Menta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Menta
Koeh-095.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Xénero: Mentha
Nome científico
Mentha aquatica

Mentha arvensis
Mentha citrata
Mentha longifolia
Mentha x piperita
Mentha pulegium (Poexo)
Mentha requienii
Mentha spicata
Mentha suaveolens

Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A menta é unha herba comestíbel apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.

A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lamboadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.

Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:

  • Menta (Mentha piperita), que é a máis empregada para fins alimenticios
  • Menta verde (Mentha viridis)
  • Mentha arvensis

[editar] Usos Culinarios

A menta emprégase principalmente en pratos doces e en repostaría, pero tamén se utiliza en pratos salgados. A parte utilizada desta pranta é a folla, seca ou natural, que poden ser utilizadas directamente ou tras destilarse, en forma do aceite de menta.

[editar] Uso cosmético e medicinal

Efectiva en cosméticos cutáneos vigorizantes e tonificantes. Ten un efecto calmante en pernas e pés. Estimula a circulación e o sistema respiratorio. Baixa a febre, alivia mareos e náuseas. Debido ó seu alto contido en mentol alivia a fatiga mental, a tensión nerviosa e mellora a concentración. A infusión de menta é un potente diurético. Tamén axuda a facer a dixestión. Utilízase en productos para despois de tomar o sol ,enxuagues bucales, champús anticaspa, locións e talco para pés.

[editar] Insecticida

É un repelente natural de insectos.

Ferramentas persoais