Xeve, Pontevedra
Coordenadas: 42°27′45″N 08°35′02″W / 42.4625°N 8.58389°W
| Santo André de Xeve | |
|---|---|
| Antiga casa Consistorial do Concello de Xeve | |
| Concello | Pontevedra |
| Área | 11,01 km² |
| Poboación | 1.219 hab. (2004) |
| Densidade | 110,72 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.219 habitantes (640 mulleres e 579 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.201 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.
Índice |
Situación [editar]
A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cotobade.
Lugares de interese [editar]
Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.
Celebracións relixiosas [editar]
O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xeve, Pontevedra.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Xeve [editar]
| Lugares da parroquia de Xeve no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
O Couso | Filgueira | Fragoso | Maúnzo | Santa Cruz | Sobral |