House (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
House
House logo.svg
Formato Drama médico
Creado por David Shore
Intérpretes Hugh Laurie
Lisa Edelstein
Omar Epps
Robert Sean Leonard
Jennifer Morrison
Jesse Spencer
Tema de apertura Teardrop, Massive Attack
País de orixe Estados Unidos
Número de temporadas 8
Número de episodios 177
Produción
Duración 43 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe Fox
Formato de imaxe 720p HDTV
Emisión 16 de novembro do 2004 – 21 de maio do 2012

House, tamén coñecida como House, M.D. (acrónimo de Medicinæ Doctor), é unha serie de televisión estadounidense estreada en 2004 e rematada en 2012. Trátase dun drama médico protagonizado por Hugh Laurie (candidatado ós Premios Emmy e gañador de dous Globos de Ouro), que encarna ó Dr. Gregory House, un médico extravagante e cun carácter marcado que realiza diagnósticos, xunto ó seu equipo, usando métodos pouco ortodoxos no ficticio Hospital Universitario Princeton-Plainsboro de Nova Jersey.

A súa emisión orixinal realizouse na cadea FOX, e dende 2005 estase a emitir tamén en España (pódese seguir a través de diferentes plataformas de pago coma Imagenio ou Digital+). En 2006 estreouse tanto na televisión analóxica coma dixital terrestre, da man de Cuatro, onde é o espazo con maior audiencia dende a súa creación. Débese precisamente a esta cadea o éxito colleitado pola serie en España. Ademais, a primeira tempada da serie distribuíuse co diario El País, e a segunda co diario El Mundo en formato DVD.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie xira ó redor do Dr. Gregory House (Hugh Laurie), un médico de forte e marcada personalidade. É nefrólogo e experto en enfermidades infecciosas e dirixe o departamento de diagnoses que está formado, aparte de él mesmo, polos doutores Eric Foreman, Robert Chase e Allison Cameron. House, que é adicto á vicodina por mor dunha dor crónica na pierna dereita derivada dunha necrose muscular, ten un carácter amargo pero posúe un gran sentido do sarcasmo e da ironía.

Ó departamento de diagnoses asígnanselle casos complexos ós que House acostuma enfrentarse de forma impersonal sen ver os pacientes, sempre que poida evitalo, e presupoñendo sempre que os pacientes menten. A súa falta de respecto polas normas e convencionalismos (sempre que contribúa á salvación do enfermo) e o seu escaso interese por levar a cabo outros cometidos de xestión diferentes á resolución de casos complexos lévano a continuos enfrontamentos coa directora do hospital Lisa Cuddy.

Reparto[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

  • Dr. Gregory House (Hugh Laurie): nefrólogo afamado polas súas habilidades coma diagnosticador, e posiblemente pola súa antipatía cos pacientes, dirixe o departamento de diagnose, e é o encargado de resolve-los casos máis estraños e complexos coa axuda do seu equipo, e ocasionalmente do seu amigo o doutor James Wilson. O personaxe está inspirada no famoso detective ficticio Sherlock Holmes. Tamén se lle comparou con outras persoaxes caracterizadas polo seu inxenio como Cyrano de Bergerac ou o profesor Henry Higgins.
  • Dr. Eric Foreman (Omar Epps): neurólogo de raza negra que se sente habitualmente maltratado polo seu xefe. Adoita ser enviado ás investigacións menos convencionais, coma as constantes violacións de domicilio que realizan, debido ós seus antecedentes coma delincuente xuvenil.
  • Dr. Robert Chase (Jesse Spencer): especialista en medicina intensiva australiano que mostra unha gran ambición, algo que nalgunhas ocasións o leva a enfrontarse con tódolos seus compañeiros. Procedente dunha familia adiñeirada, non se fala co pai e a nai morreulle cando tiña 16 anos.
  • Dra. Lisa Cuddy (Lisa Edelstein): a directora do hospital e por tanto xefa de House, con quen se enfronta a miúdo polas súas faltas de profesionalidade, aínda que se resigna a non discuti-lo seu posto, ó se-lo mellor médico do hospital e un dos mellores diagnosticadores do mundo.

