Eduardo Nájera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Nájera
Eduardo Najera.jpg
Charlotte Bobcats – No. 21
Aleiro
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1973 (39 anos)
Flag of Chihuahua.svg Meoqui, Chihuahua
Nacionalidade Flag of Mexico.svg México
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Instituto Cornerstone Christian, San Antonio, Texas
Información da carreira
Universidade Oklahoma
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 38

Escollido por Houston Rockets

Carreira dende 2000
Historial de equipos
Dallas Mavericks (2000–2004)
Golden State Warriors (2004–2005)
Denver Nuggets (2005–2008)
New Jersey Nets (2008–2010)
Dallas Mavericks (2010)
Información en nba.com

Eduardo Alonso Nájera Pérez, nado o 11 de xullo de 1976 en Meoqui, Chihuahua, é un xogador profesional mexicano de baloncesto. É xogador de Charlotte Bobcats e o segundo mexicano en xogar na NBA. Durante a súa carreira, xogou para Dallas Mavericks, Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Cunha altura de 2,03 metros xoga na posición de aleiro.

Índice

[editar] Traxectoria deportiva

[editar] Universidade

Nájera xogou ao baloncesto universitario estadounidense na Universidade de Oklahoma, en Norman, Oklahoma, de 1997 ao ano 2000, converténdose nunha das principais estrelas. Axudou a levar ao equipo a catro aparicións consecutivas nos torneos de NCAA durante a súa carreira universitaria. Declarándose posteriormente elixible no draft da NBA, sendo escollido polos Houston Rockets na segunda rolda e sendo inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks. Terminou a súa carreira universitaria en Oklahoma terceiro en minutos xogados (3.856), cuarto en roubos (193), quinto en rebotes (910) e sexto en tiros bloqueados (89).

[editar] NBA

Nájera xogou 40 partidos (4 de titular) para Dallas na súa primeira tempada na NBA. Durante a súa carreira na NBA foi varias veces cambiando de equipo, xogando dende a súa marcha de Dallas en 2004 nos Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Finalmente o 11 de xaneiro de 2010 foi traspasado de volta aos Dallas Mavericks nun intercambio que enviaba a Nova Jersey a Kris Humphries e a Shawne Williams. No verán de 2010 foi traspasado aos Charlotte Bobcats

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas