Desoxiguanosina trifosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desoxiguanosina trifosfato
Identificadores
PubChem 65103
ChemSpider 58613
ChEBI CHEBI:16497
ChEMBL CHEMBL477486
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H16N5O13P3
Masa molecular 507,181023

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Referencias

A desoxiguanosina trifosfato ou trifosfato de desoxiguanosina, abreviado como dGTP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.

A dGTP intervén na síntese do ADN. O dGTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dGMP.

A dGTP orixínase por fosforilación do dGDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha nucleósido difosfoquinase [1].

ATP + dGDP ADP + dGTP

O dGTP é un competidor do comezo da inhibición por acyclovir no tratamento do virus Herpes simplex[2].


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0
  2. Furman PA, Lambe CU, Nelson DJ (July 1982). "Effect of acyclovir on the deoxyribonucleoside triphosphate pool levels in Vero cells infected with herpes simplex virus type 1". Am. J. Med. 73 (1A): 14–7. DOI:10.1016/0002-9343(82)90056-0. PMID 6285704.