Saltar ao contido

Cataratas do Niágara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCataratas do Niágara
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
Tipofervenza
atracción turística
horseshoe waterfall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deRío Niágara Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNova York, Estados Unidos de América e Ontario, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°04′48″N 79°04′16″O / 43.08, -79.071
Composto por
Conca hidrográficaLake Ontario drainage basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Salto2
4 Editar o valor en Wikidata
Dimensións57 (altura) × 790 (ancho) m
salto máis alto: 51 (altura) m
Vista aérea das cataratas do Niágara.

As cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano de Nova York e da provincia canadense de Ontario. Están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as cataratas do Niágara son moi largas, sendo a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.

Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século. As cataratas do Niágara están divididas polas cidades xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.

Formación das cataratas

[editar | editar a fonte]
Vista das cataratas canadenses.

As raíces históricas das cataratas do Niágara remóntanse á glaciación de Wisconsin, que terminou hai uns 10 mil anos. Tanto os Grandes Lagos como o río Niágara creáronse por esta última glaciación, que creou un glaciar, unha enorme e espesa capa de xeo sobre a rexión. O glaciar, á medida que se movía, erosionaba o solo, abrasando rochas e movendo partículas sólidas que erosionaban o solo, e así foi formando ríos e lagos, que actualmente forman a bacía hidrográfica do río San Lourenzo. O glaciar tamén represou tramos de antigos ríos, que se viron forzados a escavar un novo camiño, aumentando así o efecto da erosión. Moitos especialistas consideran que existe un antigo val, cuxa nacente é incerta, que escavaba no río San Lourenzo, e que se enterrou por sedimentos traídos polos glaciares, onde actualmente se localiza o Val de Welland.

Cando o glaciar derreteu, o río Niágara drenou os lagos Superior, Huron, Míchigan e Erie. Isto aconteceu porque, co antigo val represado por sedimentos do último glaciar, e sen unha drenaxe dispoñíbel, a auga destes catro Grandes Lagos -comunmente chamados de Altos Lagos- obrigouse a escavar un camiño na nova topografía da rexión, facéndoo a través do camiño máis curto dispoñíbel, entre o Lago Erie e o Lago Ontario. As augas dos Altos Lagos escavaron o resistente solo a través da rota cuxa altura entre os Lagos era a menor posíbel. Eventualmente, as augas dos Altos Lagos da rexión entre o Erie e o Ontario conseguiron escavar un camiño a través da Chapada do Niágara, así, crearon o río Niágara. Eventualmente, a través da erosión, as augas dos Altos Lagos acabaron expondo unha capa rochosa moi antiga, formada por rochas mariñas extremadamente resistentes, que son sensibelmente máis antigas que os sedimentos traídos polas últimas glaciacións. Tres destas antigas formacións xeolóxicas foron expostas a través pola garganta escavada polo río Niágara.

Vista de satélite do río Niágara e das cataratas.

Á medida que o río Niágara erosionaba o solo, o solo menos resistente das partes finais do río -logo ao norte da Chapada do Niágara- era escavado moito máis rapidamente que o solo máis resistente das capas antigas, formadas basicamente por dolomita. A foto aérea á esquerda mostra claramente este solo resistente, formado por dolomita extremadamente resistente e densa. As capas de dolomita están localizadas na parte superior do penedo (ocupando aproximadamente un terzo do mesmo). Este solo resistente é a Formación de Lockport, formada no Silúrico.

Aínda na foto á esquerda, e inmediatamente debaixo da capa de granito, compondo os dous terzos inferiores do penedo, están localizadas capas de xisto, que é menos resistente que o granito. Estas capas de xisto (que compoñen a Formación de Rochester, formado no Baixo Siluriano) tamén posúen algunhas capas de dolomita, así como unha gran cantidade de fósiles. Por estar formado este solo principalmente por xisto erosiónase máis axiña que as capas feitas principalmente de dolomita, e o río Niágara eventualmente erosionou as capas de xisto, así creando as cataratas.

Formando a base do Niágara -polo tanto, escondida na foto á esquerda- está a Formación de Queenston, formada no Ordoviciano, que é un solo extremadamente resistente, composto por xisto e gres. Estas tres formacións xeolóxicas formaban o solo dun antigo mar, e as diferentes características entre estas tres formacións ocorreron debido a mudanzas de condicións dentro deste mar.

