Río Mondego
| Río Mondego | |
|
{{{lenda}}} |
|
| País | Portugal |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | n/d |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 220 km |
| Caudal medio | m³/s |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Océano Atlántico |
O río Mondego é un curso fluvial portugués, que desemboca no océano Atlántico en Figueira da Foz, logo de atravesar Coimbra.
Percorrido[editar]
O río Mondego nace na Serra da Estrela, concello de Gouveia a 1.425 m de altitude; no percurso máis alto é chamado Mondeguinho, porque apenas é máis do que un pequeno fio de agua.
É o maior do cursos fluviais que nacen en Portugal, grazas as augas dos seus afluentes, nomedamente na marxe dereita o Dão e na esquerda o Alva, o Ceira, o Arunca e a ribeira do Botão.
O Mondego percorre cerca de 220 km. As súas marxes, entre Coimbra e Figueira da Foz, son os terreos máis fértiles de Portugal. Nestas terras acádase a maior produción de arroz por hectárea de toda Europa.
Étimo e historia[editar]
Os romanos chamabam Munda ("transparencia, claridade, pureza") ao Mondego, denominación que perdurou ao longo da Idade Media.
Antigamente, o rio Mondego era navegábel. Os barcos que viñan do océano Atlántico ían até Coimbra, e os mais pequenos chegaban mesmo até Penacova.
No Parque Verde do Mondego e en Lisboa, no Museu de Mariña, encostado ao Planetario de Lisboa próximo do Mosteiro dos Xerónimos, está exposto un barco bastante comprido que navegaba entre Coímbra e Penacova. Este barco servia para as mulleres de Penacova viren a Coimbra buscar roupa suxa e despois voltala lavada e pasada a ferro.
³