Desbandá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masacre da estrada Málaga Almería
Representación dun grupo de refuxiados durante a súa fuxida cara a Almería.
LugarEstrada Málaga-Almería, Andalucía
Branco(s)Civís, incluíndo mulleres e nenos
DataFin de xaneiro de 1937 (CET)
Tipo de ataqueMasacre
Arma(s)Avións e barcos
MortosEstimados en varios miles (entre 3000 - 5000, máis de 5000 segundo algúns historiadores)
FeridosNúmero indeterminado
Perpetrador(es)Aviación italiana e forzas franquistas
MotivoCausar terror na poboación civil e frear o éxodo
editar datos en Wikidata ]

A matanza da estrada Málaga-Almería, tamén coñecida como masacre da estrada Málaga-Almería ou Desbandá (La Desbandá), foi un dos episodios máis tráxicos da Guerra civil española.[1] Ocorreu o 8 de febreiro de 1937, cando as tropas franquistas avanzaron sobre a cidade republicana de Málaga.[2]

Ante o avance das forzas fascistas e nacionalistas e o temor a represalias, estímase que entre 5.000 e 15.000 civís, incluíndo mulleres e nenos, tentaron abandonar a cidade en masa, asediada pola estrada costeira N-340 que conecta Málaga coa cidade de Almería.[3][4][5]

Durante a súa marcha, os civís refuxiados foron bombardeados e metrallados desde o aire pola aviación italiana de Mussolini, aliada de Franco, e tamén desde o mar, nun claro intento de causar terror entre a poboación civil.[6][7]

Fondo[editar | editar a fonte]

O 12 de abril de 1931 España celebrou as súas primeiras eleccións democráticas desde a ditadura de Miguel Primo de Rivera. As eleccións deron lugar á formación da II República Española. Rapidamente, apareceu unha profunda división entre as ideoloxías políticas dominantes na época. Esta tensión culminou cun golpe de estado o 18 de xullo de 1936 polas forzas nacionalistas (o bando nacional, formado por monárquicos, falanxistas, fascistas, conservadores e dereitistas de distintos tipos, foi logo coñecido como franquista debido ao liderado do xeneral Franco) apoiadas polo fascismo italiano e o nazismo alemán, que viron a guerra como unha oportunidade para expandir a súa influencia e ensaiar as súas tácticas militares.[8]

Algunhas partes do Estado, como Galiza, ficaron rapidamente baixo o control dos caciques e militares que apoiaban o bando nacional-fascista, mentres outras lograron resistir máis tempo.[8] A resistencia ao golpe en varias rexións do país marcou o inicio da Guerra civil española. Ademais de Sevilla, a rexión sur de Andalucía foi principalmente un bastión republicano durante a guerra. Málaga, cidade republicana da costa sur de Andalucía, foi pronto obxectivo das forzas nacionalistas.[2] En xaneiro de 1937, as forzas nacionalistas fascistas dirixidas por Queipo de Llano foran enviadas para apoderarse de Granada, Marbella, Ronda e arredores. A forza nacionalista-fascista superou en gran medida ao exército leal á República en Málaga. As forzas nacionalistas estaban formadas por soldados franquistas españois, preto de 10.000 camisas negras italianas, nazis alemáns e mesmo tropas das cidades de Ceuta, Melilla, Canarias e Baleares. Mentres tanto, só 12.000 soldados republicanos estaban preparados para defender Málaga dispoñendo dalgúns canóns, porén o bando nacional tamén contaba con superioridade de material bélico.[2]

Ataque en Málaga[editar | editar a fonte]

Cruceiro lixeiro Almirante Cervera, participante na matanza.

O 3 de febreiro de 1937, as forzas nacionalistas aproximáronse a Málaga, atopando resistencia republicana. A pesar dos esforzos defensivos, os republicanos foron superados. O asedio de Málaga intensificouse cando unidades italianas do Corpo Truppe Volontarie lanzaron un ataque desde as terras altas circundantes o 6 de febreiro, provocando a evacuación de numerosos civís. O 8 de febreiro, Málaga caeu nas mans das forzas nacionalistas tras ser atacada por terra, aire e mar. As tropas nacionalistas penetraron na cidade con apoio blindado, ao tempo que a Lexión Cóndor alemá e unidades aéreas italianas bombardeaban desde o aire.[2]