As cataratas do Niágara orixinais estaban localizadas no lugar onde actualmente está situado Lewinston, mais a erosión causada polas correntes fixo que as caídas de auga recuasen varios quilómetros ao sur, en dirección á súa actual localización. Enriba das actuais cataratas, a Illa de Goat divide o curso do río, resultando na separación das cataratas canadenses - localizadas ao oeste- das cataratas americanas e das cataratas Bridal Veil, localizadas ao leste. Aínda que a erosión -e consecuentemente, o recúo das cataratas máis para o sur- diminuíu grazas a feitos de enxeñaría humana, as cataratas do Niágara irán recuar eventualmente o suficiente para drenar a maior parte do Lago Erie (cuxo punto máis profundo está localizado nunha altitude maior que as profundidades das cataratas). Os enxeñeiros traballan constantemente en proxectos cuxo obxectivo é adiar ao máximo posíbel este acontecemento.

A altura das cataratas é de aproximadamente 52 metros, aínda que as cataratas americanas teñan unha caída libre de apenas 21 metros, antes de caer baixo unha capa de rochas (que se depositaron en 1954, despois dunha xigantesca avalancha). As cataratas canadenses son as maiores das tres cataratas, cos seus 792 metros de largura. Xa as cataratas americanas posúen 323 metros de largura.

O volume de auga que desauga nas cataratas do Niágara é de aproximadamente 5.720 m³/s, en marzo, abril, outubro e novembro. Nos meses de verán, moitas das augas do Niágara desvíanse para as hidroeléctricas presentes na rexión; así, o volume de auga desaugado nos meses de verán, de media, é de 2.832 m³/s. Este volume diminúe aínda máis á noite, cando se desvía máis auga para as hidroeléctricas.

Historia do Niágara e os seres humanos

[editar | editar a fonte]

O nome "Niágara" vén dunha palabra iroquesa que significa "treboada de augas". Os habitantes orixinais da rexión eran os Onxiara, unha tribo iroquesa chamado de "Os Neutros" por franceses. Os Onxiara foron así nomeados por tales franceses porque esta tribo iroquesa os axudou a mediar varias disputas entre os franceses e outras tribos indíxenas da rexión.

O Movemento do Niágara, unha organización non gobernamental, fixo o seu primeiro encontro á beira das cataratas do Niágara, en 1905.

Non se sabe de certo quen foi o primeiro explorador europeo que viu as cataratas e documentara o seu testemuño sobre o Niágara. Moitos consideran que foi o francés Samuel de Champlain en 1604. Foron algúns membros do equipo de Champlain os que descubriron as cataratas, nun día de inverno, onde a parte exterior das caídas de auga fican conxeladas. Eles ouviron o estrondo das caídas e comunicaron a Champlain os seus descubrimentos. Champlain de feito anotou nos seus diarios a visión das cataratas, mais algúns consideran que Champlain nunca as visitou. Outros, polo contrario, cren que foi o naturalista sueco Pehr Kalm o primeiro, pois segundo eles a primeira descrición das cataratas do Niágara fíxoa el nunha expedición á área no comezo do século XVIII. A maioría dos historiadores, porén, consideran que foi o Padre Louis Hennepin o primeiro que viu e describiu as cataratas, en 1677, cando exploraba a rexión xuntamente co compatriota René Robert Cavelier de La Salle, o que os fixo mundialmente famosos. Hennepin tamén foi o primeiro europeo que viu e describiu as cataratas de Saint Anthony, en Minnesota.

Durante o século XIX, as cataratas do Niágara tornáronse unha atracción turística bastante popular, e o turismo pasou a ser a principal fonte de renda a mediados do mesmo século. En canto isto, a demanda de pasaxe sobre o río Niágara -que serve de fronteira entre Canadá, localizado ao oeste do río, e os Estados Unidos, localizados ao leste- creceu. En 1848 construíuse unha ponte de madeira, nomeada Niagara Suspension Bridge. En 1855, unha ponte maior, tamén feita de madeira e nomeada Niagara Falls Suspension Bridge, substituíu aquela. En 1886 construíuse unha ponte en arco, substituíndo a anterior. Esta ponte realizouse principalmente con aceiro e aínda se emprega hoxe como unha ponte ferroviaria. En 1897 inaugurouse a primeira ponte construída totalmente con aceiro, a Ponte Whirpool Rapids. Esta tamén era unha ponte en arco, construída a aproximadamente 15 quilómetros so norte das cataratas. Estase empregando na actualidade, transportando coches, ómnibus, camións, trens e peóns. En 1941, a Niagara Falls Bridge Commission inaugurou unha terceira ponte, inmediatamente ao sur das cataratas, nomeada Ponte Rainbow, que permite só o transporte de peóns e vehículos.

