Acento agudo dobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
˝
Acento agudo dobre
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior (    ̣ )
   punto medio ( · )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ( )
barra ( / )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanāgarī
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

O acento agudo dobre ( ˝ ) é un signo diacrítico dos alfabetos latino e cirílico consistente en dúas pequenas raias que baixan de dereita a esquerda e que se coloca sobre unha vogal ou unha consoante.

Usos[editar | editar a fonte]

Duración vocálica[editar | editar a fonte]

Húngaro[editar | editar a fonte]

No húngaro utilízase o acento agudo dobre sobre as letras o e u para representar as formas longas das vogais ö e ü, a diferenza das outras vogais longas, que levan o acento agudo simple. Estas grafías son consideradas como letras independentes no alfabeto desta lingua.

Vogais breves a e i o ö u ü
Vogais longas á é í ó ő ú ű

No século XVIII, antes de que se fixase a ortografía húngara, nalgúns documentos impresos o u e o o longos aparecen representados coa combinación da diérese e do acento agudo (ǘ, ö́). Os tipógrafos do século XIX, procurando unha solución máis estética, introduciron no seu lugar o acento agudo dobre.

Eslovaco[editar | editar a fonte]

No eslovaco, desde comezos do século XX, o acento agudo dobre tense empregado, con todo de modo limitado, en combinación coa letra a para representar a variante longa ( a̋ ) da vogal breve ä, existente nalgún dialecto e en empréstitos de orixe estranxeira. As outras vogais longas escríbense, polo contrario, con acento agudo simple.[1]

Umlaut[editar | editar a fonte]

Feroés[editar | editar a fonte]

Exemplo de uso dun ő nun sinal de tráfico feroés

Nalgúns casos no feroés emprégase a letra o con acento agudo dobre ( ő ) en vez de ø. Para tal fin o danés fai uso do "o" con acento agudo simple ( ó ), o que resulta problemático para o feroés xa que dita grafía é xa unha letra específica do seu alfabeto.

Chuvash[editar | editar a fonte]

O chuvash, escrito en alfabeto cirílico, usa a letra con acento agudo dobre Ӳ, ӳ para representar o fonema /y/. Noutras linguas minoritarias de Rusia (khakas, mari, altai, e khanty), emprégase para dito fonema a forma con diérese Ӱ.

Tonalidade[editar | editar a fonte]

No sistema con diacríticos empregado para sinalar a tonalidade polo Alfabeto Fonético Internacional o acento agudo dobre representa un ton extra alto. A seguir móstrase o sistema usando a letra "e" como modelo.

Extra alto Alto Medio Baixo Extra baixo
Ton é ē è ȅ

O acento agudo dobre é usado como signo de tonalidade nas ortografías derivadas do IPA dalgunhas linguas minoritarias como o tanacross, nas que indica un ton extra alto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]