Raymond Dart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaymond Dart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Toowong, Australia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
Universidade de Sydney
Universidade de Queensland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , profesor universitario , anatomista , paleoantropólogo , arqueólogo , prehistoriador , paleontólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Witwatersrand Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dart-745

Raymond Dart, nado en Toowong, Brisbane (Queensland) o 4 de febreiro de 1893 e finado o 22 de novembro de 1988, foi un anatomista e antropólogo australiano, coñecido polo descubrimento en 1924 dun fósil de Australopithecus en Taung, no noroeste de Suráfrica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Queensland, na Universidade de Sydney e en Londres, antes de accedera á cátedra de anatomía da Universidade de Witwatersrand en Xohanesburgo en 1922. En 1924, un dos seus alumnos levoulle cranio fósil que un traballador dunha canteira atopara en Taung. Dart, que lle deu o nome de neno de Taung, examinouno e determinou que se trataba dunha nova especie, Australopithecus africanus. Dart afirmaba que era o iso perdido entre os simios e os humanos, a causa do pequeno tamaño do seu cerebro, pero semellante aos humanos en dentame e de probable postura erguida.

O descubrimento de Dart e el propio foron inicialmente duramente criticados polos antropólogos máis importantes da época, en especial por Arthur Keith, quen afirmaba que o neno de Taung non era outra cousa que un gorila novo. Robert Broom, que posteriormente descubriu dende 1936 máis astralopithecinos e confirmou a propia descuberta de Dart, e Wilford Le Gros Clark apoiaron as afirmacións de Dart.

Actualmente non todas as ideas de Dart teñen aceptación hoxe, a súa afirmación que os ósos de gacela, atopados en asociación co Australopithecus africanus foron ferramentas usadas por estes non se acepta hoxe. Dapert tamén é autor da teoría do simio asasino, aínda que desenvolvida posteriormente por Robert Ardrey e que tampouco se acepta actualmente[Cómpre referencia].

En 1959 publicou as súas memorias co título de Adventures with the Missing Link. Dart foi quen suxeriu o nome de Homo habilis.