Grigori Rasputín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grigori Rasputín.

Grigori Iefimovich Rasputín (en ruso: Григо́рий Ефи́мович Распу́тин), nado en Pokrovskoye o 22 de xaneiro de 1869 e finado en San Petersburgo o 30 de decembro de 1916, foi un monxe siberiano, de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No seu lugar de orixe, pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de sanador mediante o rezo, razón pola que grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase ó seu fillo, o tsarévich Alexei, que padecía a hemofília.

O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas a hipnose) e a familia imperial, especialmente a tsarina Alexandra, caeron baixo a influencia do monxe.

O príncipe Félix Iusupov, primo do tsar, e o gran duque Dimitri Romanov decidiron asasinalo en Petrogrado a noite do 29 ó 30 de decembro de 1916 para rematar coa súa influencia sobre a familia imperial. Tras varios intentos de acabar coa súa vida, Rasputín finou 24 días antes de cumprir os 48 anos de idade. O príncipe Félix Iusupov escribiu posteriormente un relato no que contaba punto por punto os sucesos acontecidos na última noite de Rasputín. Pois, ó parecer, primeiro foi envelenado con cianuro, máis tarde tiroteado, e cando o crían xa morto, envolveron o seu corpo nunha alfombra e botárono ó río Neva. Na autopsia do monxe, descubríronse restos de xeo nas súas unllas polo que se cre que aínda estaba vivo cando foi tirado ó río e que finalmente morreu afogado.