Despois da segunda guerra mundial, o turismo aumentou de vez na área, á medida que os automóbiles tornaban o acceso de turistas canadenses e norteamericanos máis fácil á rexión. Axudou na grande expansión do turismo tamén a construción de varias autoestradas, ao longo da década de 1940. Desde entón, a historia das cataratas do Niágara basicamente consistiu no fornecemento de enerxía hidroeléctrica, ben como asiduo control sobre o desenvolvemento urbano, tanto do lado canadense como do lado norteamericano, que pasou a ameazar a beleza natural das cataratas .

Impacto na industria e no comercio

[editar | editar a fonte]

O potencial das cataratas do Niágara como unha fonte de enerxía (en particular, enerxía eléctrica) é antigo. A primeira tentativa en usar as augas do Niágara como fonte de enerxía data de 1759, canto o norteamericano Daniel Joncairs construíu un pequeno canal enriba das cataratas para alimentar o seu muíño. En 1805, Augustus e Peter Porter compraron ó goberno do estado de Nova York a facenda de Joncairs, así como todas as cataratas localizadas do lado norteamericano. Os Porter aumentaron o canal anteriormente construído por Joncairs, para o fornecemento de enerxía hidráulica. En 1853, o goberno do estado de Nova York creou a Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company, unha empresa pública que construíu os canais que serían usados para a xeración de electricidade. En 1881, baixo a dirección de Jacob Schoellkopf, estes canais xeraban electricidade suficiente, na forma de corrente continua, para alimentar a vila de Niagara Falls (Nova York).

Vista das cataratas norteamericanas (maior caída de auga, á esquerda) e das cataratas de Bridal Veil (menor caída de auga, á dereita).

Cando o ruso nacionalizado norteamericano Nikola Tesla inventou a corrente alterna, o transporte de electricidade a longas distancias tornouse posíbel. En 1883, a Niagara Falls Power Company, sucesora da Niagara Falls Hydraulic Power and Mining Company, contratou a George Westinghouse para que desenvolvese un sistema para a xeración de corrente alterna. En 1896, financiada por xigantes como a J.P. Morgan, John Jacob Astor IV, e a Vanderbilt, a Niagara Falls Power Company terminou a construción de canais subterráneos, que desviaban auga do río Niágara para as súas turbinas. Este sistema era capaz de producir até 75 megawatts de electricidade, que era transportada até Buffalo, localizada no estado de Nova York, a 32 quilómetros das cataratas.

As compañías privadas do lado canadense tamén comezaron a tirar proveito da enerxía das cataratas, empregando firmas domésticas e norteamericanas para tal fin. O goberno da provincia canadense de Ontario someteu as operacións de produción e distribución de electricidade na rexión do Niágara ó control público, en 1906, distribuíndo a electricidade producida na rexión do Niágara para varias partes da provincia, especialmente no sur.

Actualmente, cerca do 50% ao 75% das augas do río Niágara desvíanse a catro xigantescos túneles que transportan estas augas 10 quilómetros río arriba das cataratas. Esta auga pasa por turbinas hidroeléctricas que xeran electricidade para áreas próximas do Canadá e dos Estados Unidos, antes de volver novamente ao río. As estacións hidroeléctricas máis potentes no Niágara actualmente son as hidroeléctricas Adan Beck 1 e 2, no lado canadense, e as hidroeléctricas Robert Moses e Lewinston, do lado norteamericano. As catro xuntas posúen a capacidade de xerar aproximadamente 4,4 xigawatts de electricidade.

Vista aérea das cataratas canadenses.

Desde principios da exploración e ocupación humana das Américas, as cataratas do Niágara representaron un obstáculo insalvábel para navíos. Este problema resolveuse en 1856 coa inauguración do canal de Welland. Este canal pasou por melloras técnicas na década de 1960, e incorporouse a canle de San Lourenzo. Desvía o transporte fluvial do canal de Erie (que pasa por Buffalo) en dirección a Montreal, servindo á industria do aceiro e como un polo de transporte de cereais. A pesar disto, outras industrias creceron na rexión do Niágara, até a década de 1970, coa axuda da electricidade xerada polas hidroeléctricas á beira das cataratas do Niágara. Desde entón, co declive destas industrias, a rexión do Niágara empeorou economicamente.

