Edi Gathegi
| Edi Gathegi | |
|---|---|
Gathegi en xaneiro de 2009 |
|
| Nacemento | Edi Mue Gathegi 10 de marzo de 1979 Nairobi, |
| Profesión | Actor (2006-presente) |
| Ficha na IMDb | |
Edi Mue Gathegi nado o 10 de marzo de 1979 en Nairobi, Quenia é un actor de cinema, teatro e televisión queniano—estadounidense. Máis coñecido polos seus papeis como o doutor "Jeffrey Cole" na exitosa serie de televisión House ou como "Laurent" nos filmes de Twilight e The Twilight Saga: New Moon.
Índice |
Traxectoria [editar]
Aínda que naceu en Quenia, Gathegi medrou en Albany, California. Como estudante non declarado da "Universidade de California en Santa Bárbara", estaba máis interesado en xogar ó baloncesto e era realmente bo ata que se lesionou o xeonllo, o cal meteuno nunha gran depresión polo que tomou clases de actuación como un recurso para recuperarse. Alí foi onde descubriu o seu amor pola actuación. Máis tarde, asistiu á "Escola Tisch das Artes na Universidade" de Nova York. A súa carreira comezou no teatro, e as súas obras inclúen "Two Trains Running", "As You Like It", "Twelfth Night", "Othello", "A Midsummer Night's Dream" e "Cyrano de Bergerac" entre outros. O primeiro papel profesional foi como taxista haitiano no filme Crank en 2006. En 2007, apareceu como estrela invitada en Lincoln Heights, Veronica Mars, Death Sentence e en The Fifth Patient. Tamén apareceu en series de éxito como House, CSI Miami e CSI; e nos filmes Twilight e The Twilight Saga: New Moon. No 2011 interpretou ao mutante Darwin no filme X-Men: First Class.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2006 | Crank | Taxista haitiano | |
| 2007 | Veronica Mars | Zeke Molinda | TV series |
| 2007 | House | Dr. Jeffrey Cole | TV series |
| 2007 | Gone Baby Gone | Cheese | |
| 2007 | The Fifth Patient | Darudi | |
| 2007 | Death Sentence | Bodie | |
| 2007 | Lincoln Heights | Boa | TV series |
| 2008 | Twilight | Laurent | |
| 2008 | CSI Miami | Freddie Mays | TV series |
| 2008 | CSI | Skinny Dude | TV series |
| 2009 | My Bloody Valentine 3D | Deputy Martin | |
| 2009 | The Twilight Saga: New Moon | Laurent | |
| 2011 | X-Men: First Class | Armando Muñoz / Darwin | |
| 2011 | Atlas Shrugged | Eddie Willers | |
| 2011 | Nikita | Kalume Ungara | TV series |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)