Deran Sarafian
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deran Sarafian (nacido o 17 de xaneiro de 1968) é un actor e director tanto de cine como de televisión estadounidense.
Índice |
Biografía [editar]
Sarafian é un habitual dirixindo a serie da FOX como House, da que é produtor executivo dende a tempada 2007 - 2008. Tamén ten dirixido episodios de Lost, CSI (As Vegas, Miami e Nova York) Cold Case, The District, Without a Trace, Buffy the Vampire Slayer e Nash Bridges.
Sarafian é fillo do director de cine, Richard C. Sarafian e irmán de Tedi Sarafian, Damon B. Sarafian e Richard Sarafian, Jr. Está casado coa actriz Laurie Fortier, coa que ten dous fillos.
Filmografía selecta [editar]
Director [editar]
- Trapped (2001), película para televisión
- Road Rage (1999), película para televisión
- Terminal Velocity (1994)
- The Road Killers (1994)
- Gunmen (1994)
- Back in the U.S.S.R. (1992)
- Death Warrant (1990)
- To Die For (1989)
- Alien Predator (1987)
- Interzone (1987)
- House, serie de televisión
- Lost, serie de televisión
Actor [editar]
- Gunmen (1994) como o Bishop
- Zombi 3 (1988) como Ken
- Interzone (1987)
- 10 to Midnight (1983) como Dale Anders
Ligazóns externas [editar]
- Deran Sarafian na IMDb (en inglés).