As cidades xemelgas de Niagara Falls, de Ontario, e Niagara Falls, de Nova York, conéctanse actualmente por tres pontes, incluíndo a Ponte Whirpoll e a Ponte Rainbow (ponte Arco da Vella), ao norte das caídas. A Ponte Arco-Iris permite a vista máis próxima das cataratas do Niágara. Unha terceira ponte, a máis nova delas, chámase Ponte Lewinston-Queenston, e está localizadas ao norte das cataratas. O Aeroporto Internacional de Niágara e o Aeroporto Internacional de Buffalo-Niágara teñen este nome en homenaxe ás cataratas, así como a Universidade de Niágara, varias pequenas empresas e tendas, e até mesmo un corpo celeste.

Esforzos para a preservación

[editar | editar a fonte]

Durante os primeiros dous séculos despois do inicio do asentamento europeo na rexión, as terras en ambos os lados do Niágara eran propiedade privada. O desenvolvemento comercial e industrial da rexión ameazaba a beleza natural da área, e os visitantes ás veces tiñan de pagar aos donos das terras en torno das cataratas para velas, a través de buracos nunha cerca. En 1855, as autoridades públicas do Canadá e dos Estados Unidos pasaron a comprar as terras en torno do Niágara, co obxectivo de preservar as belezas naturais da rexión. No estado de Nova York, o artista Frederick Church e o arquitecto Frederick Law Olmsted lideraron o "Movemento polo Niágara Libre", un movemento que persuadiu o goberno neoiorquino a comezar a comprar as terras en torno do río e das cataratas, e desenvolvendo así o Niagara Reservation State Park (Reserva Estatal do Niágara). Ao mesmo tempo, a provincia canadense de Ontario estabeleceu o Queen Victoria Niagara Falls Park (Parque das Cataratas do Niágara Raíña Vitoria). As autoridades estatais de ambos os lados tiveron éxito en adquirir as terras en torno do río e das cataratas, e pasaron a impor restricións de desenvolvemento rural e urbano da zona.

Até mediados da década de 1940, as cataratas recuaban en dirección ao sur, por causa da erosión entre 60 centímetros a 3 metros por ano. Este proceso de erosión diminuíu por causa do desvío de cantidades cada vez maiores de auga para a alimentación de turbinas hidroeléctricas, tanto no Canadá como nos Estados Unidos. O 2 de xaneiro de 1929, ambos países concordaron en desenvolver un plan conxunto cuxa meta era a preservación das cataratas. En 1950, os dous países asinaron o "Tratado do Desvío de Auga do Río Niágara", que se focalizaba máis no problema do desvío de auga do río Niágara.

As cataratas norteamericanas en 1969, en operacións de esforzo contra erosión.

Alén do desvío de auga para estacións hidroeléctricas, outras medidas contra a erosión foron o desvío de certas caídas - as que máis erosionaban o solo - en dirección a outras rexións onde causasen menos erosión; e o fortalecemento do solo baixo o cumio das cataratas. Destes traballos, a operación máis dramática realizouse en 1969. En xuño deste ano, o río Niágara desviouse das cataratas norteamericanas e das cataratas de Bridal Veil durante varios meses, para a construción dunha represa temporal feita de rocha e terra (claramente visíbel na foto á dereita). En canto as cataratas canadenses e as represas que absorbían o volume extra de auga, o Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos de América estudou o solo baixo o río Niágara, e fortaleceu mecanicamente as partes máis fráxiles deste solo. En novembro de 1969, a represa temporal dinamitouse, restaurando así o curso de auga en dirección ás cataratas norteamericanas e á catarata de Bridal Veil.

Mesmo despois desta operación, a Illa Luna, o pequeno pedazo de terra entre as cataratas norteamericanas e a catarata de Bridal Veil, continuou pechada ao público por anos, por medo das autoridades públicas a que a illa fose inestábel, e que podería colapsar en dirección á garganta das cataratas en calquera momento.

A construción recente de varias altas estruturas -a maioría delas hoteis no lado canadense- fixo que as correntes de ar que pasan sobre as cataratas mudasen de dirección. Como consecuencia, as áreas de observación do lado canadense son moitas veces escurecidas polas capas de néboa vidas das cataratas. Este problema moi dificilmente será corrixido.

[editar | editar a fonte]
Foto xornalística americana de 1879. Dous homes que navegaban na parte superior do río perderon o control do seu bote na forte corrente do río Niágara. O río levou un deles inmediatamente en dirección ás caídas, mentres o outro ficou á deriva durante 18 horas entre dúas pedras antes de sucumbir á forza da corrente. Ambos morreron.

