Baixa Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia da Baixa Navarra

A Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea) é unha das sete provincias históricas que forman o histórico País Vasco no territorio coñecido como o Iparralde. Pertence ao Estado francés, formando parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. Limita ao sur coa Comunidade Foral de Navarra, ao leste con Zuberoa, ao oeste co Lapurdi e ao norte co departamento francés de Landes. A súa capital é Donibane Garazi (en francés: St.Jean-Pied-de-Port).