Personaxes secundarios[editar | editar a fonte]

  • Stacy Warner (Sela Ward): a ex-moza de House que durante un tempo traballa de avogada do hospital, polo que ten que encargarse dos xuízos que ten o centro polas demandas contra House e o seu equipo.
  • Mark Warner (Currie Graham): Home de Stacy Warner. House sálvalle a vida e despois diso manteñen unha profunda enemistade por mor dos sentimientos que aínda quedan entre House e Stacy.

Temporadas[editar | editar a fonte]

A primeira tempada emitiuse de 2004 a 2005 en Estados Unidos, e está composta por 22 episodios. A segunda tempada está formada por 24 capítulos. De momento a serie contará cunha tempada máis, a terceira.

O penúltimo capítulo da primeira tempada, Tres historias, no que House imparte unha clase maxistral no hospital e onde mestura varios pacientes e se revelan os detalles da súa incurable dor na perna, foi galardoado cun Globo de Ouro en 2005.

Premios[editar | editar a fonte]

Gañados

  • 2005 Premio AFI — Programa do ano - Selección oficial;
  • 2005 BMI Film & TV Awards — BMI TV Music Award - Robert del Naja, Grant Marshall, Mushroom Vowles;
  • 2005 Emmy — Guión excepcional para unha serie de drama polo episodio "Three Stories"; escrito polo creador, David Shore;
  • 2005 Television Critics Association Awards — Logro individual en drama - Hugh Laurie.
  • 2005 Satellite Awards — Actor excepcional nunha serie, drama - Hugh Laurie;
  • 2005 Satellite Awards — Actriz excepcional nun papel de apoio nunha serie, miniserie ou película feita para televisión - Lisa Edelstein;
  • 2005 Satellite Awards — Serie de televisión excepcional - Drama;
  • 2006 Globo de Ouro — Mellor actuación dun actor nunha serie de televisión, drama: Hugh Laurie;
  • 2006 Writers Guild of America — Episodio de drama (calquera duración, un capítulo) - "Autopsy" escrito por Lawrence Kaplow;

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A audición para o casting de Hugh Laurie para o papel de House gravouse en vídeo no baño dun hotel de Namibia, xa que nese país se estaba a filmar a película Flight of the Phoenix.
  • A música da serie que se utiliza en EE.UU. é una versión instrumental do tema de Massive Attack "Teardrop", que pertence ó álbum Mezzanine (1998). Porén este tema non puido incluirse fóra de Estados Unidos debido a problemas cos dereitos da canción, de modo que as versións no resto do mundo usan un tema diferente, unha peza chamada "House" composta por Scott Donaldson e Richard Nolan. Para a segunda tempada o tema é outro aínda que moi parecido.
  • David Shore, o creador da serie, dixo que o personaxe de House está inspirado en Sherlock Holmes, sobre todo pola capacidade de resolve-lo irresoluble e polo uso das drogas. House usa as técnicas de dedución de Holmes para diagnosticar os seus pacientes. E profundizando, o mellor amigo de House é James Wilson, apelido moi parecido a Watson (compañeiro de Holmes). House é moi similar a Holmes, así como tamén é importante lembrar que o número de apartamento de House é o 221B, o mesmo número có apartamento de Sherlock Holmes, o 221B de Baker Street. Como Holmes, House tamén está obrigado a levar caxato e é igual de prepotente ca el.
  • Na audición de Hugh Laurie, David Shore díxolle a Bryan Singer (produtor executivo): "Ves, iso é o que quero, un rapaz americano", descoñecendo que Hugh é inglés.
  • Bryan Singer, un dos produtores executivos da serie e director de cinema, dirixiu o piloto de House e o terceiro capítulo e incluso ten unha breve aparición no capítulo 1x12 actuando del mesmo. Outras películas que dirixiu foron Superman Returns, algunhas das derradeiras tomas do remake de King Kong (xa que Peter Jackson se atopaba moi canso e lle pediu axuda), X-Men e X-Men 2.
  • No casting de House, o actor Hugh Laurie tivo que ser desagradábel para consegui-lo papel. E abofé que o conseguiu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: House

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]