Vélez-Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista panorámica de Vélez-Málaga

Vélez-Málaga é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. É a capital da comarca da Axarquía, a sede da Mancomunidade de Municipios Costa do Sol-Axarquía e a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome. Goza do título de cidade desde o ano 1487.

Con 72.842 habitantes segundo o censo de 2008,INE Vélez-Málaga é o terceiro municipio da provincia en canto a poboación. Esta atópase dispersa en varios núcleos urbanos, numerosas urbanizacións costeiras e casaríos no interior. O seu termo municipal abarca unha superficie de 158 km² que se estenden pola veiga do río Vélez e as montañas circundantes, abríndose cara ao Mediterráneo polo sur.

O nome de Vélez-Málaga aparece no Quixote da Mancha: ¡Grazas sexan dadas a Deus, señores, que a tan boa parte conduciunos!, porque, se eu non me engano, a terra que pisamos é a de Vélez Málaga.