Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é unha eurorrexión localizada no noroeste da península Ibérica, e formada por Galicia e o Norte de Portugal.
Índice |
Características [editar]
O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total duns 51.00o km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2.796.089 corresponde a Galicia, e 3.745.439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km².
No que respecta á dinámica de actividade e emprego na eurorrexión, esta concéntrase principalmente no sector servizos (57,1 %), na industria e construción (32,7 %) e no sector primario (10,2 %) (datos do IGE 2009).
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.
Constitución [editar]
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constituíuse en setembro de 2008, coa constitución da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT). Foi a primeira eurorrexión da península Ibérica, e só tiña dous referentes en Europa: a agrupación Francia-Bélxica, con sede en Lille, e Hungría-Eslovaquia, con sede na cidade húngara de Esztergom. Vigo sería o centro de operacións da terceira eurorrexión. O responsábel da Comisión para o Desenvolvemento do Norte de Portugal, Carlos Lage, comentou o "grande interese" que tiña nela o presidente da Xunta: "sería desagradábel discutir", engadiu.[1]
As AECT teñen unha entidade xurídica propia, o que supón "unha nova etapa" e unha "vía innovadora" para a colaboración entre Galicia e Portugal, segundo afirmou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, despois de reunirse con Carlos Lage. O organismo que até entón coordinaba as iniciativas comúns entre ambos os territorios, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, creada en 1991, no tiña entidade xurídica.
Actividades [editar]
A eurorrexión xestiona fondos europeos e proxectos de cooperación transfronteiriza. Ademais, levará a cabo o plan Galicia-Norte de Portugal, que conta cun orzamento de 100 millóns de euros e que xa puxo en marcha 130 proxectos.
Unha das variábeis que mellor traduce a influencia da conxuntura económica na calidade de vida da poboación é, sen dúbida, a taxa de desemprego en torno ao 11,7 % (datos do IGE 2009). Neste ámbito, ambas as dúas rexións tiñan, nesa data, niveis de desemprego menos graves que as respectivas medias nacionais.
Cabe destacar que o tráfico medio diario de vehículos pesados e lixeiros por esta zona fronteiriza supón o 49 % de todos os intercambios existentes ao longo de toda a fronteira entre España e Portugal.
En suma, este breve escenario caracterizador dos dous espazos que constitúen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal asume un carácter de forte complementariedade pero, simultaneamente, converte este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva nun contexto de crecente globalización e internacionalización da economía.[2]
Na actualidade, a eurorrexión forma parte do Programa de Cooperación Transfonteiriza España-Portugal (2003-2013).
Notas [editar]
- ↑ [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/eurorregion/Galicia-Norte/Portugal/constituira/septiembre/elpepuespgal/20080702elpgal_13/Tes Diario El País (España), 2/8/2008.
- ↑ Sitio da Eurorrexión Galicia-Norte de potugal (en galego), (en castelán) Consultada o 12/1/2012.
Véxase tamén [editar]
Bibiografía [editar]
- Palmeiro Piñeiro, José Luis & Pazos Otón, Miguel (2008): "La Eurorregión Galicia-norte de Portugal: una aproximación a la movilidad en el contexto ibérico" in Estudios Geográficos, 69, Nº 264, paxs. 215-245. PDF
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Especialistas galegos e portugueses debateram a Euro-Região Galiza-Norte de Portugal Externato Infante D. Henrique, de Ruílhe – Braga (en portugués) Consultada o12/1/20912.
- Eurorregión Galicia-Norte de Portugal clustermaderira.com (en castelán) Consultada o 12/1/2012.
- ¿Crisis en la Eurorregión? Artigo de Emilio Pérez Touriño no xornal El País 10/10/2010. (en castelán) Consultada o 13/1/2012.
- Touriño aboga por un estatuto para la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal que incorpore a Asturias y parte de Castilla terranoticias (en castelán) Consultada o 13/1/2012.