Río Henares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Henares ao seu paso por Alcalá de Henares.

O río Henares é un curso fluvial de Castela, afluente do río Jarama.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Henares nace na Serra Ministra, cerca de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, a uns 1.220 m.s.n.m. Pasa pola cidade de Guadalaxara, para entrar posteriormente na provincia de Madrid, onde pasa xunto as cidades de Alcalá de Henares e San Fernando de Henares. Desauga logo de 150 km de curso na beira esquerda do río Jarama, a súa vez tributario do río Texo, preto da localidade de Mejorada del Campo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os afluentes do Henares destacan: o Torote, o Sorbe e o Bornova.