Bonsai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonsai

O bonsai é unha árbore en miniatura. O seu cultivo e poda é tradición en Xapón.

Orixe[editar | editar a fonte]

A arte dos bonsais orixinouse en China hai uns dous mil anos, como obxecto de culto para os monxes taoístas. Para eles era símbolo de eternidade, a árbore representaba unha ponte entre o divino e o humano, entre o ceo e a terra.

Durante séculos a posesión e o coidado dos bonsais estivo ligado aos nobres e ás persoas da alta sociedade. Segundo a tradición, aqueles que podían conservar unha árbore en maceta tiñan asegurada a eternidade. Así foi como os monxes dispoñían as árbores pequenos en vasillas ao longo das escaleiras dos templos e ata eran obxecto de adoración.

No sur de China a arte do bonsai consistía en transmitir todas as características dunha árbore desenvolta na natureza a unha árbore pequena, cultivada en maceta. Buscábase reproducir estas árbores segundo os existentes nas altas montañas polo cal utilizaban só exemplares que existían nos montes e que xa posuían formas especiais na súa intensa loita contra as adversidades climáticas.

Foi levado a Xapón hai uns 700 anos onde evoluíu á arte actual. Desafortunadamente, moitos dos especímenes máis antigos desapareceron durante a Segunda Guerra Mundial.

Un bonsai non é unha planta xeneticamente empequenecida. Mantense pequena dándolle forma e podando o tronco, as follas e as raíces. Un bonsai mantido correctamente sobrevivirá o mesmo tempo que unha árbore normal da mesma especie. Porén, o bonsai precisa de moitos coidados, polo que un bonsai mantido de forma inapropiada probablemente morrerá.