Fiona Shaw
| Fiona Shaw | |
|---|---|
Fiona Shaw na Academia de Música de Brooklyn, xaneiro de 2011 |
|
| Nacemento | Fiona Mary Wilson 10 de xullo de 1958 (54 anos) Cork, |
| Profesión | Actriz (1983-presente) |
| Ficha na IMDb | |
Fiona Shaw, OBE, nada o 10 de xullo de 1958 no condado de Cork, Irlanda. É unha actriz e directora teatral irlandesa, aínda que é recoñecida internacionalmente polo seu papel secundario como Petunia Dursley nos filmes de Harry Potter. É considerada como unha das mellores actrices clásicas da súa xeración. No ano 2001 foi condecorada comandante da Orde do Imperio Británico pola súa contribución ó teatro.
Índice |
Biografía [editar]
Shaw naceu co nome de Fiona Mary Wilson. O seu pai era cirurxián ocular e a súa nai era física. Asistiu á escola secundaria no Scoil Mhuire na cidade de Cork e máis tarde acadou a súa licenciatura na universidade de Cork. Formouse como actriz na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres. Recibiu unha gran aclamación como Julia na produción do National Theatre de Richard Sheridan The Rivals (1983), un papel que demostra a súa dote na comedia.
Traxectoria [editar]
Os papeis teatrais máis notábeis inclúen: Celia en As You Like It (1984), Madame de Volanges en Les Liaisons Dangereuses (1985), Katherine en The Taming of the Shrew (1987), Winnie en Happy Days (2007), os papeis principais en Electra (1988), The Good Person of Sechuan (1989), Hedda Gabler (1991), The Prime of Miss Jean Brodie (1998) and Medea (2000).
Shaw interpretou o papel principal en Richard II, dirixida por Deborah Warner en 1995. Tamén colaborou con Warner en varias ocasións, tanto en teatro como en cine. Shaw tamén traballou en cine e televisión, incluíndo My Left Foot, Jane Eyre, Persuasion, Gormenghast, e unha serie dos filmes de Harry Potter na que interpreta a Petunia Dursley. Shaw tivo un papel breve pero clave en The Black Dahlia.
No 2008, dirixe a súa primeira ópera, Riders to the Sea por Vaughan Williams e no 2009 colabroa con Deborah Warner de novo, tomando o papel principal na tradución de Tony Kushner, Mother Courage and Her Children de Bertolt Brecht.
Na actualidade, Shaw aparece como membro do reparto regular da serie de televisión True Blood.
Filmografía [editar]
- The Adventures of Sherlock Holmes (1985) (serie de televisión)
- The Taming Of The Shrew
- Electra (1988)
- O meu pé esquerdo (1989)
- Mountains of the Moon (1990)
- Three Men and a Little Lady (1990)
- Hedda Gabler (1993)
- Super Mario Bros. (1993)
- Undercover Blues (1993)
- Persuasion (1995)
- Jane Eyre (1996)
- Anna Karenina (1997)
- The Butcher Boy (1997)
- The Avengers (1998)
- The Last September (1999)
- Gormenghast (2000) (Televisión)
- Harry Potter e a pedra filosofal (2001)
- Medea (2001)
- The Seventh Stream (2001)
- Doctor Sleep (2002)
- The Triumph of Love (2002)
- Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002)
- The PowerBook (2002)
- Harry Potter e o preso de Azkaban (2004)
- Midsummer Dream (2005)
- Empire (2005) (Televisión)
- The Black Dahlia (2006)
- Catch and Release (2007)
- Fracture (2007)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (2007)
- Happy Days (2007)
- Dorian Gray (2009)
- Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 (2010)
- Mother Courage and her Children
- London Assurance
- The Tree of Life (2011)
- True Blood (2011)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)