiariais en Estados Unidos, pero máis tarde doctorouse en Historia, e estudou periodismo. Especializouse na Idade Media e tentà ser un revulsivo á escola histórica impulsada por Ramon d'Abadal i de Vinyals. Foi profesor na Escola de Periodisme de l'Església, en Barcelona. Foi membro do Institut d'Estudis Occitans e cordinador do comité científico da Asociación das Rexións de Europa desde 1989.

Interesouse por cuestións de temática variada, como as nacións minoritarias de Europa (en especial, Occitania), e pola influencia de Etienne Cabet no socialismo utópico catalán. Finalmente mantivo unha forte polémica con Jesús Mestre i Godes sobre a súa visión do catarismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Pere el Catòlic i Simó de Monfort (1960)
  • Alfons el Cast, el primer comte-rei (1961)
  • Les cultures minoritàries europees (1963)
  • Els catalans i l"occitanisme (1964).
  • Els heretges catalans (1963)
  • El catarismo en Cataluña no Butlletí de l'Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona, 1959-60.
  • La valdesía de Catalunya no Butlletí de l'Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona, 1960-61).
  • Théorie des nations prolétaires. Les raisons économiques du nationalisme minoritaire (1963)
  • Vida del treball a tallers i fàbriques (1965)
  • Lluís Alcanyís, médico valenciano del siglo XV (1973)
  • La verdadera personalidad del barón Koenig (1970)
  • Icària... a "Cuadernos de Historia Económica de Cataluña" (1972)
  • Inquisició espanyola i cultura renaixentista al País Valencià (1977) Premio Joan Fuster
  • Historia de España (1975) en catro volumes
  • Les equivalències monetàries a Catalunya a principis de l'Edat Moderna (1984)
  • La moneda a Catalunya durant el regnat de Carles III (1988)
  • El llenguatge econòmic, legal i social del segle XV (1991)
  • Les manipulacions monetàries a València a finals del segle XV (1993)
  • La Bíblia valenciana. Recuperació d'un incunable en català (1994)