Ð

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Latin letter Ð.svg

O eth, edh ou ( Ð, ð ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, substituída en varias linguas polo dígrafo dh.

Historia[editar | editar a fonte]

O ð orixinouse no alfabeto irlandés[1] como un d cun trazo.

Ao longo da Idade Media foi empregado no inglés antigo e en varias linguas escandinavas ao longo da Idade Media. Nestas últimas foi substituído polo dígrafo dh e máis tarde por d. En inglés empregábanse ð ou þ para representar consoantes fricativas dentais. O ð utilizouse na era anglosaxoa, desaparecendo no século XIII.[2]

Uso[editar | editar a fonte]

  • No islandés representa o fonema [ð]. Cando non sexa posible reproducir o carácter tipograficamente pode ser substituído polo dígrafo dh.[3]
  • No feroés é unha letra muda, agás nunhas poucas palabras, nas que representa diferentes sons.[4]
  • No dalecarliano representa o fonema [ð].[5]
  • No Alfabeto Fonético Internacional representa a consoante fricativa dental sonora, oposta á consoante fricativa dental xorda representada por [θ].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freeborn, Dennis (1992). From Old English to Standard English. Londres: Macmillan. p. 24. 
  2. David Wilton (30 de setembro de 2007). "Old English Alphabet". Word origins. http://www.wordorigins.org/index.php/more/1007/. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  3. "Icelandic BGN PCGN 1968 Agreement". http://earth-info.nga.mil/gns/html/Romanization/Romanization_RomanScripts.pdf. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  4. "Faroese". Omniglot. http://www.omniglot.com/writing/faroese.htm. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  5. "Elfdalian". Omniglot. http://www.omniglot.com/writing/elfdalian.htm. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ð

Outros artigos[editar | editar a fonte]