Hugh Laurie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hugh Laurie

James Hugh Calum Laurie, nado o 11 de xuño de 1959 en Oxford, é un actor e escritor inglés, coñecido polo seu papel de Dr. Gregory House na serie televisiva House, M.D.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laurie naceu e creceu en Oxford, onde asistiu ó Dragon School. Posteriormente acudiu ó Eton College, acabando finalmente no Selwyn College, pertencente á Universidade de Cambridge, onde estudou Arqueoloxía e Antropoloxía. O seu pai fora medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948 en remo, e el formou parte do equipo de remo na universidade, participando na Competición Anual de Remo entre Oxford e Cambridge de 1980, resultando ese ano perdedora Cambridge.

No seu primeiro ano de universidade, Laurie coñeceu a Emma Thompson. Ademais, uniuse ó Cambridge Footlights, que fora o impulsor de exitosos comediantes británicos desde que se creou. Nel coñeceu, tamén, ó seu amigo Stephen Fry, co que compartiría escena en múltiples ocasións. No seu último ano, 1981, foi presidente do Footlights Club, mentres que Emma Thompson era a vicepresidenta.

Fry e Laurie formaron un dúo humorístico na serie da BBC A Bit of Fry and Laurie (1989-1995) e en Jeeves and Wooster (1990-1993).

Filmografía[editar | editar a fonte]