Pola súa situación xeográfica ao longo da costa sur do mar Mediterráneo e os seus límites montañosos e interiores (a Serra Morena e o Sistema Bético) Málaga presentaba serias limitacións en canto a medios de transporte e evacuación. Iso deixou a milleiros de cidadáns de Málaga indefensos ante os ataques das forzas nacionalistas, e o 8 de febreiro miles de civís, entre 15.000 e 50.000, maiormente anciáns, mulleres e nenos, fuxiron cara á cidade de Almería a case 125 miles (201 km) ao leste pola estrada principal da costa, a estrada N-340. Durante a retirada, foron bombardeados desde o mar por varios buques nacionalistas, incluídos o Canarias, o Almirante Cervera e o Baleares tornando a estrada nun verdadeiro corredor da morte. Os civís frenéticos que viaxaban desprotexidos pola estrada foron masacrados e a Forza Aérea Republicana non puido deter os ataques. [9] [10] [11]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Após a caída de Málaga, miles de civís morreron, as cifras máis aceptadas son entre 3.000 a 5.000; porén, algúns historiadores ofrecen cifras máis altas.[12] Moitas vítimas, incluíndo nais e nenos, caeron no camiño debido aos ataques e ás difíciles condicións da retirada. Os anciáns, feridos e aqueles incapaces de continuar tamén foron vítimas desta tráxica marcha. Pola súa banda, os que chegaban a Almería atopaban unha recepción mixta, coa comprensible tensión e medo da poboación local. Aqueles que decidiron quedarse en Málaga sufriron a represión das forzas vencedoras, cun número estimado de 4.000 persoas asasinadas e enterradas en fosas comúns, como a do cemiterio de San Rafael.[13][14]

Memoria[editar | editar a fonte]

Homenaxe ás vítimas na estrada da praia de Peñón del Cuervo o 15 de febreiro de 2015.

En 2005 iniciouse un acto conmemorativo en Torre del Mar (aproximadamente a medio camiño entre Málaga e Almería) para honrar ás vítimas do masacre. Desde entón, converteuse nunha tradición crear unha coroa de flores para as vítimas cada 7 de febreiro.

Anselmo Vilar[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Anselmo Vilar.

Anselmo Antonio Vilar García, nado en Castro de Rei, foi un fareiro galego destinado en Torre del Mar. A súa actuación na Guerra Civil, apagando a luz do faro durante dúas noites, salvou a vida de civís metrallados que fuxían de Málaga cara Almería, polas tropas franquistas. A súa historia foi rescatada polo xornalista de Vélez-Málaga Jesús Hurtado. En 2017 propúxose homenaxear a Anselmo Vilar, e súa historia foi contada na ruta sendeirista de La Desbandá.[15]

Notas

  1. Preston, Paul (2012-04-17). The Spanish Holocaust: Inquisition And Extermination In Twentieth Century Spain (en inglés). National Geographic Books. ISBN 978-0-393-06476-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Beevor, Antony; Beevor, Antony (2006). The battle for Spain : the Spanish Civil War, 1936-1939. New York : Penguin Books. ISBN 978-0-14-303765-1. 
  3. "La “desbandá” de la memoria". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2023-08-14. 
  4. "MÁLAGA, FEBRERO DE 1937: LA DESBANDÁ". Ser Histórico (en castelán). 2018-03-15. Consultado o 2023-08-14. 
  5. "La Desbandá" (PDF). www.mpr.gob.es. 
  6. Graham, Helen (2005-03-24). The Spanish Civil War: A Very Short Introduction (en inglés). OUP Oxford. ISBN 978-0-19-280377-1. 
  7. TORRES (MÁLAGA), LAURA G. (2023-02-08). "'La Desbandá', el Guernica andaluz silenciado". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-08-14. 
  8. 8,0 8,1 Preston, Paul (2007-05-29). Spanish Civil War: Reaction Revolution And Revenge (en inglés). W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-32987-2. 
  9. Alonso, Bruno (2006). La flota republicana y la Guerra Civil de España. México: Espuela de Plata. pp. 81–82. ISBN 84-96133-75-3. 
  10. "La desbandá - La Opinión de Málaga". mas.laopiniondemalaga.es. Consultado o 2023-08-14. 
  11. Preston, Paul (2011). El holocausto español : odio y exterminio en la Guerra civil y después. [Barcelona] : Debate. ISBN 978-84-8306-852-6. 
  12. Preston, Paul (2012-03-22). The Spanish Holocaust: Inquisition and Extermination in Twentieth-Century Spain (en inglés). HarperCollins UK. ISBN 978-0-00-746722-8. 
  13. "Spanish-Civil-War-San-Jose-Cemetery-Malaga". geoffreybillettphotography.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  14. Casanova, Julián; Villares, Ramón (2007). República y guerra civil (en castelán). Grupo Planeta (GBS). ISBN 978-84-8432-878-0. 
  15. Cenizo, Néstor (2022-02-05). "El farero que apagó la luz para salvar a los huidos de La Desbandá". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-08-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Billett, Geoff. "Geoffreybillett : Photography." Geoffrey Billett Documentary Photography. Np, 24 de setembro de 2011.
  • Hernández, Javier. Publicación do blog,[Cómpre clarificar] 28 de xaneiro de 2010.
  • Muñoz, Pedro M., Marcelino C. Marcos. “La estructura del Estado y la vida política”. España: Ayer y Hoy. Upper Saddle River, NJ: Pearson / Prentice Hall, 2010. 204–223.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]