Charles Pic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Pic (23 anos)
Charles Pic Moscow 2013.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Francia Francia
Monopraza número 20
Escudería actual Marussia
Escudería no 2014
Grandes Premios disputados 25
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2012
Posición no 2013 20º (0 ptos.)
editar

Charles Pic (nado o 15 de febreiro de 1990 en Montélimar, Francia) é un piloto de carreiras francés que competirá no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012 co equipo Marussia.

Índice

Carreira [editar]

Karting [editar]

Pic tivo unha exitosa carreira no karting, gañando campionatos menores, carreiras individuais e a piques de gañar o Campionato de Europa ICA Junior.

Fórmula Renault [editar]

Pic correu na Fórmula Renault Campus en Francia en 2006, onde terminou terceiro. En 2007 Pic correu no Championnat de Francia de Fórmula Renault 2.0 e Eurocup Formula Renault 2.0, e terminou cuarto na serie francesa e terceiro no campionato.

Formula Renault 3.5 Series [editar]

Foi contratado para pilotar na Formula Renault 3.5 Series no equipo Tech 1 Racing a comezos de 2008.[1] Co seu compañeiro Julien Jousse, terminaron sextos no campionato con dúas vitorias en Circuíto de Mónaco, dominaron o fin de semana, coa pole posición e a volta máis rápida, no Circuíto de Le Mans. En 2009 continuou na serie con Tech 1, empezando de xeito vergoñoso, cando abandonou na volta de arrequecemento en Barcelona. Recuperouse do lento comezo da tempada, ao gañar dúas carreiras en Silverstone e Nürburgring, e terminou terceiro no campionato. En 2009 tamén formou parte do Renault Driver Development.[2]

GP2 Series [editar]

Charles Pic debutou na GP2 na tempada 2011 de xeito inmellorable, conseguindo gañar a súa primeira carreira no Circuíto de Cataluña. No entanto, non puido brillar máis o resto do ano, sumando unha pole position e un podio como mellor resultado.

En 2011, Pic fichou polo Barwa Addax Team, xunto con Giedo van der Garde. e completou a súa mellor tempada na categoría, logrando dúas vitorias, Cataluña e Mónaco e outros dous podios que lle permitiron acabar en 4ª posición na clasificación xeral do campionato, tres puntos por diante de Van der Garde.

Fórmula Un [editar]

En novembro de 2011, Pic fixo o seu debut ao volante dun coche de Fórmula Un, participou nos tests de novos pilotos celebrado no Circuíto de Yas Marina de Abu Dabi con Marussia Virgin Racing.[3]

Durante a proba, varias fontes de noticias informaron que Pic chegara a un acordo para correr co equipo no 2012. [4][5] Logo da conclusión do Gran Premio de Brasil de 2011 confirmouse que efectivamente Pic sería o compañeiro de Timo Glock en 2012.[6]

Resultados completos na Fórmula 1 [editar]

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2013 Caterham F1 Team Caterham CT03 Renault RS27-2013 V8 AUS
16
MAL
14
CHN
16
BAH
17
ESP
17
MON
CAN
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
COR
XPN
IND
ABU
USA
BRA
20º* 0*
2012 Marussia F1 Team Marussia MR01 Cosworth CA2012 V8 AUS
15†
MAL
20
CHN
20
BAH
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
20
EUR
15
RU
19
ALE
20
HUN
20
BEL
16
ITA
16
SIN
16
XPN
Ret
COR
19
IND
19
ABU
Ret
USA
20
BRA
12
21º 0

* Tempada en curso

Notas [editar]

  1. English, Steven (2008-02-06). "Tech 1 aiming to retain crown". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/65006. Consultado o 2008-03-06. 
  2. "The Renault Driver development Programme announces its 2009 class". f1technical.net (f1technical). 19 January 2009. http://www.f1technical.net/news/11442. Consultado o 30 November 2011. 
  3. Elizalde, Pablo (11 November 2011). "Charles Pic joins Virgin for Abu Dhabi test". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/96077. Consultado o 22 November 2011. 
  4. Noble, Jonathan (15 November 2011). [http://www.autosport.com/news/report.php/id/96229 "Charles Pic set to race with marussia in 2012"]. Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/96229. Consultado o 22 November 2011. 
  5. Bean, David (21 November 2011). "Brazilian Grand Prix 2011: Preview". TheCheckeredFlag.co.uk (BlackEagleMedia). http://www.thecheckeredflag.co.uk/2011/11/brazilian-grand-prix-2011-preview/. Consultado o 22 November 2011. "Brazil could also be the final race for Jerome D'Ambrosio, with Virgin Racing expected to announce Charles Pic alongside Timo Glock for next season." 
  6. "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Virgin Racing. 27 November 2011. http://www.marussiavirginracing.com/news/514/charles-pic-ked. Consultado o 27 November 2011. 

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]