Robert Morton Nance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Morton Nance
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
Cardiff, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte1959 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Hayle, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCornualla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Gales
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e Lingua córnica Editar o valor em Wikidata

Robert Morton Nance, nado en Cardiff o 10 de abril [1] de 1873 e finado en Hayle o 28 de maio de 1959, foi un pintor, lingüista e escritor córnico, pioneiro do rexurdimento da lingua córnica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A morte do rei Artur de James Archer (1823-1904).

Naceu en Gales de pais córnicos e en 1878 a súa familia transladouse a Penarth. Estudou arte na Cardiff School of Art e en Bushey con Hubert von Herkomer. En 1898 publicou o seu primeiro libro de poesía en inglés The Merry Ballad of the Cornish Pasty. Logo da morte da súa muller en 1902 viviu un tempo en París perfeccionando a súa técnica. Pintou sobre todo estudos de batallas navais, pero raramente expuxo a súa obra [2]. Mudouse en 1906 a Cornualla establecéndose na aldea de Nancledra, preto de St Ives Fundou en 1920 co seu mestre Henry Jenner a Old Cornwall Society en St Ives, e en 1924 foi un dos fundadores da Federation of Old Cornwall Societiese e do seu órgano Old Cornwall (1925). En 1928 instituíu en Boscawen-Un o Gorsedh Kernow, o festival da lingua córnica, e alí adoptou como Bardo, o pseudónimo "Mordon" . De 1951 a 1955 foi presidente da Royal Institution of Cornwall.

Escribiu diversos libros sobre a lingua córnica. En 1929 publicou Cornish for All, un método para a aprendizaxe da lingua segundo o modelo do córnico unificado, da súa creación, afastándose do modelo de Henry Jenner. O seu sistema supuxo unha nova xeira no proceso de revitalización da lingua, ao aplicarse a súa ortografía á lingua falada[3]. Pero a súa principal realización foi o dicionario córnico, que aínda se considera un instrumento fundamental para o coñecemento do idioma. Compuxo moitos versos en córnico, como Lyver an Pymp Marthus Seleven (1939) e Nyns Yu Marow Myghtern Arthur, unha obra de carácter especificamente revivalista, no que tratou o tema, moi popular en Cornualla, da lendaria inmortalidade do rei Artur.

Tamén foi un arqueólogo mariño, un dos fundadores da Society for Nautical Research en 1911 e publicou en 1924 o libro  Sailing-Ship Models

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1912 Britain's Sea Story, con Speight
  • 1923: A Glossary of Celtic Words in Cornish Dialect. Falmouth: Royal Cornwall Polytechnic Society
  • 1924: Sailing-ship Models: a selection from European and American collections with introductory text. Londres: Halton and Truscott Smith
    • 2ª ed. Londres; Nova York: Halton, 1949
    • Classic Sailing-ship Models in Photographs. Reimpresión: Dover Publications, Mineola, NY, 2000
  • 1929: Cornish for All. Federation of Old Cornish Societies
  • 1938: Gerlyver noweth Kernewek ha Sawsnek. Federation of Old Cornish Societies
  • 1952: An English-Cornish Dictionary. Federation of Old Cornwall Societies
  • 1956: The Cledry Plays: drolls of Old Cornwall for village acting and home reading. Federation of Old Cornwall Societies
  • 1961: Cornish for All: a guide to Unified Cornish. Federation of Old Cornwall Societies.
  • [n.d.]: A Guide to Cornish Place-names; with a list of the words contained in them. Federation of Old Cornwall Societies. (tres edicións, anterior a 1971.)
  • 1990: Gerlyver noweth Kernewek-Sawsnek ha Sawsnek-Kernewek =​ A new Cornish-English and English-Cornish dictionary Federation of Old Cornwall Societies (combinación de Gerlyver noweth Kernewek ha Sawsnek e An English-Cornish Dictionary)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nance, Robert Morton" Oxford Dictionary of National Biography
  2. "Robert Morton Nance" Cornwall Artists Index
  3. Mari C. Jones (1998) Language Obsolescence and Revitalization: Linguistic Change in Two Sociolinguistically Contrasting Welsh Communities Clarendon Press, p. 339