Cedilla
| Diacríticos |
|---|
| Ç | ç |
| Ḉ | ḉ |
| Ḑ | ḑ |
| Ȩ | ȩ |
| Ḝ | ḝ |
| Ģ | ģ |
| Ḩ | ḩ |
| Ķ | ķ |
| Ļ | ļ |
| Ṃ | ṃ |
| Ņ | ņ |
| Æ, | æ, |
| Ŗ | ŗ |
| Ş | ş |
| Ţ | ţ |
| Z, | z, |
A cedilla (do castelán: «pequeno z») é un signo diacrítico.
Historicamente, a cedilla castelá (e, por extensión xeográfica, a galegoportuguesa, a portuguesa, a catalá e mais a francesa) colócase soamente baixo un c orixinado, entre outras posibilidades, dun c latino palatalizado. Forma, polo tanto, a letra ç (ce cedillado), pronunciada orixinalmente /ts/, despois convertida en [s].
O galego normativo actual non emprega "ç", agás nalgúns estranxeirismos (cachaça, Valença, Melgaço, Barça...), estando normalmente substituído por un "z" ou "ci": espaço: espazo; canção/cançom: canción. O galego reintegracionista si o usa, seguindo a grafía do galego medieval.
Índice |
Historia [editar]
A cedilla (cedrilla na vernácula) é un pequeno z. A grafía actual tivo orixe na escrita gótica medieval (ʒ). A utilización do sinal gótico é debido á limitación do alfabeto latino. O nome da cedilla provén do castelán onde apareceu contra o século XVII.
O castelán abandonou o uso da cedilla no século XVIII (o ç foi substituído por z ou c simple antes de e e i). O galego tamén tendeu ao seu abandono coa perda do seseo total en parte do territorio. No rexurdimento algúns autores, coma Rosalía de Castro aínda a empregaban para representar o seseo. Os outros idiomas próximos, catalán, francés e portugués, a conservan. A variante reintegracionista do galego tamén a segue a empregar indistintamente para os diferentes sons das variedades dialectais [ɵ] ou [s].
A introdución e a manutención da cedilla é un xeito eficaz e consensual de regular definitivamente o problema da pronuncia ambigua do c latino. De feito, se o ce cedillado precede un a, un o ou un u é pronunciado [s], ao contrario do ce non cedillado, que é pronunciado [k], cando precede as mesmas vogais. Desta forma, o sinal permite evitar que se renuncie aos vínculos co pasado, preservando a coherencia gráfica da lingua e tornando a escrita menos ambigua. A presenza da cedilla é importante nunha palabra, pois deixa clara súa orixe etimolóxica, que co galego normativo é imposíbel adiviñar.
En Galaico-Portugués, Castelán Medieval e nalgúns dialectos do Latín Vulgar [editar]
Çç A cedilla foi usada baixo a letra c nas correspondencias equivalentes aproximadamente ao portugués actual, por exemplo, para xerar o son de [ts] como: partiçon, terçero e anriçi.
En portugués, catalán, francés, occitano, estremeño, galego reintegracionista e mirandés [editar]
Çç. A cedilla é utilizada en portugués, catalán e francés baixo a letra c para xerar o son [s] antes de a, o e u.
En galego reintegracionista é utilizada baixo a letra c para xerar o son [s]/[ɵ] (segundo a variedade dialectal) antes de a, o e u.
En albanés [editar]
- Çç.
Utilízase, na ortografía actual da lingua albanesa a letra ç para xerar o son [ʧ].
En turco [editar]
- Çç, Şş.
Estas dúas letras son utilizadas na ortografía da lingua turca desde a romanización adoptada no [[1º de novembro de 1928. Son consideradas letras distintas, clasificadas respectivamente despois do c e do s e non como as súaas variantes. Emprégase o ç para xerar o son [ʧ] (o "ch" galego) inspirado no albanés, mentres que ş representa o son [ʃ] (o "xe" galego).
En romanés [editar]
- Şş, Ţţ.
A ortografía actual da lingua romanesa, latina (antes cirílica) e fortemente inspirada polo italiano e polo francés, remonta ao século XIX e a súa última reforma notábel data de 1953.
A letra ţ denota o son [ʦ], como na palabra italiana pizza (pitsa). A letra ş orixina o son [ʃ] o que viría a ser o "x" galego, por exemplo na palabra: enxugar.
Empréganse normalmente dúas letras diacríticas compostas por unha vírgula na súa parte inferior. Estas letras son consideradas independentes e son ordenadas despois do s e do t.
En letón [editar]
O letón utiliza a cedilla na forma de "vírgula subscrita" para identificar a palatalización das consoantes /g/, /k/, /l/, /n/ e /r/, que se escriben neste caso ģ, ķ, ļ, ņ e ŗ. Nótese que a cedilla colócase sobrescrita só no caso do g minúsculo por razóns de lectura. Para o G maiúsculo, onde non hai o mesmo problema, déixase a cedilla na parte inferior: Ģ.
A pronuncia do r e do ŗ xa non se distingue no letón actual polo que na práctica xa foi suprimida do alfabeto oficial.