En outubro de 1829, Sam Patch, que se autonomeaba The Yankee Leaper (O Saltador Yankee) saltou as caídas canadenses, converténdose na primeira persoa coñecida a sobrevivir a tal caída. Isto iniciou unha longa carreira entre persoas buscando fama nacional, tentando novos feitos nas cataratas do Niágara. En 1901, Annie Taylor, unha muller de 63 anos de idade, foi a primeira persoa en caer nas cataratas dentro dun barril, e saír sen feridas. Despois de Taylor, outras catorce persoas caeron nas cataratas dentro de certos equipamentos como barrís e similares. Algúns deles sobreviviron sen feridas, outros tiveron menos sorte e afogaron ou sufriron serias feridas. Os sobreviventes de tales feitos poden ser condenados a pasar un tempo na prisión, ou pagar multas elevadas, dado que é ilegal o intento de tirarse nas cataratas do Niágara. O mago David Copperfield foi a última persoa en entrar nesta lista, tirándose nas caídas canadenses en 1990,[Cómpre referencia] aínda que moitos[quen?] digan que isto non foi máis que un truco de maxia feito por Copperfield.

Outras persoas cruzaron -ou intentaron cruzar- as cataratas. Esta práctica comezou coa pasaxe exitosa do equilibrista Jean François "Blondin" Gravelet, en 1859. Desde entón, outros equilibristas atraeron un gran número de persoas. O inglés Matthew Webb, a primeira persoa a cruzar o canal da Mancha, afogou en 1883 despois de intentar sen éxito cruzar a través dos remuíños e da corrente despois das fervenzas.

O que xa era unha atracción turística famosa no Canadá e nos Estados Unidos, as visitas ás cataratas do Niágara, experimentou un drástico aumento a partir de 1953, tras o lanzamento do filme Niágara, cuxa principal estrela era Marilyn Monroe. Posteriormente, as cataratas apareceron no filme Superman II, e serviu de tema para un filme IMAX, que se tornou popular na rexión. As cataratas do Niágara son visitadas cada ano por 14 millóns de persoas, a gran maioría deles norteamericanos e canadenses, aínda que un número significativo sexa de turistas internacionais.

Vendo as cataratas do Niágara

[editar | editar a fonte]
O Maid of the Mist transportando turistas próximo ás cataratas.

É no verán cando as cataratas do Niágara reciben o maior número de turistas, constituíndo tanto unha atracción diúrna como nocturna. Isto ocorre porque, no verán, uns grandes focos instalados do lado canadense iluminan ambos os lados das cataratas durante varias horas despois do solpor.

Do lado norteamericano, as cataratas do Niágara poden observarse por prazas e camiños ao longo do Prospect Park, onde tamén está instalada unha torre de observación. Preto de alí, o camiño "Caverna dos Ventos" leva os turistas a un punto de observación próximo ás cataratas de Bridal Veils.

Do lado canadense, o Queen Victoria Park (Parque Raíña Vitoria) posúe varios xardíns e plataformas que levan a un posto de observación, que ofrece unha vista espectacular das cataratas. Este parque tamén posúe camiños subterráneos que levan a postos de observación, onde o turista posúe a ilusión de estar dentro das augas. O posto de observación localizado na Skylon Tower ofrece a vista panorámica máis alta das fervenzas, e permite ao turista tamén ver -do lado oposto ás cataratas- a cidade de Toronto. Xuntamente coa Konica Minolta Tower, a Skylon Tower é unha das dúas torres do lado canadense con vista das cataratas. Ao longo do río Niágara, o Camiño Recreativo do Río Niágara corre os 56 quilómetros entre o Fort Erie até o Fort George, incluíndo varios puntos históricos da guerra anglo-americana.

Os navíos Maid of the Mist, nomeados en homenaxe a un personaxe da mitoloxía onxionara, teñen transportado turistas dentro dos remuíños das cataratas, chegando moi próximos a elas, desde 1846. A Spanish Aerocar foi construída en 1916 polo español Leonardo Torres y Quevedo, é un teleférico que transporta pasaxeiros sobre os remuíños no lado canadense, abaixo das cataratas.

Panorama das cataratas do Niágara á noite.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • [1] Webcam das cataratas do Niágara - ofrece vistas múltiplas das cataratas do Niágara