Heriberto Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heriberto Herrera
Información persoal
Nome Heriberto Herrera Udrizar
Nacemento 24 de abril de 1926
Lugar de nacemento Guarambaré
Falecemento 26 de xullo de 1996
Lugar de falecemento Asunción
Posición defensa
Carreira xuvenil
Teniente Fariña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1947–1952 Nacional
1952–1959 Atlético de Madrid 74 (0)
Adestrador
1959 Rayo Vallecano
1960–1961 Tenerife
1961–1962 Granada
1962 Valladolid
1962–1963 Espanyol
1963–1964 Elche
1964–1969 Juventus
1969–1971 Inter de Milán
1971–1973 Sampdoria
1974–1975 Atalanta
1975–1976 Las Palmas
1976–1977 Valencia
1977–1978 Espanyol
1978–1979 Elche
1982 Las Palmas
Na rede
FIFA: 50838 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Heriberto Herrera Udrizar, nado en Guarambaré o 24 de abril de 1926 e finado en Asunción o 26 de xullo de 1996, foi un futbolista e adestrador paraguaio. Xogaba de defensa e foi internacional coas seleccións do Paraguai e España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Nado na cidade paraguaia de Guarambaré era fillo dun español. Comezou a xogar ao fútbol no Teniente Fariña, antes de fichar en 1947 polo Club Nacional, no que xogou ata 1953.[2] As súas grande actuacións no Campionato Suramericano que gañou Paraguai, agradaron ao emisario do Atlético de Madrid presente no Perú, e este tramitou a súa contratación, xunto á dos seus compañeiros Adolfo Riquelme e Atilio López.[2] Militou no club madrileño ata 1959.

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección de Paraguai, coa que gañou a Copa América de 1953 contra o Brasil, sendo elixido mellor xogador do torneo. En 1957 xogou un partido coa selección española, correspondente á clasificación para o Mundial de 1958, enfrontándose a Suíza no Santiago Bernabéu.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como adestrador en 1959, inmediatamente despois de colgar as botas. O seu primeiro equipo foi o Rayo Vallecano, ao que chegou nas derradeiras xornadas da tempada 1958/59, co equipo como último clasificado da Segunda División. Conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso directo e acadar a promoción de permanencia, e a continuación conseguiu a salvación ao derrotar ao Celta Turista. Entre as tempadas 1960/61 e 1962/63 conseguiu tres ascensos consecutivos á Primeira División con tres equipos diferentes: Tenerife, Valladolid e Espanyol.[2]

Tralos seus éxitos en Segunda deu o salto á Primeira, collendo en 1963 as rendas do Elche. Na súa única campaña co equipo verde e branco, acadou o quinto posto da liga, o mellor resultado da historia do club.[2]

A continuación marchou a Italia, para asinar como novo adestrador da Juventus, á que dirixiu entre 1964 e 1969. Gañou a Serie A na tempada 1966/67 e unha Copa de Italia na tempada 1964/65, nos dous casos xusto por diante do Inter de Milán de Helenio Herrera, adestrador co que foi comparado durante toda a súa carreira debido ao parecido dos seus nomes.[2]

Ademais levou o equipo piemontés á final da Copa de Feiras na tempada 1964/65 e ás semifinais da Copa de Europa 1967/68, onde caeu contra o Benfica de Otto Glória. Deixou o club en 1969 despois de 1962 partidos, sendo na actualidade o cuarto adestrador con máis partidos na historia da Juventus.[3]

A continuación foi contratado polo Inter de Milán, ao que levou ao segundo posto da Serie A na tempada 1969/70. Pasou logo polos bancos da Sampdoria e a Atalanta, antes de regresar en 1975 a España, onde adestrou varios equipos, entre eles o Valencia e por segunda vez o Elche.

Morreu en Asunción en 1996.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Paraguai

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Juventus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Players Appearing for Two or More Countries". rsssf.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Martín, Agustín (7 de abril de 2014). "Heriberto Herrera: el otro H.H.". As (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2022. 
  3. "Did you know that...". bianconeri.tripod.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]