Apiaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apiaceae
Apium graveolens
Apium graveolens
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Xéneros

Ver texto

Apiaceae é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Apiales. Anteriormente coñecida como Umbelliferae (ambos os nomes son autorizados polo ICBN) e vernaculizado para umbelífera, esta é unha familia composta por plantas normalmente aromáticas e de talo oco. Inclúe especies como a cenoria e outros parentes. Posúe preto de 300 xéneros, contendo máis de 3000 especies.

Índice: A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

Características [editar]

As flores son pequenas e posúen simetría radial con 5 sépalos, 5 pétalos e 5 estames. Están dispostas nunha inflorescencia en forma de umbela, de aí o seu anterior nome de Umbelliferae. Varias especies posúen inflorescencias onde as flores presentan dimorfismo, posuindo as máis externas pétalos máis vistosas destinadas á atracción dos insectos, en canto as máis internas son máis discretas, concentrándose na reprodución.

A familia contén algunhas especies altamente tóxicas, como o Conium, tamén coñecido como cicuta (o veleno e non o xénero moi semellante co Conium, e tamén altamente velenoso Cicuta). Esta planta foi utilizada para executar a Sócrates e tamén actúa como veleno na punta de frechas. Contén tamén algunhas plantas moi útiles, tales como a cenoria, a salsa, o apio e o fiúncho

As Apiaceae son parentes próximas da familia Araliaceae. Algúns sistemas de clasificación recentes colocan as Araliaceae nunha familia Apiaceae expandida, mais esta clasificación non foi recoñecida. Os xéneros Hydrocotyle e Trachymene, tradicionalmente incluídos nas Apiaceae, están actualmente inseridos, de un xeito xeral, na familia Araliaceae.

Entre os membros mais notables inclúense: Anethum graveolens - Endro; Anthriscus cerefolium; Apium graveolens - Apio; Conium maculatum - Cicuta; Coriandrum sativum; Cuminum cyminum, Daucus carota - Cenoria; Foeniculum vulgare - Fiúncho; Pastinaca sativa; Petroselinum crispum; Pimpinella anisum - Anís

Lista completa dos xéneros da Familia [editar]

A [editar]

B [editar]

C [editar]

D [editar]

E [editar]

F [editar]

G [editar]

H [editar]

I [editar]

J [editar]

K [editar]

L [editar]

M [editar]

N [editar]

O [editar]

P [editar]

R [editar]

S [editar]

T [editar]

U [editar]

V [editar]

X [editar]

Y [editar]

Z [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Artigos relacionados [editar]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Apiaceae

Ligazóns externas [editar]